Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  RECETA DE PAN DE REISES ::
Cando nada sobraba, fora de fame ¿ Como celebrar o Nadal, si non se podía case comer ? Pois cun pan de reis.

O Pan de Reis e unha receta típica na comarca do Morrazo ainda que cada vez máis esquecida. Fainola chegar Mari Ogando da Pastelería Lara en Meira - Moaña.

Os ingredientes, o que había pola casa. Humildes ingredientes de todo o ano, pero coa fariña de moer as espigas encarnadas, os reises gardados para estes días. Un pan especial, de un millo escaso. O mais celebrado nas esfolladas, amasado con agarimo e imaxinación.

INGREDIENTES

2 kg de fariña de reis
500 grs.de fariña de centeo ou triga
Fermento duns dias antes
Agua tibia
Canela
Anises moídos
Figos e uvas pasas
Noces picadas
Sal e azucre o gusto ( sin pasarse )


  LA RECETA PASO A PASO::
Paso 1º
O primeiro necesario e o fermento, millor amasado dous ou tres días antes. Faise con medio kg de fariña milla, un 150 grs, de levadura fresca ,unha migalla de sal e un bo chorriño de vinagre. Amásase con agua tibia, a que admita, hasta facer un boliño que se vai gardar en sitio fresco ata o momento de facer o bolo. Sempre se garda un pouco da masa xa amasada para que sirva de fermento do seguinte pan.

Paso 2º
Así amasamos: Poñemos nun cacharriño axeitado a fariña milla, o sal e imos botando auga tibia pouco a pouco, mesturando ben. Añadimos o fermento, e imos amasando botando o centeo ou trigo pouco a pouco. Agora vai o azucre, anises moídos, canela e o picadillo de froitos secos. Amasar con agarimo hasta que se poida traballar sin case que se pegue as mans, poñendo mais fariña si se precisa. Compre decir que si soio hai fariña de millo tamén sirve, as outras fariñas "de ricos" son para suavizar o pan. Non son imprescindibles.

Recollemos a masa , espolvoreamola de fariña e, moi importante: dibuxa coas mans unha cruz sobre a masa.O pan es sagrado e compre bendicilo. Tapase cun trapiño limpo e deixase medrar nun sitio quente.

Paso 3º
Cando dobra o volume é a hora de tendelo. Faremos bolos do tamaño que queiramos e , sobre follas de verdura ou cana , tentemos as bolas , emplastándoas ate que quede unha torta, de 3 dedos de alto. Espolvorear de fariña.

Paso 4º
Vólvese a marcar coas mans unhas liñas e ...a o forno. Cando a lareira era todo, cocíase debaixo do rescoldo, cuberto por unhas follas de verdura para protexelo un pouco.

Autor de la receta: Mari Ogando. Pastelería Lara en Meira - Moaña
Fotografía: Xoan Arco da Vella

DelMorrazo.com - Noviembre de 2010


  ENLACES RELACIONADOS
  RECETA DE BICA DE TRIVES

¿ Tienes un restaurante en la comunidad gallega y quieres hacernos llegar tu receta ? Envíanosla y la publicaremos aqui.

Ver todas las recetas >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio   Página de inicio        Imprimir esta web       Imprimir  
  Agrega tu enlace a delmorrazo.com     Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados