Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  RECEITA DE FILLOAS DE LEITE ::
As filloas son un postre tradicional galego que non falta nas sobremesas´ xantares e celebracións que se fan na nosa comunidade. Un postre sinxelo de moi facil preparación que gusta a nenos e maiores ....

Podense comer soas, con nata, crema, mermelada... E bó proveito.¡¡

Esta é unha filloa típica do entroido. Tamén se fan con auga, caldo, centeo, sangue.... Pero iso será outro día ...

INGREDIENTES

1/2 l. de leite
200 grs de fariña
4 ovos
50Grs de mantequilla fundida
Unha pizquiña de sal
Aroma o gusto( limón rallado, canela, vainilla..)
Azucar e canela moida para espolvorear


  A RECEITA PASO A PASO::
Paso 1º
Mezclamos nun cacharriño axeitado todos os ingredientes menos a fariña, que se porá o final, pouco a pouco. Si queda algun bolo, colarémos a masa.

Paso 2º
Poñemos unha tixola no lume, untada con mantequilla (ou touciño, si se quere ser mais fiel á tradición...) Quentamos ben.

Paso 3º
Collemos como 1/2 cucharón de masa que extenderemos na tixola , movéndona suaviño. Cando esté callada, levantaremos un borde axudados con unha culler , e collido cos dedos, daremoslle volta sin medo. Un pouco mais no lume...e fora: a un plato. Botamolle azucar e canela ó gusto. ... E bó proveito.

Autora da receita: Mari Ogando. Pastelería Lara en Meira - Moaña
Fotografía: Xoan Arco da Vella

DelMorrazo.com - Marzo de 2011


  ENLACES RELACIONADOS
  RECETA DE OREJAS DE CARNAVAL
  RECETA DE FILLOAS QUEMADAS CON CREMA DE QUESO Y SORBETE DE MANZANA VERDE

¿ Tienes un restaurante en la comunidad gallega y quieres hacernos llegar tu receta ? Envíanosla y la publicaremos aqui.

Ver todas las recetas >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio   Página de inicio        Imprimir esta web       Imprimir  
  Agrega tu enlace a delmorrazo.com     Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados