Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  RECEITA DE BANDULLO ::

O bandullo é o doce tradicional en Moaña en tempo de antroido, ainda que tamén se prepara calquera outro día do ano. Tamén son tradicionais as filloas e  orellas, pero o bandullo é mais como de aquí, mais noso.

Xuntando os ovos e o pan cada quen facía o seu, cocendonos logo no forno da casa ou no panadeiro. Chegaban a cocer varias fornadas de enormes olas e tarteiras.
O primeiro sábado de antroido xa se facían, para ter fartura na casa , e chegar ben fartos  a cuaresma, tempo de obligado ayuno.
.

INGREDIENTES


1 barra de pan (mellor reseso)
1 l.de leite.
6 ovos.
300 grs de azucar
100 grs. da manteca de vaca.
100 grs de fariña triga
200grs de  cabazo cocido e escurrido. (si se quere)
Pasas  segun nos gusten..
1/2 sobre de impulsor.
Especias (cominos, ou se non nos gustan canela)
Unha pizca de sal. Azucar e canela moida



  A RECEITA PASO A PASO::
Paso 1º
Ponse de  remollo o pan en leite con tempo. Unha vez molladiño, añadir  os ovos, sal e azucar. O cabazo desfeitiño. Misturar ben. Ahora as especias.
Logo a manteca derretida mormiña e o final a fariña co impulsor, e as pasas.   

Paso 2º
Ponse nun molde enmantecado e enfariñado. Cocer no forno a 190-200ºC

Paso 3º
Cando pinchemos o centro cun coitelo fino, e saia limpiño, xa está.

E un dulce ben sabroso, se non queremos cabazo, pois non se pon, ainda que lle da un punto moito mais xugoso. 

Autora da receita: Mari Ogando. Pastelería Lara en Meira - Moaña
Fotografía: Xoan Arco da Vella

DelMorrazo.com - Junio de 2012


  ENLACES RELACIONADOS
  RECETA DE OREJAS DE CARNAVAL
  RECETA DE PAN DE REISES
  RECETA DE FILLOAS DE LEITE
  RECETA DE FILLOAS QUEMADAS CON CREMA DE QUESO Y SORBETE DE MANZANA VERDE

¿ Tienes un restaurante en la comunidad gallega y quieres hacernos llegar tu receta ? Envíanosla y la publicaremos aqui.

Ver todas las recetas >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio   Página de inicio        Imprimir esta web       Imprimir  
  Agrega tu enlace a delmorrazo.com     Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados