Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
kennenlernen im disco
Indispensables
Donde ...
Guia
O ATERRADO DE CANGAS DOS MARTES E VENRES01-03-2009
Dende que podo lembrar o aterrado sempre se fixo nas inmediacions da alameda vella de Cangas, oxe por oxe o numero de vehiculos cos que conta o pobo medrou mais do que se poida pensar e todo-los veciños desta zona (arredores da alameda vella) que non contan con plaza de garaxe teñen que ter ben en conta que si se despistan un luns ou xoves o dia seguinte teran que paga-la taxa do guindastre e a multa que debe rondar sobre os 150€ a suma, ¿porqué non se fai nos xardíns do sinal? acabariamos co problema de atopar aparcadoiro un martes ou venres entre as 7 da mañá e as 3:30 da tarde,dende este foro fago un chamamento a todos os que coma min creen que a situacion actual é absurda tendo un emplazamento peatonal tan próximo. un saudo.
Brais


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: O ATERRADO DE CANGAS DOS MARTES E VENRES01-03-2009
Eu penso que si os martes e venres de cada semana deixaran aparcar nas zonas dos embarcadeiros e por detras da gasolineira cando rematen as obras da super lonxa, haberia mais sitio, sempre que a xente aparque con sentidiño e ocupando so unha praza, que hai veces que deixan os coches tan mal que ocupan duas prazas.

De toda-as maneiras e de os aparcamentos en Cangas ven sendo outra asinatura pendente do concello. Hai que ter paciencia. Un saudo
thor-i.bio
RE: O ATERRADO DE CANGAS DOS MARTES E VENRES02-03-2009
estou completamente dacordo xa que eses dias o barrio de nazaret combertese nun aparcadoiro e resulta imposible para os que vivimos ali
nazaret
RE: O ATERRADO DE CANGAS DOS MARTES E VENRES02-03-2009
non lle faghades facer ghasto de neuronas á alcaldesa que está concentrada no infojobs.net
onde non hai...
RE: O ATERRADO DE CANGAS DOS MARTES E VENRES06-03-2009
O que hai é que construir dunha vez por todas un gran aparcadoiro subterráneo entre a praza de abastos e a estación marítima, e dende esta ata a gasoliñeira baixo a estrada, liberando espazo en superficie para zonas verdes e de esparcemento. Neste parking, poderiase facer descontos a todos os que merquen nos comercios da zona e na praza, con horas gratis, do mesmo xeito que se fai en calquera centro comercial, e por suposto reservar prazas en aluguer para todos os residentes da zona, a prezos populares. Así mesmo, nas inmediacións da estación de bus e barco, reservar prazas de estacionamento disuasorio para aqueles que collan o barco, de maneira que non ocupen prazas en superficie durante boa parte do día, e se lles cobre só unha pequena cantidade ou ben estexan exentos, introducindo ou presentando o billete do barco en caixa. E coma nesta zona tamén se poderían facer aparcadoiros a carón do concello e baixo a avenida de ourense, así coma no contorno do auditorio, artellando unha rede municipal de aparcadoiros subterráneos cunha tarxeta prepago para residentes en Cangas, de maneira que os que máis o usan teñan máis descontos. Isto xa se fai en algunhas cidades de España.
penko
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados