Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://ennypar.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA28-02-2009
Haz click para ampliar A FPG – FRENTE POPULAR GALEGA pídelle o seu voto, no día 1 de marzo de 2009, a todas as galegas e os galegos que acreditan na necesidade de construír unha alternativa política que represente os intereses das clases traballadoras.
Consideramos que as forzas políticas presentes no Parlamento de Compostela non son quen de asumir as profundas necesidades da clase obreira, do campesiñado, da xente nova, da intelectualidade comprometida. Así se veu demostrando ao longo destes anos.
Chegou, logo, o momento de erguer unha nova estrutura nacional, popular, democrática e plural, capaz de ofrecer cobertura ao movemento social, e que actúe nos ámbitos da organización e da mobilización, como no plano institucional, camiño da superación do actual marco xurídico-político.
O Parlamento autonómico, os nosos Concellos carecen hoxe, maiormente, desa proposta de esquerda nacional, de xeito que toda a maquinaria administrativa e de xestión pública está nas mans de políticos profesionais, vellos e novos caciques, que non fan senón perpetuarse a si mesmos un ano atrás do outro.
Solicitamos, logo, o voto para fortalecer un programa combativo, de esquerda, un programa liberador, autodeterminista, e desde xa ofrecemos todos os votos que consigamos en aras destas ideas que viñemos expoñendo ao longo de toda a Campaña electoral e dos vinte anos que temos de existencia.

SEMPRE COA NACIÓN, SEMPRE NA ESQUERDA!
POR UNHA GALIZA CEIBE E SOCIALISTA!
VOTA FPG!
>> Ampliar datos Rosalía de Castro


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA28-02-2009
Así vos mostrades, así sodes, así respectades as regas do xogo democrático, acusades ós outros do que vos facedes. Hoxe non toca facer campaña, estades a faltar ó respecto ós cidadáns. En realidade sodes uns fascistas máis. Agora eu tería o dereito a pedir o voto, pero non o vou facer porque a diferencia de vos non son un fascista.
Gañe quen gañe, unha cousa esta clara, vos perdedes.
EL CAMPESINO
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA28-02-2009
quen este elemento? de onde saiu? de que facción das JONS?
el labrador
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA28-02-2009
Estou abraiado cos teus argumentos, "extorsionador" da vontade do pobo.
EL CAMPESINO
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA28-02-2009
demagogo barato, eso é o que es, cales son os medios cos que contan? se non che gusta o anuncio métete noutra noticia ou denuncia do partido que che vai a ti que non sei que me dá que debe estar ancorado en Madrid.
Rubezcaba
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA01-03-2009
Os medios cos que contan, son ós que lle corresponden por lei, estou a sinalar un delito, pois facer propaganda electoral no día de reflexión, e un quebrantamento da lei electoral e a lei obriga a todos, ¿que podemos esperar dun partido que vulnera a LEI?
Non vale todo, (o fin non xustifica os medios) e seguides sen argumentos.
A ver si vos enterades, non hai cidadáns de dúas categorías, os que votan a partidos de ameto estatal e ós que votan a partidos autonómicos. Os cidadáns deben ser TODOS respectados por igual, independentemente a quen voten, sempre que o seu partido acate a Carta Magna.
Ala, a ver si aprendedes algo!!
EL CAMPESINO
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA01-03-2009
carallo camponés!! non sabía eu q rosalía era da fpg...
alternativo
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA01-03-2009
Pois eu vou vota-la Frente, que chova ou que vente. Criterio, señores, criterio. E pra delictos electorais o de Sotelo nas municipais, que o sacaron no faro o día de reflexión, cunha entrevista a dúas páxinas. Sinvergoñas! Rosalía non sei se sería da Frente, pero seguro que non sería do PP nin do PSOE.

Outra cousa, X. L. Méndez Ferrín é o derradeiro representante do consello de Galicia no interior, refrendado polo propio CASTELAO, que diga iso Quin, non hai collóns! O Bloque é o PNV á galega. Que asco!

http://www.frentepopulargalega.org/autonomicas2009/index.php?option=com_content&task=view&id=63&Itemid=1
Labregho
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA01-03-2009
Ir facendo o "petate" que toca deixar a "mamadela" ¡veña, a traballar que vos toca facer algo útil! pandilla de vagos.
EL CAMPESINO
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA01-03-2009
Home, bo estás ti pra falar de vagos, que sempre que veño estás metido no allo. Ti, largar largas, pero depeghar un pau mírase que non sabes tanto. E xa me dirás tamén que ten que ve-la Frente coa subnormalada que acabas de poñer, non te clareas machote.
Es parado de largha durasión?
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA01-03-2009
O de meterse en tódolos berenxenais e non saber do que se fala é o que ten, o pobre fai o ridículo e queda tan ancho. Sempre está o típico entendido que de todo sabe e en todo se mete, coma os borrachíns de taberna, coa diferencia de que este, bebe na casa e ten internet.
Pídelle permiso ó sentido campión
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA01-03-2009
Andando que son horas, as verdades doen ¿eres ti o que sabe do que se fala? ata agora vese que do que sabes e de borrachíns, pero de política non tes nin idea, se souberas algo non estarías nun partido de perdedores que o pobo galego ven dicindo elección tras elección que non os quere. Non vos chegou con estar a vivir nas "américas" a conta do tesouro nacional que leváchedes no buque EL VITA, que agora queredes vivir a conta dos nosos impostos.
¡¡A TRABALLAR VAGOS!!
EL CAMPESINO
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA01-03-2009
Partido de perdedores? Non me estrañaría con toda a propaganda en contra. Que poderes económicos financia a campaña dos grandes? Amais diso é moi doado falar de perdedores cando hai unha lei electoral que opera sobre o 5% no canto do 3, como era antes de que Papa Fraga cambiase a lei, cousa que non pasa en ningún outro lado do estado español. Perdedores? Eu creo que baixo todas esas circunstancias somos vencedores. E ollo, non temos presa, nin prensa. Non temos estómagos agradecidos ós que alimentar, e temos ideas, cousa que non sucede cos tres maioritarios. Dignidade e criterio, é o que temos. Esa é a diferencia, non nos move a cobiza como a outros que están a vivir da política.

E ó loro co que dis, se algo é a Frente é un partido de traballadores xa que ti falas tanto de traballar.
Que ten que ver o Vita ou Negrín coa Frente? Es un auténtico cateto, e cada vez que abres a boca demóstrasno. Jajaja, que tío máis freak, de verdade e moi triste querer ir de entendido e non dicir máis que lerdadas de borrachuzo.
E veña viñoooo
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA01-03-2009
ESO, afogar os vosos fracasos en viño, mentras o concellal que tendes en Cangas se dedica a perseguir as pequenas obras que fan os traballadores nas súas casas para vivir minimamente con un pouco de dignidade.
EL CAMPESINO
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA02-03-2009
Ben, xa rematou o proceso electoral. Agora xa se deberían todos tranquilizar, os resultados eran previsibles, non entendo porque ós partidos que son sinxelamente testificais se empeñan en vulnerar as normas, pois coido que para eles os resultados serían os mesmos ou similares, nembargante coido que si respectasen escrupulosamente as normas electorais, a longo prazo terían un xuros moi rendibles.
De todo-los xeitos debemos pensar no presente. Que ninguén pense que o P.P. gañou as eleccións porque son "Estupendos políticos", nin sequera uns bos xestores, o P.P. gañou estas eleccións, porque o pobo galego, fai catro anos de xeito maioritario decidiu que quería un goberno de esquerda, e ese goberno bipartito que se formou, de esquerda non tiña nada, o goberno bipartito, foi unha verdadeira vergoña para os cidadáns que neses intres avogaron por un goberno de esquerda, pois fixeron unha política tan conservadora e burguesa que o mesmo P.P. non se houbera atrevido a facer, ademais da chulería e despotismo do que fixeron gala. Demostraron a súa desvergoñaría, amen de outros comportamentos que de ser investigados, presuntamente porían acabar con algún na cadea.
Non teño ningunha dúbida de que eses partidos teñen uns estupendos políticos, fenomenais xestores dos asuntos públicos, pero tamén sei que dende hai tempo esta xente téñena condenada ó ostracismo.
Agora todos debemos traballar, uns cumprindo có mandato do pobo (gobernar) e os outros demostrar ó pobo que o poden facer mellor que os que acaban de gañar.
Sen trampas, sen descualificacións gratuítas, sen que cando alguén nos increpa e dinos a verdade, recorramos ó insulto fácil chamándolle borrachón, ou outros cualificativos pexorativos cando o que debemos facer e tratar de adiviñar o porque ese cidadán esta descontento, e tratar de aportar solucións mos seus problemas.
EL CAMPESINO
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA02-03-2009
OS concelleiros, non O concelleiro paisano. Iso unha, logo, as ilegalidades son ilegalidades veñan de onde veñan, machote, ou ti e os teus amigos sodes especiais? Terceiro, Massó non é precisamente unha pequena obra dun traballador. última, que ten que ver o Vita ou Negrín coa Frente? Segues sen contestar. Fas o ridículo e logo queres pasar de puntillas!

Estou especialmente contento pola Frente que logrou superare con moitísima dignidade o tripartidiso e o boráxine do voto útil, para seguir a ser a cuarta forza en Cangas, por enrriba de EU, UPyD ou TEGA. Avante coa Frente!
Alternativo
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA02-03-2009
JA! haber que me entere con cuantos votos? eeeeh, cuantos?, soy vidente y ....... no veo futuro en esto..... lo veo todo negro...... muy negro..... negrisimo......va a ser mejor que se busquen otra forma de trabajar.....
quintanilla
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA03-03-2009
Pois si, o Quintana é un paiaso, o igual que a Clarita. Menuda hostia! Jaja
Frentista, que non é o mesmo
RE: FPG: COA NACIÓN NA ESQUERDA03-03-2009
CAMPESINO `VETE A LOS CAMPOS DE CASTILLA´ E DEIXANOS EN PAZ FASCISTA
ANTIFA
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados