Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
yamaha guitars serial numbers dating
Indispensables
Donde ...
Guia
MANIFESTACIÓN CONTRA O PROXECTO DE MACRODEPURADORA25-02-2009
Haz click para ampliar A ría de Vigo presenta uns índices de contaminación alarmantes. Parte de esta contaminación é debida aos metais pesados, moi nocivos para a saude, que proveñen das industrias.
Na cidade mais industrializada do país, as aguas industriais da maioria das empresas non se tratan e van, xunto coas aguas residuais urbanas e as pluviais, cara unha depuradora que está preparada para tratar exclusivamente a materia orgánica das aguas domésticas, polo que a contaminación vai, cada dia, en aumento e pode chegar o momento en que o peixe e o marisco da ria nom se podan comercializar por ser nocivos para a saúde.
As administracións, en vez de intentar solucionar o problema, pretenden cometer os mesmos erros e proxectan unha macrodepuradora, sen realizar a separación das aguas pluviais, que colapsan a depuradora cando chove muito, das industriais que matan os microorganismos da depuradora paralizandoa, e das residuais urbanas.
Pretenden gastar 234 millóns de euros nunha macrodepuradora que simplemente terá mais capacidade, mais non solucionará os graves problemas de contaminación que existen na Ría.
Ademais pretenden construila na Xunqueira do Lagares que é un espazo natural único polo que seria un atentado ambiental. E tamén aumentaria o fortísimo impacto social que leva aturando, desde hai mais de 11 anos, a veciñanza de Coruxo polos cheiros pestilentes e os ruídos da depuradora actual.
A solución seria tratar por separado os distintos tipos de aguas e construir unha rede de pequenas depuradoras conectadas entre si, como fixeron nos fiordos Noruegos que son parecidos ás nosas rías.

Por todo isto a rede de 15 colectivos "A Ría Non Se Vende" convocamos a unha manifestación en Vigo o vernes 27 de febreiro ás 20:30 que irá desde o Concello (Praza do rei) até a Xunta (Praza da Estrela).

DEPURACIÓN EFICAZ SI

MACRODEPURADORA NON
>> Ampliar datos a ría non se vende


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados