Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://clothzukan.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
UNHA OLLADA AO ESPAZO NATURAL DE PUNTA BALEA12-01-2008
Haz click para ampliar Baixo a premisa “só se pode conservar aquilo que se coñece”, o Grupo de Anelamento Anduriña decidiu adicar unha importante parte dos seus esforzos a dar a coñecer o potencial biolóxico e educativo que ten o Espazo Natural de Punta Balea.

Para achegar aínda máis á poboación de Cangas a este enclave natural, a partir deste mércores 9 de xaneiro, distribuirase de balde entre os asistentes á exposición O Espazo Natural de Punta Balea, a guía divulgativa Unha Ollada ao Espazo Natural de Punta Balea, editada pola Concellería de Cultura e Educación do concello de Cangas.

Esta pequena guía, dunhas 20 páxinas, percorre a través dunhas 100 fotografías os distintos hábitats que se poden atopar neste espazo: Medio Mariño, Praias e Dunas, Supralitoral Rochoso, Campos de Cultivo e Baldíos, Lagoa e Zona Palustre, Bosque de Salgueiros, e tamén os factores que están a ameazar a integridade dos mesmos.

O traballo, elaborado polos biólogos Alba Dasairas Bouzada e Antonio Fernández Cordeiro será distribuído tamén polos centros de ensino de Cangas que acollan a exposición ao longo do ano 2008
Anduriña


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: UNHA OLLADA AO ESPAZO NATURAL DE PUNTA BALEA12-01-2008
Coa "nova" proposta de Marina Atlantico, Punta Balea convírtiríase en "zona verde", con pistas de teneis e outras instalacións deportivas descubertas.
O xardín de Don Paco tamén desaparecería.
E queren facelo xa, atraveso da modificación puntual que presentou Sotelo. Retirada da petición de modificación puntual xa!!
ollo
RE: UNHA OLLADA AO ESPAZO NATURAL DE PUNTA BALEA12-01-2008
ollo, pareces una vieja de mal augurio.
neagtividad gratuita, nO gracias
RE: UNHA OLLADA AO ESPAZO NATURAL DE PUNTA BALEA12-01-2008
Os agoiros están nos proxectos, bótalles un ollo e mirarás unha xoia patrimonial como a chamada nave da anchoa da Congorza convertida en hotel hortera, un centro comercial que mataría de fame ao pequeno comercio de Cangas na nave principal ou como se botaría aos antigos traballadores das vivendas da súa propiedade (se supón que con algunha compensación-esmola).
Acción contra estas sanguexugas. Beatas á misa.
ollo
RE: UNHA OLLADA AO ESPAZO NATURAL DE PUNTA BALEA14-01-2008
para a negatividade e todo ese rollo: chama ó teléfono do tarot a ver se che conta que Massó vai ser zona verde e totalmente público. Porque as propostas que hai, incluída a da Oitavilla da mari dos micrófonos, mete hotelito de lujo (pequeño) centro comercial (pequeño eso si) etc, pero a ver di o dan chantado á vista de todos, que para iso o pagamos.
GZ
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados