Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://montereybaysox.com/kochkurs-singles-hannover/
Indispensables
Donde ...
Guia
A BILLARDA CHEGA AO MORRAZO10-09-2008
A billarda, tamén coñecida como estornela, pincha ou cachiza chega por primeira vez ao Morrazo da man da LNB (Liga Nacional de Billarda) - Conferencia Sur, concretamente a Moaña o 18 de outubro pra organizalo "1º Aberto de Moaña", puntuabel para a LNB-Sur, sendo a segunda xornada da Liga que comeza o 27 de setembro en Porriño.
Será un campionato aberto a todo o público e calquer persoa poderá participar. Iremos poñendo mais novas de organización, horarios, etc nesta web. Mentres tanto podedes visitar a web da Liga Nacional de Billarda en:

http://ovaral.blogspot.com/

ou a da conferencia sur en:

http://lnbsur.wordpress.com/

onde en calendario xa se mostra o de Moaña e as citas anteriores coa billarda.

Dende a organización chamamos a calquer persoa ou colectivo de Morrazo interesado en organizar o campionato, poñer publicidade nos carteis, propoñer actividades alternativas no resto do día, etc, a unha xuntanza que terá lugar o próximo Martes 16 de Setembro no "Bar Moaña" as 20:00 horas.

Nesa xuntanza presentarase unha proposta para ese día 18 de outubro totalmente modificabel polos asistentes para a organización dese día e o traballo a realizar ata a fecha. O único pechao e que sobre 2 horas do sábado pola tarde serán para o campionato da billarda. O resto está todo aberto, se se quere organizar un xantar de confraternizacións, actuacións musicais logo, montar unha barra durante o torneo para a financiación de futuras actividades, formar un equipo de billarda de Moaña para competir durante toda a liga, etc.

Bueno pois a xente que poda estar interesada que se pase polo Bar Moaña o próximo martes as 20:00 horas e xa lles explicamos mais ou menos o que pretendemos levar a cabo e mentres tanto queda aberto este fío para o debate por se algún que non pode asistir ese día ten propostar que levar a cabo.

Tamén confirmar que a 3ª xornada da liga, que será en Novembro farase en Marín, e que as 4 últimas da liga (Xaneiro, Febreiro, Marzo e Abril) están sen confirmar e se alguén de Cangas ou Bueu está interesado tamén se poderían facer ahí. Independentemente da liga pódense ir facendo torneos non puntuabeis calquer outro día coa axuda material e colaboración da xente da LNB-Conf. Sur
>> Ampliar datos billardeiro


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados