Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.thingsilikethingsilove.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
FOTOS ANTIGUAS09-09-2008
Sorprendeume gratamente a publicación das ultimas fotos antiguas aportadadas por LOIS, posto que xa levamos moito tempo sin poder disfrutar de novo material, sería bó que a xente se animara é aportara fotos de lugares de todo MORRAZO para que os que somos máis novos poidamos comparar ó paso dos anos sobre eses sitios é ó aspecto que tiñan antes. Moitas gracias.
FOTOMATON


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: FOTOS ANTIGUAS09-09-2008
Non é por polemizar, que conste, pero o que Lois aporta non é da súa colleita. Ignoro se o deixou claro cando mandou as tales fotos. O que si é certo é que esas fotos son parte da magnífica exposición que a moañesa Asociación NOS ven de pechar na chamada praza do Concello de Moaña. Ao César o que é do Cesar e a Nós o que é de Nós.
un menos novo
RE: FOTOS ANTIGUAS09-09-2008
http://www.delmorrazo.com/denuncias/verDenuncia.php?id=2961
falouse aqui
RE: FOTOS ANTIGUAS10-09-2008
Paréceme cojonudo que estiveran espostas na praza do concello por a A.R.C.NOS, supoño que non terán ó copyright de todas as que ensinaron, alguén llas facilitaría, é si lle cederon os dereitos para mostralas, tampouco estaría mal que as colgarades dalgunha forma na REDE, é para que quedes máis tranquilo pódeslle poñer en letras ven grandes PROHIBIDA A SUA REPRODUCCION E DIFUSION. (PROPIEDADE DE A.R.C.NOS), coas fotos dos catro que promovestes ó evento así de esta maneira naide se vai a aproveitar da vosa iniciativa é traballo, penso que de esa forma chegaría a moito máis público, de iso se trata .O.K.?.
UN DA TUA EDADE
RE: FOTOS ANTIGUAS10-09-2008
O que fixo Lois é despreciar o traballo de varios anos da A.C.D.R. Nós. A exposicion podese mirar de novo a partir do sábado no priméiro andar de Caixanova en MOAÑA. Absterse Loistillos.
Xan
RE: FOTOS ANTIGUAS10-09-2008
Sodes coma nenos, eu penso que do que se trata e de que todos poidamos coñecer o que foi o noso pobo noutros tempos e que tanto ten de onde sairan as fotos porque as fotos tampouco son de NOS son dos veciños que llas prestaron pra facer a exposición ¿ non si ? Que eu sepa non hai outros sitios na rede onde atopar fotografias antigas de Moaña ou do Morrazo e si ós de NOS molestalle que os que as buscamos por internet as atopemos aqui o que teñen e que facer unha web con elas e prohibir que a xente as colla como din por ahi arriba. O fin, penso eu, e que a xente vexa o que era Moaña fai anos todo o demais son cabuxos de nenos pequenos. Deixade de pelexar e compartide as vosas fotos que a min e a outros coma min gustanos miralas.
camaron
RE: FOTOS ANTIGUAS10-09-2008
Un último comentario e me reitero en que non desexaba para nada a polémica, pero un se cadra non se sabe expresar mellor. Dicirlle a "Un da túa idade" que éste que escribe non pertence á NOS. Vaia por diante, se crea ou non. O que sí defendo é o rigor e a honestidade no traballo, e iso comporta, entre outras cousas, citar as fontes nas que un basea unha afirmación ou unha aportación de datos. E todas as publicacións de NOS son fieis a ese principio elemental de respeto a obra doutros. De feito, un dos paneis da exposición mencionada estaba adicada a citar a orixe e os agradecementos aos colaboradores. De modo que difundir o noso pasado en fotos, sí, por suposto, mais dun xeito un pouco mais elegante.
un menos novo
10-09-2008
En tanto que las aportaciones fotográficas que los usuarios de la página envían a nuestro apartado FOTOS DE AYER se hacen de forma anónima utilizando un alias, desconocemos si el usuario que firma con el alias " Lois" pertenece o no a la asociación cultural NOS. Lo cierto es que entendimos que sí ...

En cualquier caso, vaya por delante nuestro agradecimiento a este usuario pertenezca o no a la misma, no solo de nuestra parte sino de un buen número de gallegos del Morrazo, emigrantes en América latina, que nos hicieron llegar sus emails agradeciendo la aportación ante la imposibilidad de visitar la muestra en vivo.

No obstante, y atendiendo a que respetamos por encima de todo la propiedad intelectual de cualquier obra y el respeto hacia la misma que comporta - entre otras - la cita de su origen, acabamos de añadir a cada una de las fotografías la cita " Exposición Moaña Onte e Hoxe - Asociación cultural Nós " reconociendo el excelente trabajo que la asociación cultural NOS ha llevado a cabo recopilando estas imágenes, y invitándoles, si así lo consideran, a compartir nuevas fotografias con los ciudadanos del Morrazo a través de nuestro sitio web.

Saludos, Webmaster
Webmaster
RE: FOTOS ANTIGUAS10-09-2008
Sería bó coñecer a opinión da A.R.C. NOS respecto a publicación neste FORO de algunha das fotos que se espuseron últimantente en MOAÑA, é que ó parecer forman parte do catálogo exhibido.E tamén ter noticias de LOIS para saber como as conseguiu ou quen llas facilitou. Para non ferir susceptibilidades a miña opinión é tamén sin ánimo de entrar en polémica, habería que deixar de mirarse ó ombligo é ser un pouco máis dinámico é intelixente, e non pensar que Lois aproveitouse de un traballo de anos, non me fagas rir, naide lles quita mérito polo seu traballo pero non botes por fora, a ver si agora non sabemos come se consiguen as fotos é como se lle fan copias, a pólvora non a inventaron en definitiva. Eu traballei moitos anos a prol da cultura e nunca pedín esclusividade nin copyright ningún, a cultura promovida por unha asociación sen ánimo de lucro ten o deber moral de espallala gratis é canto máis mellor, a agora si os promotores da iniciativa pensan que inventaron eles as esposicións itinerantes de fotografías están errados, si non as queren compartir con máis xente que a que pode acudir in situ os lugares ou centros en donde se exhiben siguen estando equivocados, hai moita xente de MOAÑA que viven fora é agracederían moito poder velas pola web. Eu particularmente ó faría por que senon parecería que ó fago simplemente por figurar, insisto todo pasa por poñerlle a fonte de donde proveñen A.R.C. NOS.
UN QUE SAE NAS FOTOS
RE: FOTOS ANTIGUAS10-09-2008
Dou fe do que falades eu son sevillano por obligación pero nacido en Moaña. O interesante e poder mirar as fotos, tanto ten quen as poña na internet. Eu non sei a que ven tanto follon, deixadevos de carallos e facilitadenos as cousas un poco que nos tamén queremos participar
quillo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados