Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
single urlaub mit kind in österreich
Indispensables
Donde ...
Guia
AUDIENCIA RUINOSA12-07-2008
Acabo de ver na cadea privada CNN+ a noticia de que TVE mercou os dereitos para televisar os partidos da Copa de Europa (alias CHAMPIONS).
Decía, con cara de alarma, a rapaza de CNN+ que “a pesar de que el Gobierno ya reconoce sin tapujos que estamos en crisis” TVE, a televisión de “Todos”, métese nun gasto que nos pode levar á ruína, ofrecendo unhas cantidades que ningunha das Privadas podemos igualar.
Chámalle competencia desleal, porque si alguén ten que ir á bancarrota queren ser elas mismas, as Emisoras Privadas, as que televisen eses partidos de audiencia ruinosa..
Emocionoume comprobar como en España ata as Grandes Canles de Comunicación están dipostas a facer o sacrificio de arruinarse elas antes que o Estado……e todo polo ben da Patria.


Este mensaje ha sido movido al foro por el webmaster desde el apartado de denuncias. Los apartados de Denuncias y Noticias son para tratar temas relacionados con la comarca.

Se ruega a los usuarios que para temas generales utilicen el foro.
O Caxato


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: AUDIENCIA RUINOSA12-07-2008
Por unha vez penso que acertan mercando estes dereitos, xa que "todos "temos dereito a disfrutar do deporte, non so os ricos que poden pagar 50 euros o mes.
O que lle jode as empresas privadas é non é que lle gañase unha empresa pública, senon que eles perden o pastel pasando este a entidade estatal. O de menos son os 300 millons, que de seguro recuperarán en publicidade e demais caralladas, o importante é que calquera poderá ver os partidos.
Todo se privatiza, e cando fan algo para evitalo , pois claro, os magnates jodelle. POis que se jodan.
Pero igual opina das olimpiadas e demais eventos deportivos ou culturais, a empresa pública debería puxar en igual de condicións cas demais, se son rentables para as privadas, a pública tamén.

Servizo publico
RE: AUDIENCIA RUINOSA12-07-2008
Parabéns ó webmaster por estar tan atento á estas páxinas que a todos nos da oportunidade de participar i equivocarnos. Paréceme xusto que non misturemos as cousas do Morrazo con outro tipo de temas.
Tamén quero aproveitar para felicitar ó administrador de esta páxina (webmaster) polo atento que estuvo hai uns días no tema da nena de Moaña. En canto apareceu o nome da criatura no medio de aquela xaula de grilos editouno. Anduvo mui atento. Chapeau.
Non me pareceu aquel o sitio adecuado, posto que eu non quería participar en algo que xa está nas mans de un xuez. Pero aquí sí, este paréceme un sitio pertinente, asi que felicitovos polo detalle.
E agora, seguimos tirando do fío dos dereitos e torcidos das canles de televisión, a desfachatez non se queda soio en denunciar que a TVE lles fai a competencia (nun mercado de “libre competencia”) senon que levan tempo pedindo que as televisións públicas (TVE, TVG, a vasca, catalana, andaluza, etc) non emitan publicidade.
É decir, que deixen de ser competitivas e, con algo de sorte, que se arruinen (que nos arruinemos)
Todo o pastel para eles e o compromiso para o Estado ou as Autonomías.
Claro, así xa podemos berrar: ¡Viva o Libre Mercado!
O Caxato
RE: AUDIENCIA RUINOSA12-07-2008
Que alguén cale ao Caxato este, que aburre ata ás ovellas...
Había que darlle cun caxato a el...
RE: AUDIENCIA RUINOSA12-07-2008
¿Non será que o que aburres es ti?
Non che digho onde tiñas que metelo
RE: AUDIENCIA RUINOSA13-07-2008
A algún parece que lle baixaron as accións de Antena 3
O Caxato
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados