Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
"180 ANOS DE ROSALíA" CON ANXO ANGUEIRA07-03-2017
Haz click para ampliar Xoves 9 de marzo a partir das 20:00h visitaranos na Fonte do Galo Anxo Angueira, autor de referencia da literatura galega (poesía: "O valo de Manselle (1996), Fóra do sagrado (2007); narrativa: "Bágoas de facer illas" (1997), Premio Dublín de Narrativa; "Pensa nao" (1999), Premio Xerais de Novela, "Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro" (2002), "A morte de A." (2003) e "Iria" (2012) Tamén desenvolve un papel importantísimo como investigador, centrándose no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Fernández Morales, Curros Enríquez e Sarmiento) e na obra de Méndez Ferrín, sobre quen realizou a súa tese Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego, publicada co título "A espiral no espello" (2010).
Recentemente publicou unha amplísima edición crítica da obra "Follas novas" de Rosalía de Castro (Xerais, 2016).
Presidente da Fundación Rosalía de Castro e profesor na Universidade de Vigo, é un gran divulgador da obra da autora, sobre a que nos ofrecerá este interesantísimo relatorio, coincidindo co seu 180 aniversario, no que nos falará entre outras cousas do discurso rosaliano, un discurso duro e transgresor.
Fonte do Galo - Rock and Roll Bar


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados