Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Full Article
Indispensables
Donde ...
Guia
GALLARDóN "O CASTIGADOR"17-10-2012
Carallo co Gallardón, vai a incluir penas de prisión para os “yayoflautas” que entren nunha sucursal bancaria a protestar por o roubo dos seus aforros, penas de prisión para os malpocados que se lles de por encadearse na porta da súa casa para impedir os desahucios cando non poidan pagar a hipoteca, penas de prisión para os que fagan piquetes nos medios de transporte en situacións de folga.
Penas de prisión para todos…menos para os ricos, que son os que lle dan as migallas coas que pasa pola vida sin ningún pudor, ainda que lle chamen “hijoputa”.
¡Qué agochadiño tiña o seu “nacionalcatolicismo”!, sempre modosiño, peinadiño patrás, morriños de neno obediente, sempre enseñando a cara máis “ultracentrista”, moderado, conversador, dialogante, cercano…¡O CARALLO!, bastaron un sillón e unha carteira de ministro para destapar a súa verdaderita faciana de franquista sin escrúpulos.
Un bravucón, un abusón, un retrógrado coas súas leises sexistas, coas súas proclamas falócratas de que para ser muller hai que parir, cos súas leises a golpe de periódico, as súas leises antiaborto.
Agora vai a por calquera que non se resigne a pasar fame, e que non esté contento coa miseria a que nos condean os carroñeiros capitalistas.
A verdade é que a min non me tiña mui engañado, soio era cuestión de tempo que lle caíra a caroza…pero fastídiame un pouco (con “j”) que non me dacatara da falta de escrúpulos do indivíduo este. O pior é que no goberno hai uns cuantos inmorales como él.
Estamos apañados.
Tira-Puxa


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: GALLARDóN 18-10-2012
Gallardón era máis simpatico cando non se deixaba mirar, cando "Doña Cuaresma" lle chamaba "el hijoputa" e él calaba.
¿Por qué non se deixaría estar no "animalato"?
Petade Koskotelos
RE: GALLARDóN 18-10-2012
-¿Con penas de cadea señor gallardón?

- Iso xa é cousa dos xuíces- resposta.

Sí, pero se o xuíz non coincide con eles é que son uns "pijos ácratas".
f&r
RE: GALLARDóN 18-10-2012
como non se pare a estes, isto vai ser peor que os peores anos do franquismo
isto da medo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados