Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://sapporo-juken.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
BUSCO PERSONA PARA OFICINA PARA COORDINAR UN PROYECTO NUEVO 09-08-2012
enviar curriculum al siguiente mail
monmeira@terra.es
horario de 16:30 a 20:30 horas
cromogal


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: BUSCO PERSONA PARA OFICINA PARA COORDINAR UN PROYECTO NUEVO 09-08-2012
Hola, podias especificar por favor que especialidad ó nivel academico, gracias
marcos
RE: BUSCO PERSONA PARA OFICINA PARA COORDINAR UN PROYECTO NUEVO 10-08-2012
eu tamén agradecería un pouco mais de información, gracias
outra
RE: BUSCO PERSONA PARA OFICINA PARA COORDINAR UN PROYECTO NUEVO 10-08-2012
de q vai o choio?
Odilo
RE: BUSCO PERSONA PARA OFICINA PARA COORDINAR UN PROYECTO NUEVO 10-08-2012
Vai de calar e obedecer, ¿de que vai ir en españa?
f&r
RE: BUSCO PERSONA PARA OFICINA PARA COORDINAR UN PROYECTO NUEVO 10-08-2012
Cando se publican ofertas de traballo en calquera medio débese polo menos especificar quen é o ofertante e o nivel de formación e coñecementos que se requiren para optar ao mesmo. É imprescindibel saber quen é a persoa ou entidade que vai manexar os meus datos persoais ante un posibel mal uso dos mesmos (lei de protección de datos). No currículo dunha persoa van datos persoais como o nome, enderezo, nivel de estudos, experiencia laboral, teléfono, correo electrónico, aficións, etc., polo que é factible que calquera que queira obter unha base de datos con información de cidadáns se lle ocorra poñer un anuncio como o que encabeza este fío (non podo afirmar que este sexa así pero dá que desconfiar). Obtida esta información igual empezas a recibir chamadas telefónicas, correspondencia, e-mail con propaganda ou che intenten comercializar produtos e servicios por parte de empresas que non sabes como poden obter certa información sobre a túa persoa e vida. (A semana pasada recibín unha chamada comercial por parte dunha empresa e aínda hoxe non sei como sabían o meu número de telefono e o meu nome xa que nunca establecera contacto coa mesma).
Un pouco máis de RIGOR á hora de publicar este tipo de ofertas.
Desempregado
RE: BUSCO PERSONA PARA OFICINA PARA COORDINAR UN PROYECTO NUEVO 13-08-2012
¿Aficións no curriculum???

Que país señores!
f&r
RE: BUSCO PERSONA PARA OFICINA PARA COORDINAR UN PROYECTO NUEVO 13-08-2012
Ollo ás estafas coas ofertas de traballo, estanse volvendo cada vez máis comúns. O que me fai gracia desta oferta é a de que poña un correo electrónico e un horario, se lle envías o correo pola noite non o len?
ollo ó piollo
RE: BUSCO PERSONA PARA OFICINA PARA COORDINAR UN PROYECTO NUEVO 13-08-2012
Pois sí, aficións no currículo, miña/meu ben estimada/o f&r. Esa información é optativa á hora de presentar un currículo xa que dá un perfil da persoa que pode interesar ao empregador (sexa este público ou privado). Como comprenderás o perfil dunha persoa que goste da prática do deporte e actividades ao aire libre é distinto e/ou complementario doutra que goste do coleccionismo ou a realización de maquetas. Hai xente que adica parte do seu tempo libre ao voluntariado en accións para o desenvolvemento de povos ou persoas política e economicamente fodidas e outros que se adican a asasinar animaliños polo monte (escopeteros das sociedades de caza) ou fan xogos seudomilitares (paintball),etc...
Así se queres alguén para unha laboura social escolles alguén que responda ao primeiro perfil, e se pola contra precisas de alguén con carácter agresivo (tipo antidisturbios) escolles a un do segundo grupo.
Espero que con estes dous exemplos extremos entendas por qué as empresa recollen no seu modelo de currículos un apartado para as aficcións (obteñen unha moi valiosa información sobre a túa personalidade: máis activo/sedentario; crítico/obedente; moderado/arriscado,...).
Eu prsoalmente omito esta información no meu currículo de elaboración propia cando me autocandidato; cousa diferente a cando debo seguir un modelo curricular emitido polo ofertante do emprego e aparece o apartado de aficcións (sabendo perfectamente a información que vai sacar de min segundo o que alí indique e por tanto reservándome ou limitando a información que lles dou).
Dado o teu irónico comentario, f&r, nada máis que felicitarche polo teu estado de empregada/o xa que ben se ve que fai tempo que non precisas presentar currículo na procura de traballo (dereito de todas/os, que non privilexio coma algúns nos queren facer crer).
Sen máis, unha forte aperta dalguén que che desexa o mellor.
Desempregado
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados