Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
creative writing essay a*
Indispensables
Donde ...
Guia
A MANADA ATRAPA UNHA PRESA22-01-2011
Mirando o programa de César Millán, o encantador de cans, que creo que non ten ningún tipo de parentesco con ningún alcalde ou alcaldesa, apréndese que para que as manadas estén equilibradas teñen que ter un can “Alfa”, que é o macho dominante.
Onte reuniuse unha manada arredor dunha presa de raza “Zapatera” á que xa hai tempo que veñen asediando. Á hora da enchenta é cando se definen as posicións de cada individuo dentro do clan. De momento as posicións van quedando así:
Aznar é o can Alfa (houbo tempos en que fixo de can “Yanki”)
Aguirre é o can Beta
Cospedal é o can Charly
Rajoy é o can Delta (ainda que a posición de Rajoy sigue a ser unha incógnita, dentro da manada hai moitos que pensan que non pasa de “Can de palleiro”)
Pons é o can Eco (eco,eco,eco,eco…),
logo veñen outros individuos que van ocupando diversas posicións, dependendo do parentesco que teñen cos membros máis dominantes da manada. E, alá, ó final, recollendo os osos e os pelexos que van deixando os xerarcas do clan e os seus cochorriños, aparece, por fin:
Feijóo, que ocupa a posición de “Can Zulú”.
I é que, señores, o vello can dominante Fraga puso a cada un no seu sitio, e él sabía que para poñer un “macho dominante” primeiro hai que facerse respetar, e para iso lle deu varios consellos a ambolosdous, que foron seus acólitos.
A Rajoy díxolle que aprendera galego e que se casara. Parece ser que a Feijóo soio lle dixo que se casara
¿E que manía tiña Fraga con iso de que se casaran?
¡Ai, amijos! A mentalidade “Nacional-catolicista” destas manadas sigue pensando que os solteiros viven en pecado porque a homosexualidade é “pecado”.
Hoxe continúan o seu festín arredor da presa “zapatera” ainda que parece que xa non queda máis que un lixeiro fedor de cadáver.
Observador naturalista


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: A MANADA ATRAPA UNHA PRESA22-01-2011
Esquecechete doutros posibles alfa como mayor oreja e botín. Que non fan moito ruido mais ahi están dando polo cú e ditando o que ten que dicir a marioneta de aznar
f&r
RE: A MANADA ATRAPA UNHA PRESA22-01-2011
Efectivamente f&r, parece que me esquecín da “Ourella Maior”, pero foi a propósito, porque pensei que lle tiñan reservado un comedeiro de carroña aparte, pero está claro que me equivoquei e hoxe mismo Mayor Oreja, reclamou o seu estatus na manada e falou de novo. Non é que dixera nada novo, pero o tema do aborto e a “moral cristiana” volveu a aflorar.
Bueno, farémoslle un buraquiño no estatus, pode pasar a macho “Beta” e imos acomodando o resto un escalón máis para abaixo.
E así todos contentos.
En canto a Botín, parece que pertenece á manada dos “Zapatera”, por iso non iba incluído neste estudio zoolóxico. Outro día adicarémoslle o espacio que lles corresponde os cánidos liberais “zapateiros”
Saúdos “naturais”
Observador naturista
RE: A MANADA ATRAPA UNHA PRESA22-01-2011
Pois haber si lles aproveita a enchenta, porque a raza zapatera pulgosa xa ladrou dabondo, tanto que quedou só pra facer buracos, e ante o acoso da manada dominante non sabe en cal meterse...
Lobo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados