Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
dating term hook up matching matching matching for friendship
Indispensables
Donde ...
Guia
ECHE O QUE HAI16-03-2010
Haz click para ampliar Saudos paisanos.
O que escribe estas liñas e un rapaciño cangues de 23 anos, no paro e sen curro a vista.
Esta maña fun a oficina do inem pensado que ZP votariame unha man coa axuda que dan para os desempregados qué, esgotando o paro, non topan traballo (o proxi ou proxy... eu que sei!! a axuda esa. carallo!!)
Pero non ma derón por non cumprir requisitos.
Dado que a miña conta bancaria esta pasando moito medo, cada vez vai a menos, e as facturas non paran de vir.... vou votar toda unha maña dando voltas na rotonda de domaio polo carril de fora ata que algun que vai a Vigo me sacuda, e a cobrar do seguro!!!! :)
Que queira vir conmigo que avise. Vamos o 50-50 do que saquedes o seguro
Pd: Maximo 4 voluntarios
Pd2: As rapaciñas de buen ver teñen prioridade
Pd3: Se as rapaciñas de buen ver portanse ben conmigo (xa me entendedes jeje) podemos negociar as porcentases. 70-30 estaria ben
Saudos
O que ten que facer un!!


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: ECHE O QUE HAI16-03-2010
O que fan moitos, economía sumerxida...
Lliño
RE: ECHE O QUE HAI16-03-2010
Con xente coma ti así vai o país,non fai falla que te des publicidade neste foro,o que ti pensas facer non é moi orixinal,fanno tódos os días unha chea de xente.Fai 5 anos que tiven un accidente e ainda oxe me doen as cervicais porque supostamente estaba finxindo a dor(vese que é o que fai a maioría da xente,non sei)...en fin que non creo que lle interese a ninguén a miña vida,pero esa forma de topar cartos,benefíciate a ti,pero perxudica o resto,sobre todo o que tropece contigo,oxalá algún día a ti che fagan o mesmo,é o que te mereces.Pola teu xeito de buscar beneficios,aposto a que nin foche a buscar traballo...
veciña
RE: ECHE O QUE HAI16-03-2010
home, eu supoño que non haberá moita xente que se poña a buscar o accidente para cobrar, a lo menos eu mírono coma unha gran estupidez.
Pero se lle podes quitar ó seguro cartos, bueno, sen pensalo dúas veces. Se poden safar sen pagarche vanno facer, e sen mirar para como estás.
Cantos cartos se quedan ó ano que non lles pertence? e ddinche que non chos van a dar e punto, e se non reclamas embolsan os cartos, e se denuncias, se non son moitos cartos(para eles) nin aparecen no xuizo. E quen fai algo con eses chupatintas?? ninguén, a min quiseronme subir 200 euros o seguro do meu coche porque si, por que lles apeteceu dun ano para outro, e busquei outro seguro e atpeino por casi 400 eu. menos do que pagaba.
Penso que as aseguradoras hai que exprimirlle todo e máis, eles non van ter piedade ninguha contigo, e ti o viviches na túa propia carne.
Lliño
RE: ECHE O QUE HAI16-03-2010
Vende o carro pailán. Sen traballo nin ingresos pero con coche e borracheira todolos fins de semana ¿non? e a esperar que zapatero me arrejle a vida. Manda carallo
f&r
RE: ECHE O QUE HAI16-03-2010
Se espetaras ti contra él non habías pensar o mesmo,non defendo en absoluto as aseguradoras,é mais,é un escandalo o que fan,agora que esperar a que alguén teña que perder cartos para pagarche a ti un soldo...xa que a aseguradora recupera os cartos eh,non che quede duda algunha,ou vaias pensar que che pagan eles,vamos! que o final o que fas e roubar o resto dos conductores,pero ala cada un coa sua conciencia...xa de todos é sabido que hai xente para todo,eu persoalmente xa sufrín as consecuencias da xente que finxe esguinces cervicais,e acordareime deles toda a vida,e obviamente do médico do seguro tamen vos podo asegurar que me acordo amenudo,en fin,unha magoa...
veciña
RE: ECHE O QUE HAI16-03-2010
Upss!!Retiro a 1º frase,entendendín mal(para variar),por certo xa coñezo a varios que provocaron accidentes para cobrar,e incluso poñerse de acordo os 2 accidentados para facelo,bueno...cada historia...para flipar e o final pagámola todos.Si non metes a ninguén polo medio e os queres estafar....home,ben tampouco é que esté jajaj,pero dende o meu punto de vista(que seguro,non é correcto) non é o mesmo.
veciña
RE: ECHE O QUE HAI16-03-2010
C oa túa actitude non me extraña que non che deran a dita prestación, porque xa che miraron a cara ben grande que tes y fanfarrón eres un cacho... Seguro que eres como de eses moitos que esperan que veñan a buscalos a casiña e se levantan as 12 da mañá e van a biblioteca a iso das 4 a ler o Faro por si aparece unha oferta de la hostia e logo si nos ven ben mandamos o curriculum... Iso foi o que fixo Zapetero un fato de vagos, como coñezo moitos, que despois de esgotar o paro "ahora me pido los 400 euros", así nos vai aos españolistos, primeiro a "burbuja" e agora os 400 €, pero estes bandullos agradecidos xa chorarán....
Maruchi
RE: ECHE O QUE HAI17-03-2010
que eu non estou defendendo a xente que busca o accidente, faltaría máis. Pero, por exemplo, se por desgracia eu teño un accidente cando vou cun aconpañante e esa persoa pode sacarlle algo a eses chupóns, por min perfecto vamos, non teño pena ningunha
Lliño
RE: ECHE O QUE HAI17-03-2010
MARUCHI. Ese non é do que estamos a falar. Así a metade dos temas a tratar neste foro acaban en insultos e faltadas entre os membros.
Lliño
RE: ECHE O QUE HAI17-03-2010
Pero de verdade creedes que lle estades quitando cartos ós chupóns??Ou estasllos quitando ó resto de usuarios do seguro incluído a ti mesmo...en fin,que parece mentira que, ou ben non sepades como funcionan as compañías aseguradoras,ou ben vos dea igual estafar o resto dos asegurados,calquera das duas opción me parece triste.Pero como dicides vos:eche o que hai!!
veciña
RE: ECHE O QUE HAI18-03-2010
pois prefiero iso a que fagan o mesmo( seguir estafando os asegurados) e o accidentado non lle quite beneficio ningún. Pensas que se ocorrese a odisea de que tódolos asegurados foran legais coa aseguradora, a aseguradora ía ser legal cos asegurados? penso que non, embolsaían aínda máis do que gañan.
Viven da pillería, gañan os cartos quitando de auí e non dando alí. O que me parece incrible e que me digas non sei como funcionan as aseguradodas, cando ti sufriches as consecuencias. E pasaron de ti porque así non che tiñan que pagar, non foi por que lle tuveran que pagar a outro que finxiu, porque se lle pagaron a outro , para eles tiña un dano, se non non lle darían un peso. E se ti denunciaras hasta as últimas consecuencias poblemente gañarías, e agora estás coas doenzas e eles cos cartos, cos teus, cos meus e cos do veciño,....
Lliño
RE: ECHE O QUE HAI18-03-2010
Xa che digo que ala cada un coa sua conciencia,a min porque eles sexan uns ladróns...non sei, non me parece excusa para facer tamen o mesmo,póñoche un exemplo...cando sin querer lle das un toque a un coche ti que fas?bueno,pois eu deixo unha nota co meu nº,unha vez unha amiga diciame,ti es parva!!que pensas que cando che den a ti, vanche a deixar nota???home!!!mirando o que miro por suposto que non o espero,fágono,simplemente porque sería o que me gustaría que fixeran...pois diso se trata,da conciencia de cada un,e non me considero parva por facelo,simplemente considero que fago o correcto,ata que algún día,algún listo coma vos pinte o coche enteiro a miña conta(que outro medo non tiña a verdade)pero o único caso que me topei(e espero que o último),pois foi de legal igual ca min,tiven sorte...Vamos,que digoche o mesmo,alá cada un...agora eu son das que penso que o que sementa,tarde ou cedo,recolle.Bueno e espero non ser nin eu ,nin ningún conocido quen estampe contra o amigo,simplemente.
veciña
RE: ECHE O QUE HAI19-03-2010
poderíamos estar contando casos de deronme un toque e marcharon, e cousas así. Eu son coma ti, se dou toque deixo nota. pero está claro que si vexo a alguén que non o fai e por casualidade outro día lle dan un golpe a o seu coche, eu non vou ser o que lle deixe a nota de: "deronche un toque, a matricula é..."
e o mesmo coas aseguradoras.
Hasta aquí deu este tema, un pracer Veciña, un día destes un café. Só saudar o mamonazo, que hai uns días, co seu gancho de remonque me fundiu a parrilla do meu coche e me reventou a defensa,
E NON DEIXUO NOTA!!!!
Lliño
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados