Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
more
Indispensables
Donde ...
Guia
CENTROS DE DíA PECHADOS05-12-2009
Este é un anaco do artículo que aparece hoxe no Xornal de Galicia firmado por Carlos Aymerich

“...agora xa sabemos porqué se mantiñan os 14 centros de día pechados, porqué se paralizou o proceso de selección e consolidación de persoal e porqué se acusou falsamente aos profesionais dos servizos sociais de seren todos eles enchufados do BNG.
O PP vai polo libro. Primeiro desprestixiar ós servizos públicos, logo descualificar o seu persoal para, ao cabo, proceder á súa privatización para, deseguido, pídelles unha listaxe da xente que queiran colocar porque sendo empresas privadas, xa sabes, podemos meter a quen queiramos...”

Acojona, eh!, para xente que xa temos unha certa edade acojona pensar no futuro que nos espera con esta xente.
O Vello Rosmón


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: CENTROS DE DíA PECHADOS05-12-2009
Estou dacordo nas intencións probables do PP neste senso que porpugna Aymerich pero non é menos certo que moita parte do persoal sí foi "enchufada" ou a lo menos guiada cara o posto, senón explícame a min que facía un tipo que despois foi nomeado para un posto moi bo "por concurso", facendo el as entrevistas ao persoal dos centros de día. E ademais pq se contratou a xente que aparece como militante ou simpatizante nas listas do bng. Si é que todos son parecidiños home.
ata os ovarios destes que nos levan
RE: CENTROS DE DíA PECHADOS05-12-2009
Onte escoitei unha entrevista con unha traballadora dun centro de día de Lugo, que decía que ela fora contratada mediante convocatoria e aseguraba que en todos os centros de Lugo soio coñecía a 2 militantes do Bloque que traballaban nos centros de día.
En canto ó que eu coñezo de Moaña (e alguén achegado a min traballa alí) non coñezo a ningunha das persoas do persoal que sexas do Bloque.
Saliu o bulo de que o Bloque metera unha chea de militantes enchufados, pero cando en Santiago lle pediron ó PP que lle dera nomes, non foron capaces a dar ni un que non entrara legalmente.
Probas son amores e o demáis son "gúevadas".
Probas son amores
RE: CENTROS DE DíA PECHADOS05-12-2009

Para a que esta "ata os ovarios",¿ porque non colles as provas das que dispos e fas unha denuncia en condicios?.
Dentro de catro anos volves quedar na casa no canto de ir votar, seguramente daquela an seguir enchendote a xente que nos leva.
Retorsido
RE: CENTROS DE DíA PECHADOS07-12-2009
Non sei que vos sorprende tanto isto de chamar "a dedo" pasa en todos os lados e todos os partidos....

Nas pasadas eleccións a min chamoume o señor pastoriza do PSOE para decirme si quería ir para unha mesa electoral de observadora da Xunta, que consistía en ir alí a mesa catro veces no día unha cuestión de cinco minutos cada día e que ía gañar 100 euros por "pintar o parvo"

E iso pasa en todos lados, e non é tan extraño, si vos tiverades poder para iso, non tentariades meter os vosos irmans, primos amigos ou así???

Hai que ser realista, ademais de políticos son persoas.
todos iguais
RE: CENTROS DE DíA PECHADOS11-12-2009
¿Apoloxía da corrupción?
Era o que vos faltaba ós do PSOE para facerlle o caldo gordo ós "compañeiros" do Gürtel
Tira-Puxa
RE: CENTROS DE DíA PECHADOS12-12-2009
"Todos iguais" seredes vós, panda de mafiosos.
anti resigación
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados