Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
is kootra dating stefani
Indispensables
Donde ...
Guia
DE HERDANZAS E TESTAMENTOS NO MORRAZO.07-09-2009
Seica houbo Xuntanza para falar de herdanzas no Morrazo, estiberon todos os "fillos" políticos de Fraga (netos a súa vez do Generalísimo). Pois iso, algo deben barruntar, xa se sabe que coa caida da folla...
En fin, que falaron das herdanzas do BIpartito, e coa hipocresía de sempre atrevense a dicir, sobre todo Fervi, que a desaparición do barco é unha herdanza do bipartito (hai 6 meses prometía que cando gañase as eleccións, en 15 días estaría todo arreglado, decía que o convenio que se estaba a preparar polo bipartito era un desastre que el non permitiría) resulta que agora, 4 meses despois o barco deixa de funcionar (cousa que non pasou nunca nos últimos 100 anos, e a solución é o convenio que propoñía o bipartito. Son estas cousas das herdanzas, que se acordan cando vai haber un morto.
Pero en cambio, outras herdanzas enseguida se ocuparon delas; acabar coa protección da lingua no ensino e na vida diaria de Galicia, acabar cos libros de texto gratuítos no ensino, acabar cos proxectos e infraestructuras publicas; autovías sen peaxe, hospitais 100% publicos, depuradoras,..., acabar co plan eólico que mais favorecía a Galicia en favor dos seus amigos,... para esas herdanzas atoparon solución rápida, agora para o tema do barco... bueno, si atoparon solución, acabaron con el e acabouse o tema.
É curioso que se queixen das herdanzas de 3 anos e medio, pero non se queixan da herdanza de 16 anos anteriores. Agora empregan a falsa democracia; non hai cartospara galescolas, pero si para publicidade enganosa, non hai cartos pa libros, pero si para encuestas trampa. ¿por que solo fan consultas populares para algunhas cousas e para outras que si interesan non preguntan nada e executan sen piedade? Para os mais católicos, recordame unha pasaxe bíblica, na que un tal Pilatos se lavaba as mans e consultaba a traves dunha enquisa a quen querían crucificar o pobo, o demais xa se coñece. Aquel pilatos para outras cousas non consultaba nada, pero para as que lle importaban un carallo pois facíase demócrata.
POis nada, quedanos herdanza para rato.
O Enterrador.


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: DE HERDANZAS E TESTAMENTOS NO MORRAZO.07-09-2009
Enterrador : fan todo eso por que llo permitimos os galegos. E nos tratan coma un pobo primitivo, "pido disculpas"(pero quizas o somos), porque nos enganan como salvadores da patria, da sua particular patria. ( fraga, rajoy, feijo, baltar, o finado cuiña, rouco,sin esquencer o deus jose mari etc etc.... .dicen que so hay un unico Deus, i eu creo que todos eses que mencionei son divinidades i como tal debemos de tratalas. "temos o que nos mercemos"
un galego de cangas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados