Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
link
Indispensables
Donde ...
Guia
5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó06-09-2009
Haz click para ampliar
1- Massó: ideas e posibilidades reais, QUÉ FACER EN MASSÓ?

Creatividade, ideas utópicas, ideas factibles, posibles proxectos públicos, posible expropiación, posibilidades legais e políticas, a vontade de pobo, un posible referendum?....

Día 5, sábado, na Lonxa, as 19 horas

Ignoraron a invitación:
• Representante Caixanova
• Clara Millán, Representante BNG
• Enrique Sotelo, Representante PP
• Hector Otero, Representante PSdeG PSOE

Mesa redonda de formato asambleario

Puntos nos que existíu consenso:

1. A lei asegura e regula a participación do cidadán na planificación urbanística

2. O Foro Social ten participado mediante alegacións no Plan Xeral do 2005 e mediante comentarios ao documento de inicio, suxerencias ao Consello de Urbanismo e suxerencias ao avance no Plan Xeral actualmente en elaboración

3. En todas elas, a reclamación é sempre que O Salgueirón teña caracter PÚBLICO

4. A zona de Punta Balea é indubidablemente chan de protección de espazos naturais

5. O Dominio Público Marítimo Terrestre ten caracter público xestionado pola autoridade portuaria de Vigo. O concello ten que intervir na súa planificación a traveso dun Plan de Usos e un Plan Especial, e tamén pode reclamar a súa DESSAFECCIÓN como terreos portuarios en razóns de interese xeral.

6. Os terreos do Salgueirón eran rústicos antes da entrada en vigor da Lei de Costas no 98, e seguen a ter características de rústicos, polo que se lle pode aplicar unha servidume de protección de 100 ou incluso 200 m.

7. A zona do Salgueirón inclúe viais, camiños públicos e terreos municipais e particulares

8. A superficie A EXPROPIAR a Atlántico Construcciones y Promociones S.L. aínda sen aplica-la servidume de 100 m, sería duns 100.000 m2

9. O prezo do terreo o fixaría un Xurado de Expropiación. En Moaña pretenden expropiar terreos para zonas verdes a 20 €/m2. Estes 100.000 m2 custarían entón 2 millóns de Euros. O pago non tería por qué ser inmediato

10. Para obter esta expropiación fai falla vontade política e PRESIÓN CIDADÁN

11. As ideas sobre qué facer en estes terreos son múltiples pero unha das que ten máis forza é a de crear no Salgueirón o gran PARQUE que Cangas precisa para equilibrar o deu deficit de zonas verdes (-270.000 m2 no 2004)

12. As naves existentes (patrimonio a protexer) parece evidente que deberan estar dedicadas a equipamentos públicos e á promoción de emprego

13. Existen recursos públicos para estas inversións? A resposta volta a estar na presión cidadán. Precisa o corredor do Morrazo un desdobramento que custaría 36 millóns de euros?

14. Sobre un posible referendum hai unha cuestión ben clara: NON SE PODE PROPOÑER A VOTACIÓN UNHA OPCIÓN ILEGAL. Non sería posible votar polo tanto porto si ou porto non. As administracións deben resolver primeiro as cuestións legais. Sí se podería propoñer votar sobre unha EXPROPIACIÓN suxeita a lei.

Obxectivos:

1. Esixir transparencia e o fomento da adecuada PARTICIPACIÓN cidadán na planificación urbanística do noso concello

2. Insistir na correcta cualificación do solo de protección de espazos naturais de Punta Balea

3. Insistir na falla de legalidade de situar zonas verdes en terreo forestal ou comunal

4. Expoñer claramente ao pobo de Cangas a disxuntiva entre zona verde no Salgueirón ou zona verde nos terreos dos veciños/as

5. Esixir a Concello, Xunta e Goberno Central que os nosos impostos se dirixan a un beneficio REAL para o pobo de Cangas

Cangas, setembro de 2009
>> Ampliar datos foro social cangas


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: 5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó06-09-2009
houbo invitacións? como iades a invitar a quenes chorreades con insultos....
v
RE: 5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó07-09-2009
Invitáronse a representantes do Grupo Atlantico Promociones Inmobiliarias, de Caixanova, do BNG, do PSOE e do PP.
E débense sentir moi importantes ou estar moi pouco seguros/as de que os seus argumentos se podan defender sen porras porque nen sequera se dignaron a dar acuse da invitación
Salgueirón público 100%
RE: 5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó09-09-2009
Que dicir do trio Clarita, Héctor, Sotelo??? Pra que?? Eles sempre do lado da promotora e de Caixanova. Que lles cunda indo de costas ó pobo, os veciños e mariñeiros teñen que seguir coa loita...
Bolxevique
RE: 5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó09-09-2009
loita,loita,loita,loita,loita?
Estos piensan que viven una cruzada?
Locos!
juja
RE: 5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó09-09-2009
Qué pensábades? que íamos ser dóciles e ter medo da vosa prepotencia? e crer coma parvos vosas mentiras engarabatadas?
Informádevos ben antes de metervos en outra, hai algún que aínda non se cré a que vos colou...
benvidos a Jauja
RE: 5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó11-09-2009
FOROS SOCIAL ¿qué os creeis? en urnas salisteis elegidos?. Por qué pensaís que representaís a alguien? Solo sois una banda..........daís asco. No dejaís desarrollar al pueblo, y por vuestra culpa tenemos a casi toda la juventud fuera. Fuera el Foro social de Cangas. Queremos un Cangas tranquilo, en que sólo gobiernen los representantes legales salidos de las urnas.
unamas
RE: 5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó11-09-2009
Que pena.As denuncias que fai o Foro Social e a mellor solucion para acabar coa especulacion.Marina Atlantica non ten ningun permiso legal.Cangas e un dos pobos mais vivos de Galicia.Pobos dormitorios,non gracias.
TINO
RE: 5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó15-09-2009
GHA GHA GHA! aghora a culpa da emigración Cangueira é do Foro Social!! Dios que te crew....válghame!! non é bo faserlle caso a calquera que che veña a come-la ourella.......hai que estar máis atenta ó que pasa ó noso redor.....estudar a prensa con coidado e humor......que minten máis que falan! e rebuscar entre linhas. Infórmate un pouquiño e non deghas esas cousas tan....absurdas.
dioooormío
RE: 5ª E úLTIMA MESA REDONDA SOBRE MASSó21-09-2009
Mira, e que de verdade que mezclades cousas que non teñen nada que ver;para empezar ¿que é para ti desarrollo?destrucción??despois,cres realmente que os xóvenes non teremos que marchar si "desarrollan" a zona do salgueirón???venga ya!!cmo vos poden enganar así?Os xovenes xa levamos muito tempo tendo que marchar por ahí adiante pa safarnos a vida,e creo eu que si queremos DESARROLLAR o pobo habrá que facelo de forma sotible,non sei si che sona o térmo,pero resumindo e que non queremos traballo para 2 días,nin queremos que nos enchan o pobo de empresas que xa veñen coa plantilla incorporada,nin queremos que desfagan en definitiva un pobo cos recursos que ten cangas(ou tiña) xq muitos xa foron polo aire(ou bueno,foron desarrollados),e ós que van a ir agora inda lle aplaudides??...en fin!!!Deixade que desarrollen,deixade que xa falaremos dentro duns anos,cando isto sea un pobo dormitorio e os xóvenes,non tan xóvenes para aquela,teñamos q facer as nosas vidas fora,non so temporalmente cmo agora.Claro que queremos que cangas se desarrolle,é loxico,pero non a calquer prezo.
para unamas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados