Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://blowjobzz.com/dating/david-hussey-dating-expert/
Indispensables
Donde ...
Guia
4ª MESA REDONDA SOBRE MASSó04-09-2009
Haz click para ampliar 1- Massó: espazo público e ecoloxía

O Salgueirón na actualidade, necesidades da vila de Cangas. Natureza, ecoloxía e paisaxe. A ría de Vigo como unidade biolóxica. Protección da ría. Proxectos destrutivos na ría. Urbanismo, espazos libres e zonas verdes. Protección e mellora ambiental. A natureza como recurso...

Día 3, xoves, na Lonxa, as 19 horas

Asistentes:
• Antonio Lores, Plataforma pola defensa da Enseada San Simón
• Alberto Pastoriza, Representante de Anduriña
• Begoña, Representante de Verdegaia/Ecologistas en Acción
• Cándido Martínez, Representante de Luita Verde
• David Middleton, Amigos do Morrazo Verde
• Pedro Ferreiro, Biólogo da confraría de Bueu
• Celso Carballo, Natura Céltica

Disculparon a súa asistencia:
• Tino Quintela, Federación Ecoloxísta Galega, envióu mensaxe con opinións
• Representantes Greenpeace

Ignoraron a invitación:
• Arquitecto Marina Atlántica
• Representante BNG
• Representante PP
• Representante PSdeG PSOE

Moderador:
• Tiago Pérez, Foro Social de Cangas

Puntos nos que existíu consenso:

1. A ruína actual do Salgueirón é deliberada e ten o obxectivo de inducir á opinión pública a crer que unha operación especulativa na zona vai ser un cambio a mellor
2. O crecemento desordenado da vila de Cangas ten-a despoxada de espazos públicos que non sexan espazos naturais de obrigada protección
3. A utilización de espazos naturais como zonas de lecer pon en perigo a biodiversidade
4. O noso entorno natural está sometido a unha intensa presión humana que o deteriora, deteriorando tamén a nosa calidade de vida
5. O entorno natural, a paisaxe, é noso máis valioso patrimonio común
6. A ría constitúe un ecosistema de características únicas que funciona como conxunto, o propio ser humano forma parte del
7. O deterioro actual da ría parte do desprezo do ser humano pola vida que o rodea
8. Existen intereses que, en vez de tentar voltar ao equilibrio co entorno, avogan pola destrución total deste, sen contar con que iso significa tamén a nosa destrución
9. A presión na ría de Vigo provén de diferentes factores: urbanístico e de infraestruturas, industrial, de sobreexplotación...
10. Todos eles teñen remedio e existe lexislación que os controla. O problema está na falla de aplicación da lexislación e na falla de capacidade da xustiza para controlar o seu incumprimento
11. O control cidadán, individualmente ou a traveso de colectivos resulta fundamental
12. Unha moi especial atención tense que prestar á planificación. Unha ceda intervención e unha opinión pública forte pode parar proxectos que doutro xeito resultarían moi dificultosos de evitar
13. Sempre é máis doado o traballo en positivo que o traballo de pura oposición, pero na situación actual, esta é imprescindible
14. Un entorno natural en bo estado proporciona calidade de vida e é de por si fonte de emprego. O coidado do entorno crea emprego, moitas actividades precisan dunha calidade do entorno alta, o valor engadido aumenta...



Obxectivos:

1. Avanzar na sensibilización cidadán ante o medio ambiente e en que sexa o propio cidadán o que reclame de políticos e administracións o coidado ambiental
2. Avanzar na conciencia de que os propios cidadáns teñen que controlar e xestionar, a traveso dos mecanismos de participación, os bens públicos e que recibirán beneficio por iso
3. Achegar o convencemento á sociedade de que o verdadeiro progreso non pode estar enfrontado co coidado ambiental, é máis, que unha calidade ambiental alta é progreso en si mesma
4. Reclamar un coidado axeitado para todo o entorno do Salgueirón: as súas naves, os seus peiraos, varadoiros e praias, o seu valioso intermareal, a súas xoias botánicas e incluso o seu trazado urbanístico
5. Reclamar especial atención a Punta Balea como espazo natural de alto valor que debe ser protexido restrinxindo de xeito racional a actividade humana nel
6. Reclamar de novo a ampliación da Rede Natura ate incluír tódolos espazos protexidos no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia (NNSS provinciais e espazo 6 Cabo Home, que chega ate Punta Balea, hoxe solo rústico de protección de espazos naturais)
7. Reclamar a cualificación de estes terreos da UA-27 no PXOM como de protección de espazos naturais
8. Reclamar a creación na UA-27 do gran parque que Cangas precisa, integrando os seus espazos botánicos de valor, respectando a urbanización actual e rexeitando novas edificacións
9. Rexeitar, evidentemente, a construción do aparcadoiro de embarcacións, esixir a paralización das obras e o rescate das concesións da zona, desafectando os terreos da actual cualificación portuaria
10. Estudar usos para o dominio público de Massó acordes coa súa definición de PÚBLICOS, investigación, formación medioambiental, servizo ao Parque das Illas Atlánticas, atención a catástrofes, etc..

Cangas, setembro 2009

>> Ampliar datos foro social cangas


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados