Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Go Here
Indispensables
Donde ...
Guia
3ª MESA REDONDA02-09-2009
Haz click para ampliar
3- MASSÓ: RECURSOS PESQUEIROS E EMPREGO

Recursos pesqueiros na ría de Vigo, recursos na área do Salgueirón, os artes, valor económico dos recursos, repercusión na poboación, o “desmantelamento” da pesca de baixura e o marisqueo, os intereses privatizadores na costa, utilización do dominio público. Proxectos especulativos, o seu efecto. Proxectos de centros comerciais, o seu efecto sobre o comercio cangués. Posibilidades de creación de emprego sobre as instalacións de Massó...

Día 1, martes, na Lonxa, as 19 horas

Asistentes:
• Evaristo Fernández, Patrón maior Confraría Cangas
• Fernando Broullón, Presidente Asociación navalleiros
• Antón Fdez. Cordeiro, doutor en Bioloxía

Disculparon a súa asistencia:
• Manolo Camaño, dirixente da CUT

Ignoraron a invitación:
• Representante Consellería de Pesca
• Bieito Lobeira, BNG
• Representante PP
• Representante PSdeG PSOE

Moderador:
• Tiago Pérez, Foro Social de Cangas

Puntos nos que existíu consenso:

1. A ría de Vigo ten unha das produtividades pesqueiras máis altas do mundo

2. Esta produtividade foi a causa da alta densidade poboacional da zona e incluso da súa expansión industrial

3. As cifras de emprego directo dependente do mar na ría son:
• 9.900 mariñeiros/as
• 1.124 mariscadores/as
• 2.373 acuicultores/as
• 2.109 empregos en terra

4. A venda en lonxa de pesca de baixura da zona 7 achégase os 3,5 millóns de euros anuais (2007)

5. A venda en lonxa de produtos do marisqueo achégase aos 13,6 millóns de euros

6. Hai unhas 100 embarcacións auxiliares á acuicultura (mexiloéiros)

7. A zona que ocuparía o proxecto de porto no Salgueirón ocuparía uns 270.000 m2 dos que 40.000 m2 serían recheos e dragaríanse uns 6.000 m3

8. A declaración de impacto ambiental recoñecía o posible impacto sobre a praia de Rodeira e establecía medidas de “vixiancia ambiental”.

9. O informe emitido pola consellería de Pesca recoñece a gran riqueza ambiental da zona, con 261 especies entre as que se atopan as algas coralinas maerl (brughal), indicadoras de moi boa calidade dos fondos.

10. Ese mesmo informe nomea como especies explotadas na zona tres especies de algas, ameixa rubia, reló, ameixa babosa, carneirolo, volandeira, berberecho rabioso, saltón, marolo, algas pardas, pintos, robalizas, sargos, raias, chocos, polbos..

11. Fálase da importancia pesqueira da zona ao ser refuxio de pesca cando non se pode faenar noutras zonas.

12. O informe conclúe que para efectuar o proxecto deberíase demostrar o interese público do mesmo e iniciar os trámites de expropiación das autorizacións pesqueiras existentes nel. O informe declárase preceptivo e vinculante

13. Evidentemente, non é posible demostrar a utilidade pública dun porto deportivo privado. O informe de Pesca foi ocultado de xeito delictivo.

14. Faenan na zona unhas 325 embarcacións de toda a ría

15. O valor en lonxa dos recursos extraídos na zona pode ser superior ao millón de euros anuais

16. A destrución da zona faría perder eses recursos e podería afectar gravemente á saúde ambiental de toda a ría (é unha zona relativamente estreita, hai menos de 1,5 millas ate o recheo de Bouzas)

17. Os recursos dos mariñeiros repercuten sobre a poboación en terra

18. As administracións tratan á pesca de baixura como un sector a “desmantelar” cando é unha actividade sustentable que ofrece produto de alta calidade que podería estar moito máis desenvolvida se estivera ben xestionada

19. A motivación de ese trato pode ser a presión privatizadora do litoral: o mariñeiro molesta a esa privatización

20. A autoridade portuaria de Vigo funciona como unha grande axencia inmobiliaria que ocupa o litoral, o destrúe e especula con él

21. Case o 70% das actividades que se realizan en terreos gañados ao mar poderían realizarse en outra ubicación. Se fan onde se fan porqué resulta “barato” para eles ocupar o mar. En realidade é caro pola destrución ambiental e de emprego que aparella.

22. A contaminación tamén ten remedio, pero as inversións para solucionala non son tan rendibles para un político como os paseos e os parques infantís.

23. A construción de portos “deportivos” susténtase na privatización de litoral público para vender o m2 de amarre a prezos que oscilan entre 500 e 3.000 €/m2

24. Veñen normalmente asociados a promocións especulativas en primeira liña de costa

25. Os barcos amarrados nestes aparcamentos de iates utilízanse unha media de 13 días ó ano

26. O plan director de portos deportivos presentado no 2008 proxectaba máis de 6.000 novos amarres para a ría de Vigo e unha ocupación de lámina de máis de un millón douscentos mil metros cadrados (1.250.000 m2)

27. Os 6.000 novos amarres crearían 40 empregos directos e destruirían os recursos que sustentan centos deles

28. Ademáis dos portos deportivos existen proxectados máis de 210.000 m2 de recheos portuarios

29. No proxecto especulativo ideado para Massó proxéctase un centro comercial de 25.000 m2 que tamén se pretende desenvolver usurpando dominio público (un terzo da fábrica de Massó)

30. Este centro comercial suporía unha competencia formidable para o pequeno comercio cangués (900 empregos) chegando a producir o peche da meirande parte dos comercios, a xeración de emprego precario e mal pagado e un empobrecemento do pobo pola perda das rendas que xeran os alugueres dos baixos onde se desenvolve.

31. As posibilidades de creación de emprego utilizando as actuais instalacións de Massó son enormes: amarre de flota mexiloeira, base en terra para Parque de Illas Atlánticas, varadeiros, reparación de bateas, naves para equipamentos, espazo feiral, oficinas para xoves empresarios, investigación....

Obxectivos:

1. Creación dun frente común ante novos recheos na ría

2. Denuncia da contaminación e esixencia de inversións e vontade real para solucionala

3. Resaltar a importancia da pesca de baixura e reclamar unha maior atención, inversión e promoción nela como sector de futuro

4. Denuncia da perniciosa e ilegal actuación da autoridade portuaria de Vigo

5. Esixencia dunha planificación portuaria (Plan de Usos) suxeita a avaliación ambiental e que respecte de xeito estrito os recursos produtivos

6. Esixencia de legalidade estrita por parte de tódalas administracións ante proxectos que podan afectar aos recursos

7. Reiterala denuncia ao concello de Cangas por non esixir licenza municipal ao proxecto de Massó e esixir novamente a paralización inmediata das obras

8. Solicitar a colaboración do pobo de Cangas e os seus comerciantes ante un proxecto que ten un fin unicamente especulativo

9. Reiterar dun xeito absolutamente claro que a confraría de Cangas non considera o porto como unha cuestión negociable nin subsanable cunha indemnización, unha destrución irreversible é imposible de indemnizar.

10. Reiterar que haberá unha resistencia firme a calquera intento de retomar as obras pola forza

11. Esixencia dunha planificación transparente e participativa para o futuro de Massó a traveso do desenvolvemento do Plan Xeral

Cangas, setembro de 2009
>> Ampliar datos foro social cangas


COMENTARIOS A ESTE MENSAJE

RE: 3ª MESA REDONDA03-09-2009
zzzzzzzzzzzzZZZZZZZzzzzzzzzzzzzZZZZZ dadesme sono tios
eu
RE: 3ª MESA REDONDA04-09-2009
Pois anda que seguir repetindo que o concello non pode facer nada............
hai delito
RE: 3ª MESA REDONDA05-09-2009
tendremos que ir ahorrando para cmprar Massó a Marina Atlántica + las indemnizaciones.
Tiene el Concello de Cangas suficiente liquidez para esta gestión?
al grano
RE: 3ª MESA REDONDA05-09-2009
Ao prezo que pretenden pagar en Moaña as expropiaciones para zonas verdes, 20 €, e descontando o dominio público, os viais e o chan de protección de espazos naturais, poden ser uns 100.000 m2 que saen a 2.000.000 € (dous millóns de euros). O presuposto anual do concello está polos 15 millóns, tampouco parece tanto para pagar en cómodos prazos coa financeira adecuada.
E o das indemnizacións eu o deixaría para que foran os que cometeron os delitos os que se poñan a reclamalos, usurpación de dominio público, convenios fraudulentos, obras sen licencias, abandono do patrimonio... seguro que teñen bos avogados, que os teñan telos entretidos uns cantos anos, ate o momento é o pobo de Cangas o que está a traballar para evitar o roubo.
agora vos
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados