Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  FALAMOS CON :: UXIO BROULLON
Contoume un paxariño que coñeceche a X.X Millás o escritor e columnista ...
Coñecer coñecer... falei unha chisca con el na feira do libro de Madrid hai dous anos, e firmoume dous libros. O que eu quería firmado era "La soledad era esto" e ese día foi cando me dixo que o meu conto (El pollito amarillo) xa o mandara ao prelo de El País, pero non manteño trato con el nin nada, é máis, concluín que xamais entendeu os meus contos. Dixo en Babelia: “o conto de Uxío non sei se é bo ou malo, se é bo é moi bo e se é malo é moi malo...“ jajajajaja :P

E ti ... ¿ Ti entendes a Millas? ¿ Gustanche o seus contos ?
A min gustoume... como era? " El desorden de tu nombre " e cando vin a Madrid trouxen comigo " la soledad era esto ". Comeceina ler aquí, e vin moitas ligazóns coa miña situación, a miña nova situación. A protagonista descubría os diarios da súa nai morta recente ...

Os pensamentos que vertes no teu weblog, ás veces déixanme aparvada : O da feixoada e os alieníxenas, a tua analoxía da fregona ... ¡ Ti tes alma de escritor !!!
Eu escribin uns cadernos durante dous anos que son o xérmolo disto. Como che dicía antes, en " La soledad era esto ..." nese libro a prota topaba cinco cadernos (penso eran cinco) azuis que eran o diario da súa nai, e eu rematara había pouco outros cinco cadernos iguais, da mesma cor, pero iso non ten relación coa páxina senón coa miña chegada a Madrid:P
Na vida hai ligazóns por todas partes como na miña páxina, a muller decidiu dar un xiro á súa vida, rachar con todo ... e eu vin a Madrid a facelo mesmo. As rúas onde acontecía a trama da novela estaban preto de onde eu moraba en Madrid, era coma unha revelación ... Eu queria coñecer a Millás, e mira ti coñecino ;)

Xa me dixeches que admiras ó escritor galego Suso de Toro, pero ... ¿ Cal é o teu músico galego preferido?
Ai, a min gustoume moito o primeiro disco de Xosé Manuel Budiño, mas agora penso que se está “Heviando” un pouco :P, e a Mercedes Peón ten unha voz que mete medo... Fóra diso o Deluxe, paréceme que fai cousas interesantes, aínda que a min os que me gustaban moito eran Moncho e mailos Sapoconchos, un grupiño de Vigo de hai moitos anos, que penso nada máis sacaron un miniLP . Non estou moi posto ao día na música...

¿ E cal é o teu libro de cabeceira agora mesmo ?
Agora estou lendo Los amigos del crimen perfecto, de Andrés Trapiello, por recomendación da Alice... mas o meu “libro” é, desde que o lin Rayuela, de Julio Cortázar, que por certo este é o ano Cortázar. Rayuela, foi unha conmoción...

Estou segura que che gosta o cine ... ¿ Cal foi a derradeira pelicula que miraches e que impresión sacache dela?
A última? A última foi Moza con pendente de perola, gustei bastante dela, está ben collida a luz dos cadros de Vermeer, e non hai que deixar de ollar as mans de Griet durante todo o filme. Mas eu recomendo, das últimas que vin, O xefe da estación (The Station Agent), na España chamada Vías Cruzadas (había que mandar ao paro a algún tradutor de títulos). É un filme divertido ao tempo que fondo, que fala das relacións humanas, do valor da amizade, das diferencias que chegan a unir... como xa dixen antes.

Preguntas capciosas ;) ... ¿ Que pobo do Morrazo gustache máis ? Ten en conta que podes ferir sensibilidades coa tua resposta :P
O Morrazo é todo moi bonito :P

Sabes nadar e garda-la roupa ¿ Eh ?... mais preguntas capciosas ;) ¿ Que tes coma fondo de escritorio ?
Unha muller núa :P non, a serio, teño o fundo azul, co logo do ictioscopio en relevo. Non son moito desas caralladas...

Mudando de ponla ... ¿ Que come un galego en Madrid? Ahí non tendes o peixiño da Ria, nin o pulpiño da Ria, nin as centoliñas ... O botarás de menos digo eu ;)
Pois fago por comer de todo... peixe como menos. Aínda así, cando vou ao Piñeiro traio ovos, cebolas, tomates, patacas... :P Hai uns anos, a moza que botara en Madrid, traballaba daquela metendo e sacando maletas nos avións en Barajas, dicía “no sé que llevarán los gallegos en ellas, pero pesan-a-dios...”, e un día veu recollerme a Chamartín e axudoume a levar as miñas e dime, “que traes aquí?” “patacas”, “ahora lo entiendo todo...”

Pra rematar un típico tópico ... ¿ Nunca pensache na posibilidade de deixalo todo e marchar a vivir nunha illa deserta ? ¿ Que tres cousas levarias contigo ?
Como é moi típica tópica, non a respondo :P

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir esta web
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados