Pois pensando que nome poñerlle un compoñente dixo que nos podiamos chamar coma o monte mais alto do Hio e como todos somos do Hio pois ese é o noso nome: RABUÑALDES.
¿ A que músicos tradicionais admirades e porque ?
Para nos dende Os Campaneiros, Os Airiños do Mar, Os morenos de lavadores ata xavier Blanco e Milladoiro. Hai moitos e moi bos que durante anos foron facendo unha labor moi importante pola musica tradicional de Galicia.
E xa para rematar ... ¿ Que cousas parécenvos intolerables a nivel musical ?
As malas referencias que ten a xente sobre a música tradicional e o pouco apoio que se da os colectivos que intentan facer calquera tipo de actividade relacionada coa música tradicional.
O exemplo mais claro témolo na Escola de gaitas que se fixo este ano na provincia de Pontevedra para crear unha banda de gaitas provincial que, co apoio da deputacion de Pontevedra, recibiu subencións que os grupos tradicionais que levan moitos anos pedindo e non puideron acceder a elas. O mais triste e que esas bandas de gaitas non son tradicionais xa que son bandas marciais ( bandas militares ). A disposición das gaitas ( coa disposición dos seus elementos cambiada, ronco e ronqueta arriba e forma do fol retangular e non redondeada ) a percusión ( de alta tensión ) e os traxes que levan non son tradicionais de galicia.
Podedes obter tódala información en la web del Colectivo en defensa da gaita
Delmorrazo.com - Enero 2006
Ver otras entrevistas >>
|
|