¿ Quen ou quenes están detrás de Emerxe Morrazo ?
Os patronos da Fundación EmerxeMorrazo son o Concello de Bueu, Fecimo, a Asociación Troula na Banda e Feliciano Nogueira, avogado e asesor legal da Fundación. Unha das virtudes desta fundación e a comarcalidade e a aposta pola cultura de entes tan heteroxéneos coma os anteriores. Os patróns non só están relacionados co mundo da cultura, por exemplo Fecimo participa activamente na fundación e amosouse moi comprometido co proxecto dende que llo propuxemos, ao representar ás asociacións de comerciantes de Bueu, Cangas e Moaña é un exemplo perfecto de comarcalidade que tamén se implica coas bases da cultura do Morrazo.
Actualmente estase a traballar para que os outros Concellos do Morrazo que inda non forman parte da fundación se nos unan canto antes, pero coma tódalas postas en marcha, as cousas para facelas ben hai que darlles o seu tempo. Agardamos que neste ano se poidan integrar algún deles, as nosas portas estarán abertas xa que consideramos fundamental o compromiso dos Concellos coa cultura no Morrazo .
No tocante á xestión diaria da Fundación, as caras visibles da fundación e quenes traballarán con artistas e demais axentes no programa EmerxeMorrazo somos Jordi Lorenzo e eu ( Diego Fernández ), se ben contaremos coa colaboración e apoio dos demais patróns.
 De buena tinta - Imagen promocional |
¿ Son moitos os grupos da comarca adheridos a EmerxeMorrazo ?
Actualmente estamos a traballar con 9 grupos musicais de Bueu, e tamén estamos a conversar co grupo de teatro do Instituto Johan Carballeira de Bueu e con outros artistas plásticos. A Fundación Emerxe Morrazo estase a estruturar para conseguir dar cobertura a un maior numero de disciplinas artísticas, xa que inda que a Fundación naceu a través dun evento musical, o proxecto é facer unha aposta integral por tódalas formas de expresión culturais e artísticas da comarca, coma o teatro, a pintura ou a escultura, por exemplo.
|
No noso foro discutiuse fai algún tempo sobre a utilidade da vosa fundación ... ¿ Qué beneficios lle pode aportar ós grupos do Morrazo o pertencer a ela ?
Os beneficios son múltiples, cando un artista está a comenzar, son moitas as dúbidas que pode ter e as carencias que debe mellorar. Sendo conscientes disto, a Fundación deseñou un plan de acción para os artistas que colaboran con nos.
Nun comezo procedese a análise da formación artística a tódolos niveis, tanto técnico, coma de promoción, comunicación, etc. Consideramos que hai que dotar ós artistas duns requisitos ou características mínimas necesarias á hora de plantexar á realización de calquera actuación.
Tras esa parte, analízanse cos artistas por separado as súas carencias e plantexanselle posibles melloras, facendo un seguimento dos resultados das recomendacións.
Ademais, as partes mais coñecidas das accións da Fundación Emerxe Morrazo están relacionadas coas actuacións dos seus artistas. Neste ámbito temos o convenio de colaboración co Festival Troula na Banda, no que os artistas do Programa Emerxe Morrazo teñen cabida, e o Festival Emerxe Morrazo San Martiño, que organiza directamente a Fundación, e no que tocan artistas do programa, ademais de contar co apoio dos artistas invitados que entenden o traballo que se está a facer cos artistas emerxentes, exercendo moitas veces de mestres para os artistas que empezan a súa andaina.
Tamén óense voces que se queixan de que traedes grupos de fora en lugar de promocionar os grupos da nosa bisbarra ¿ Que opinades disto ?
A Fundación Emerxe Morrazo organizou o Festival de San Martiño no que ademais dos artistas do programa estivo un grupo que foi seleccionado de entre outros candidatos porque ademais da compoñente artística, sempre se mostraron moi interesados en colaborar co programa que axudaba a outros artistas, e toparon unha excelente forma de colaborar vindo a tocar con nos. Entendemos que esta labor de mentorización para nada perxudica aos grupos do Morrazo, senón todo o contrario, xa que ao ser grupos con maior experiencia e a vez implicados no aprendizaxe dos grupos emerxentes axudan moitísimo aos novos artistas emerxentes xa que os poden aconsellar, a fin de contas, eles tamén coñeceron no seu dia as dificultades de crecer no panorama artístico.
Outra das accións nas que a Fundación Emerxe Morrazo se implicou este ano, foi co Festival Troula na Banda, coa inclusión de tres artistas do Emerxe Morrazo no seu cartel. Neste caso, a promoción dos artistas do programa a través das accións de comunicación do Festival Troula na Banda sen dubida levan os seus nomes moi lonxe, ademais de brindar un escenario e condicións de primeiro nivel e de dar a oportunidade de compartir mesa e mantel con outros artistas de infinidade de sitios.
Calquera das dúas formulas obtén excelentes resultados para os artistas.
¿ Ten algún custo pertencer a Emerxe Morrazo ?
Como artista non supón ningún custo entrar no Programa Emerxe Morrazo. Para regular as relacións entre ambas partes se firma un acordo de colaboración no que se especifica que é como se vai a traballar, o que pretendemos e que xurdan o maior número de artistas posibles no Morrazo, e isto era incompatible con cobrar por entrar no programa.
¿ Tendes algún tipo de axuda ou subvención ? ¿ De quen ?
A Fundacion Emerxe Morrazo é unha entidade sen animo de lucro. Coma tódalas entidades semellantes, pode recibir subvencións de entidades publicas, e tamén patrocinio de empresas privadas. Estamos a traballar en distintos frentes para conseguir mellorar os nosos orzamentos e dar así unha maior cobertura ós artistas. Actualmente non contamos con ningunha subvención, pero tentaremos que tanto as administracións coma as empresas privadas da Comarca se unan á nosa causa e colaboren neste proxecto.
|