Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
dating websites madison wi
Indispensables
Donde ...
Guia
O PESOE DE CANGAS30-10-2006
xa estamos fartos de que prepotentes como alfredito e contrabandistas como o salias se fagan co poder do noso partido en cangas.afiliados loitemos en contra deles.adiante
chicho


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O PESOE DE CANGAS30-10-2006
Se queredes facer algo bo (parvo de min por decilo) polo voso partido e malo polo que somos doutro, tirar a eses chupóns e poñer a Tomás Abalde de candidato. Teriades unha candidatura máis digna.
Zutabe
RE: O PESOE DE CANGAS30-10-2006
Oes, ¿e porque non lavades os vosos trapos suxos de portas para adentro, que é como se fan as cousas nos partidos serios?
EX-SOCIALISTA
RE: O PESOE DE CANGAS31-10-2006
QUE POUCO ENTERADO ESTAS CHICHO PA SER MILITANTE SOCIALISTA NON TE ENTERACHE QUE QUEN TRUXO A ABALDE O PSOE DE CANGAS FOI O CONTRABANDISTA DO SALIAS COMO TI LLE CHAMAS QUE PASOU ERAN SOCIOS OU AMIGOS QUEN ERA MAIS CONTRABANDISTA E PORQUE SE ROMPEU A RELACION QUEN DOS DOUS TIÑA A MAN MAIS LARGA PORQUE DE CAZO EU CREO QUE DIXO ABALDE SABE BASTANTE SI NON QUE LLO PREGUNTEN OS ARMADORES E OS SEUS COMPAÑEIROS DE CHOYO QUE NINGUN LLE FALA
SOCIALISTA
RE: O PESOE DE CANGAS31-10-2006
estou hasta os mesmisimos chilidrins de ker niste foro como os trapalleiros, salvapatris e "guardians das esencias", predican do que lles sae do seu dateriorado cacumen cheo de aserrin noxento para difamar a outros escudándose no anonimato ou contarnos monsergas sobre o bo que son uns e o malisimos que son os outros. Mira intelixente chichito (habia un parviño na Pedreira que chamaban asi) si sabes que hay contrabandistas, ladróns ou timadores en algúnha parte e non están na cadea, o que tes que facer e denuncialos poñendo o teu nome e apelidos (si tes o que hai que ter) no xulgado. O resto e facernos perder o tempo para que nos liemos a decir o que nos parecen as ideas tan brillantes que se che ocorren no water para coller ¿vantaxe? no lío eleitoral que vos taredes os do psoe que desde que non mandades en Cangas andades desnortados e a ver quen pilla mais tallada das miserias que gañades cos catro indocumentados que vos votan sin que o merezades o mais minimo. Vai rañala chicito, vai rañala psoe, ir a rañala enganabobos do grelo
Hastaosmesmisimos
RE: O PESOE DE CANGAS31-10-2006
Mesmo para os que non somos do PSOE, pero somos persoas normais, resúltanos patético esa liorta chunga que vos traedes, non só nesta denuncia, senón tamén noutras anteriores. Se se vos fai caso a algúns que ides de militantes, o voso partido está cheo de traficantes, corruptos, timadores, ineptos, chupóns... ( e as palabras non as poño eu, escribístelas vós). Sede un pouco serios/as, por favor. Dirimide as vosas liortas nunha asemblea do partido ( como se tedes que rematar a berros) e dade unha imaxe máis aorde cunha organización que aspira a co-gobernar este Concello.
A este paso, a verdade, eu xa non sei se alguén vai querer pactar convosco, sexades primeiros, segundos, terceiros ou cuartos.
COCHENO
RE: O PESOE DE CANGAS02-11-2006
O que non está moi decatado, ou non lle interesa decatarse, do que pasa no PSOE de Cangas é quen firma "socialista", aínda que non parece que o sexa moito.

Se o fose sabería que Abalde é militante da Agrupación de Cangas desde marzo de 1996, e antes xa o era da Agrupación de Vigo, da que pediu o traslado.

O chamado Salías é militante da Agrupación de Cangas desde o verán do 2004 (antes as súas simpatías atopábanse próximas a Esquerda de Galicia, logo INMO, dos señores Pazos e Cid Novoa, ou polo menos nesas compañías víaselle), e precisamente entrou da man dos señores Lois Pena e Eugenio González, secretario xeral e secretario de organización na actualidade. Os mesmos que deron entrada no PSOE de Cangas a Fredy Iglesias.

Por certo, se ese "socialista" cre que o tal Salías é un contrabandista o que debería facer é presentar a correspondente denuncia ante o xulgado ou a garda civil. Naturalmente non o fixo porque o que estila ese individuo é a cobardía de acusar amparado no anonimato.

Unha cousa é xogar a desinformar e outra moi distinta é facer acusacións sen fundamento e fácilmente rebatibles. Hai que ter ciudado con isto último, e no ser tan torpón como este "socialista" do carallo.
"SOCIALISTAS" FANTASMA
RE: O PESOE DE CANGAS03-11-2006
Chegados a este punto, eu xa estou por facer unha colecta entre os usuarios do Foro e contratar a Colombo para saber quen é ese "socialista" que cada poucos días ven a lavar os trapos suxos do partido en cuestión; sempre escrebe en maiúsculas, con faltas de ortografías, seseo e gheada, omitindo palabras ..... e facendo rumoroloxía.
Xoan
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados