Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Read Full Report
Indispensables
Donde ...
Guia
SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.28-10-2006
Levo un par de días sen poder ler estas páxinas e vexo que unhas poucas chorradas e varios problemas -serios- de Cangas, relegan a problemática de Moaña a unha terceira fila. Como se nós nos tivesemos de que falar (sen cair no localismo facha).
E como si que temos, propóñovos un tema: O non-nato Auditorio de Moaña.
Cancelas reclamoullo o outro día na prensa á Xunta de Galicia como unha débeda con Moaña. Fervenza xa saiu ao quite para descalificar. Este cheira a ladrillo e pensa ¡aquí debe haber negocio!, sen saber que un Auditorio é un centro de Cultura ¿Asistiría o ínclito Deputado a un acto dese tipo na súa vida? -Si, e hai ben pouco. Á romaría do leñador.
¿Parécenos normal ás/aos moañesas/es que sexamos unha das poucas vilas do país, de máis de quince mil habitantes, que non teñamos Auditorio e nin sequera proxecto para construílo? ¿É que os nosos gobernantes -os de antes máis, pero tamén os de agora- non nos consideran merecentes de infraestructura tal? ¿Haberá que empezar unha campaña reivindicativa? Eu apúntome. E vós, ¿que opinades do asunto?
AMEIXOADA INDEPENDENTE


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.28-10-2006
Suscribo todo o que dis. Moaña foi un dos pobos máis castigados pola xunta do PP. As veces penso que hubo unha persecución directa. Incluso cando gobernou o PP en Moaña esta discriminación, non solo continuou, senón que aumentou. Estou de acordo con Xan Cancelas cando dí que hai unha deuda historica que hai que compensar. Pobos do mesmo tamaño que Moaña, como Lalín, teñen un parque industrial público en cada parroquia, piscina municipal e dous auditorios.
O novo goberno galego solo leva funcionando un ano e topouse con situacións como a de que os cartos destinados a piscina municipal de Moaña foran gastados durante a campaña electoral do PP. Perp, sea como sea xa vai sendo hora de que se poñan as pilas. Non pode ser que nun sitio no que a asistencia ó teatro desborda non haia un auditorio. Xa está ben de que seamos os de Moaña os que enchemos o auditorio de Cangas.
Silencio
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.28-10-2006
O grave non é que non teñamos auditorio. Non vos parece máis grave que a biblioteca municipal leve 4 meses pechada? A data de re-apertura non fai máis que prorrogarse. É que en Moaña non se le, nin se estuda? Este verán a biblioteca de Cangas estaba ateigada de xente de Moaña polos exames de setembro...
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.28-10-2006
Exactamente, qué se denuncia con esta queixa. ¿As carencias de medios materias de índole cultural que sofren inxustificadamente os habitantes de Moaña? ¿Ou os réditos de políticas relativamente remotas caracterizadas pola omisión?. Pois para o segundo, os "dous de sempre" ben poden citarse noutro sitio.

Coincido con "sen nome" en que a situación da biblioteca e moi, e mais, grave. Todo un agravio comparativo coas vilas veciñas.
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.28-10-2006
Non se trata de políticas remotas, ahí está o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzan, unha persona que odia a Moaña, que sigue recollendo os cartos do moañeses e gastandoios noutros sitios. Non hai máis que ir a Castiñeiras dende a Cruz da Maceira para comprobar o que digo, por non mencionar moitas outras carreteras da Deputación en Moaña, que contratan coa inversión que fai en sitios veciños.
Resulta curioso que cando os fondos bibliograficos de Moaña, tódalas bibliotecas públicas, colexios e institutos se poñen en rede e o acceso de todo o mundo, ou cando, pro fin, se producen obras de ampliación e instalacións fundamentais na biblioteca central se produzan as críticas. Sona igual que o da plaza. 30 anos abandonada a parte superior e cando se decide facer unha inversión no saneamento da plaza e acondicionar a parte superior para local cultural, icluindo a instalación nel da escola de música aparecen todo tipo de quiexas e obstrucións. Parece que hai quen non quere que se faga nada e si se fai algo hai que torpedealo como sea
Silencio
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.28-10-2006
Efectivamente, se se trata de reivindicar un Auditorio e xa empeza un con que a biblioteca e que sei eu, é normal que non teñamos nada. ¿É que non se pode reivindicar o Auditorio e estar a favor de ter tamén a mellor biblioteca do mundo?. O mellor bibliotecario xa o temos.
E agora virá outro coa piscina, co campo de fútbol, co centro de saúde... necesidades IMPOARTANTES todas, pero que unhas non poden quitar as outras...
Se non o vedes... ¡ASÍ NOS VAI E NOS VAI IR!
MEIRA D´ARRIBA
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.28-10-2006
"Silencio", deixa de latricar día sí e día tamén (hora a hora neste Foro) e ponte a traballar por Moaña, e senón sucríbete a un xornal con columna propia que as denuncias dos cidadáns non peitoriles para discursos.
sr. x
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.28-10-2006
Por que será que hai xente que prefire que non de a miña opinión?
Silencio
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.29-10-2006
Pois a min gustame lerte silencio, non vas moi desencamiñado non. A verdade que entrar neste foro e mirar o que se conta nel e un dos meus intereses diarios e ainda que nunca escribin nada gustame observar o debate do que pasa na nosa bisbarra dia a dia contado pola xente de aqui.
E moito mais natural e mais cercano que o que conta o faro.
Anxo
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.29-10-2006
¿ E que pasa cos de Bueu e Marin ? ¿ Non teñen internet ou que ? Dende logo por aqui non se queixan moito
Un de Bueu
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.29-10-2006
en marin non temos nin auditorio nin vergonza dos politicos, so lles impota o porto e que a cidade se morra de asco se fai falla, nen sequera se ve a policia polas ruas,non me extraña que todos queiran de destino marin porque non fan nada, e non se mollan por nada,vexo mais os nacionais que os municipais,e3 o peor e que todos tragamos,inda acabamos de consentir que lle arreglen o cura unha zoa que en teoria e do pobo, pero eso si para que faga con ela o que el quera
marinense jodido
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.29-10-2006
Todo moi ben:
Pero, o Auditorio para Moaña, que? Necesítase ou non nos fai falla para nada?
AMEIXOADA INDEPENDENTE
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.29-10-2006
Siempre lo mismo. Que resentidos sois los de Moaña,ahora con lo del auditorio. Por que no reivindicais un Hospital para el Morrazo que mas falta hace.
un mais
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.29-10-2006
A ESTES INCOMPETENTES QUE TEMOS POR GOBIERNO, QUE NIN SELLES OCURRA POÑERSE CO AUDITORIO. X AFISERON UNHAS ACERAS EN RAMÓN CABANILLAS E A SENTE MARÉASE E RESBALA CANDO BAIX POR ELAS. FISERON UN PASEO NO CON E LEVÁNTANSELLE AS TABLAS E CÁENLLE AS FOLLAS DAS PALMEIRAS. PUSÉRONSE A REFORMAR CONCEPCIÓN ARENAL E DONDE ANTES NON SE ASUNTABA UNHA GOTA AHORA HAI CHARCOS HASTA NAS ACERAS. PUSÉRONSE A REFORMAR A PLAZA E TÉÑENA FEITA UN ALBOIO. PUSÉRONSE A REFORMAR A BIBLIOTECA E LEVAN OS NOSOS PROBES FILLIÑOS CATROS MESES SIN PODER IR A LEER. FISERON UN PROXETO DE PISCINA E SOLO TEN UN VASO. FISERON UN PROXETO DE PUNTO LIMPO E ESTÁ ENRIBA DOS POZOS DA AGUA. EN FIN, POR ENRIBA DE QUE NON FISERON NADA, TODO O QUE FISERON ESTÁ MAL FEITO. ¿COMO QUEREDES QUE SE POÑAN A FASER UN AUDITORIO? O QUE TEÑEN É QUE IRSE PA CASA QUE AHORA TÓCANOS A NÓS.
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.29-10-2006
Veña Silencio, contéstalle ó das maiúsculas, xa que tes unha opinión que marca a Historia. Ala ¡¡¡
Sr.x
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.29-10-2006
Non podo ,X. Metechesme moito medo. Como resulta que vas a poñer de novo en marcha a censura...
Silencio
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.30-10-2006
Sr. x: Definitivamente, os do PP estades chalados. Basta con escribir con maiúsculas, faltas de ortografía e dicir barbaridades para deixarvos contentos. Polo menos, sen darte conta, acabas de reconocer que o tripartito nestes tres anos fixo o paseo do Con, reformou Ramón Cabanillas e Concepción Arenal, está a punto de acabar a refoma da Plaza de Abastos -un pouco rara, a verdá, pero xa veredes como cando volvan os turistas no mes de xulio e lles digan ós de Moaña o ben que quedou van a estar de acordo; meteuse a reformar o Daniel Castelao, que xa facía 10 anos que tiñan que reformalo; conseguiu un compromiso serio para construír a piscina municipal, que o PP sempre lle roubou a Moaña; creou unha Casa da Xuventude e un Centro de Día; conseguiu que se aprobase o proxeto para rexenerar a praia da Xunqueira, dotou as praias de Moaña de servicios que antes non tiñan, e así logrou a bandeira azul para a praia do Con, algo que nos tempos do PP sonaba a cachondeo, porque esas eran cousas que solo pasaban en Cangas e en Sanxenxo. E como aínda lle quedan muitas ideas e muita gana de traballar, ten unha proposta para instalar o punto limpio, para trasladar o campo de fútbol municipal, para construir a primeira guardería pública, para reformar o barrio do Real... e para construir o Auditorio municipal. ¡Ollo ó piollo, porque vos queda muia oposición que roer ós que nunca fixestes nada, non tedes nada que facer e non queredes que os demais fagan nada por Moaña. ¡E o peor de todo é que vos creedes todas as parvadas que repetides! Iso é para entrar no Guines.
O DAS MAIÚSCULAS
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.30-10-2006
¡Estes do tripartito, dende logo, son uns atrevidos, por non dicir outra cousa!.
¡Mira que poñerse eles a colocar as táboas do paseo e as plaquetas das beirarrúas e a "faser" as reformas da praza e da biblioteca! Claro, así como van acabar as obras e quedar ben se ningún é constructor nin albanel.
Pero eu sigo co do Auditorio... ¿Necésitámolo ou non? Mais aínda, ¿querémolo ou non? Pero sempre e cando o faga unha empresa constructora á que se lle adxudique, claro, que estes do tripartito non van saber botalo arriba.

Ah, anónimo das maiúsculas: O pobre do teu fillo non pode ir á Biblioteca (temporalmente), pero tí non a pisaches moito nos anos que leva aberta, nótase.
AMEIXOADA INDEPENDENTE
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.30-10-2006
Para o que asina co nome de "os das maiúsculas" é escribe en minúsculas.
Xa que eres mais papista co Papa, voute a correxir, galego de primaria. Aprende; reconocer é recoñecer/ verdá é verdade/ xulio é xullo/ proxeto é proxecto/ guardería é gardaría/ servicios é servizos/ limpio é limpo.
Xa o di o refrán, a ignorancia é moi atrevida.

De nada.
outro que se apunta o carro
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.30-10-2006
Para corrixir ao corrixidor:
Velaí unha relación de faltas no teu escrito:
e (conxunción) sen til.
co (ca+o) = có
correxir = corrixir

¡Listiño!
BAIXA DO CARRO, NENO
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.30-10-2006
Penso que é preferible non fixarse tanto nas fallas, nin en galego nin en castelán, que tamén as hai. O importante é que quen queira decir algo o diga, si o fai en galego mellor que mellor, pero non é un bo sistema atacar polas posibles fallas.Polo demáis, xa din a miña opinión sobre o tema. Con ralación ós últimos comentarios provintes da dereita moañesa, solo decirlles que me da a impresión de que nesta ocasión van a ter moi dificil aguantar o quinto concelleiro. Ten que pasar máis tempo, sacudirse un pouco a caspa dos Rajoy, Acebes, Zaplana e compañía e, sobre todo en Moaña, presentarse da man de Louzán e Sotelo como aparecía o outro día na prensa, non é boa idea. Fixeronnos e siguen facéndonos, na medida en que poden, moito daño a tódolas moañesas e moañeses.
Por certo, Ameixoada, Xan Cancelas decía na súa rolda de prensa que non ter concedido o Auditorio sería un fracaso persoal seu e de todo o goberno municipal como tal. Estando de acordo digo máis, sería un gran fracaso do actual goberno da Xunta, do que sería toda a responsabilidade, sin que, neste caso, valga botarlle a culpa ó PP.
Silencio
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.30-10-2006
A ver Silencio, eu son x, pero Sr., polo tanto non me quites o tratamento. seguno, que iso da censura, mira vouche a dar unha oportunidade. Eu agardo hasta o xoves (así miro "Cuéntame como pasó") e mentras tanto colles testemuñas dalgún artista de Moaña (para o Auditorio que se demanda), cantante, actor, intérprete ou músico que non teña sitio onde mostralo seu talento. O programa o poño eu. Xa sabes, hermanos Quintero, Benavente, Buero Vallejo e cousas así. Non vai ser que o talento moañes que agrome vai por mal camiño. A ruta xa a dirixo eu. Ala, ata o xoves.
Sr.x
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.30-10-2006
Dende logo, sr. X non sei se esta última intervención é producto dunha arroutada ou é un "acto reflexo" que te delata.
¿A estas alturas aínda non sabes que de Moaña son algúns dos actores e actrices máis importantes do panorama teatral e televisivo do país? ¿Non te enteiraches de que temos músicos de talla internacional? ¿E artistas plásticos con grande proxección? Pero claro, dúas compañías de Teatro Profesional con gran presencia de moañeses/as ou pintores e escultores con gran proxección, danse de alta ou abren os seus locais en Cangas porque aquí non poden nin traballar nin amosar o seu traballo. Que conste que coas infraestructuras que temos faise o que se pode, non o poño en dúbida. (Aínda menos mal que algo vai habendo!)
Silencio, estou de acordo en que a responsabilidade é dos que gobernan agora, o Concello e mais a Xunta (sen esquecer aos que en máis de vinte anos non fixeron nada), pero lémbrovos a todos/as que en Cangas houbo UNIDADE e UNANIMIDADE entre a xente e os colectivos á hora de reivindicar o Auditorio (contáronme que ata o crego nun sermón do Cristo) porque ninguén concede nada graciosamente. E aínda así tiveron que loitar anos. Aquí, co apoio que se cheira, a ver se para o século XXII.
AMEIXOADA INDEPENDENTE
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.31-10-2006
x, tes que procurar non beber tanto
Silencio
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.31-10-2006
Mecachis, xa me estropeachedes a soneca. Silencio, que non me volvas quitar o tratamento, e a ver Ameixoada ou Couto Mixto do Morrazo. Os artistas que traballan en series como Libro de Familia, A vida por diante, os que fan curtametraxes que van ó Festival de Sundace (USA), os gaiteiros, ou os escritores que gañan premios de novela por entregas na Voz de Galicia, todos eses oriundos de Moaña, non conta. Estas artistas xa están consagrados; igual lles da por poñer unha pegatina que di "Non á guerra", e iso non queda ben o meu carón.

Pero para que mires que os da dereita sabemos o que é o gobernar "para el pueblo pero sin el pueblo", vouche traducir si fai falla ou non un Auditorio en Moaña;

a) como ningún artista se queixou de ter que desprazarse,
b) e como ningún moañes tampoco o fixo (Silencio, ti non contas porque non eres do meu partido): pois resulta que polo de agora o Auditorio ten que agardar o século seguinte. Ala, xa arreglei a comarca e xa gañei o día.
Sr. x
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.31-10-2006
¡Ah, impacientes, malditos impacientes! Habrá auditorio, piscina, campo de fútbol, guardería, punto limpio. En primavera las plantas del Paseo en vez de hojas tendrán billetes de cien euros y el Vaticano bajará el precio de la birra. Todo esto lo he visto yo en el ojo del culo de Zeus. Pero antes tendreis que acertar a quien votar. Y eso, no he podido verlo porque cerró el culo.
ORA CULO DE DELFOS
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.31-10-2006
Pois ao mellor ata tes razón, señor x, e éche ben triste, pero o certo é que (á parte de Silencio, que ten máis moral que o Alcoiano) ninguén se molla, Moaña estará sen Auditorio per sécula seculorum. Pero, ¿que importa se somos os máis cachondos do Universo?
A min dende logo, non me afecta moito, como ben dís, eu son do Couto Mixto (entre Coiro e Abelendo) e agora. coa Vía Rápida, chego antes á Avenida de Marín que ao Bronx moañés.
¡Un bico no x!
RE: SÉCULO XXI. E MOAÑA SEGUE SEN AUDITORIO.01-11-2006
Pero, ¿ Para qué queréis un auditorio si luego no lo vais a usar? Recordemos que la juventud del Morrazo se divierte con otras cosas que no son la cultura precisamente¡NO DOY EJEMPLOS! En vez de solicitar que se recalifique terreno para la construcción de viviendas al lado del mar y favorecer así el turismo, os dedicáis a chorradas que luego no valoráis ¡QUE PENA!
PACO DE ESPAÑA
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados