Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
call of duty infinite warfare matchmaking problems
Indispensables
Donde ...
Guia
CAZAINDEMNIZACIÓNS27-10-2006
Haz click para ampliar Unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condenou este mes ao Concello de Vigo a pagar una indemnización a Miraflores Vigo, promotora do xa coñecido por nos Ubaldino Rodríguez. A cantidade varía entre os 16 millóns de euros que calculan os técnicos municipais vigueses e os 40 que reclamaba a empresa.
Os feitos veñen desde o 1992, cando o concello firmou con Ubaldino un convenio urbanístico. Por casualidade Dolores Villarino foi concelleira en Vigo do ano 91 ó 95, sendo responsable de urbanismo, aínda que parece que non foi ela a que asinou o convenio. O convenio o rompeu no 2003 Ventura Rodríguez, que chegou ao concello de Vigo coa ilusa intención de limpar un pouco de merda.
Ubaldino propón en Massó unha actuación estrela, emblemática, aínda que o que podamos mirar non son máis que catro máquinas vellas, un valado cotrento e catro obreiros baixados do monte (no ano que levan xa se están a civilizar algo) que só fixeron barrabasadas denunciadas por delito ecolóxico.
Os de Caixarouba deben mirar que si non é por un lado será por outro, pero que non se pode desaproveitar unha ganga como esta e menos tendo na man altas institucións, xuíces, periódicos e o que faga falla.
Por outro lado ter entretida a xente que botou abaixo o Plano Xeral de Sotelo (aínda que sabemos que iso o vai a reclamar para si o BNG), e a ser posible asimilalos a delincuentes ou terroristas, sempre será beneficioso para coller aínda que sexa un cacho do gran pastel que fixera con tanto traballo Sotelo e Gomez Millán.
E en qué acabará isto? Xa se mirará. Ninguén fala dos 254.579,71 euros abonados a Arteplan por facer o que fixo, nin do tempo perdido (dende o 2001), nin das 3.000 alegacións que bos cartiños costaron. E para que nos topemos outra vez comezando cos mesmos erros. Un pouco de sentidiño.
presunto delincuente


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CAZAINDEMNIZACIÓNS27-10-2006
Massó solución xa!
Kankas
RE: CAZAINDEMNIZACIÓNS27-10-2006
O ubaldino ese do carallo ten moi pouca vergonza deixándose caer por Cangas cando lle peta. Vai haber que lle dar un tirón de orella. Primeiro dicía que non estaba interesado no de Massó mentras o indemnizasen, pero ben se ve que ese carallo ten grandes espectativas para ese proxecto porque a pasta que hai en xogo é moitísima, se non de que ía estar metida aí no medio Caixanova.
Massó-Tse-Tung
RE: CAZAINDEMNIZACIÓNS27-10-2006
O que deberiades é seguir coa campaña contra CAIXAROBA, que moita xente xa cancelou as súas contas. Pero máis alá diso, era conveniente facer algumha movilización, algunha movidita....
Liberto
RE: CAZAINDEMNIZACIÓNS27-10-2006
Yo lo que miro es que el tiempo pasa y esto no se soluciona. Están jugando al desgaste con los vecinos que están allí dando la cara. Lo que no saben los especuladores y la autoridad policial, es que esa peña está mentalizada para resistir mucho más tiempo si hiciera falta.
CANGAS NO SE VENDE!!
Pucho
RE: CAZAINDEMNIZACIÓNS27-10-2006
Non queremos aí en massó eses putos camións. Como llo hai que explicar a Ubaldino e a Caixanova e ós políticos locais implicados nesa merda, agora tamén o bloque.
Alicate
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados