Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://japan-sanmarino.com/mujeres-solteras-de-hialeah/
Indispensables
Donde ...
Guia
QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
ESTA MENXAXE VAI DIRIXIDA A TODA AQUELA XENTE QUE DI LOITAR POLO POBO DE CANGAS E A SUA CONSERVACIÒN, PORQUE AINDA NON MIREI A NINGUEN MANIFESTARSE CONTRA O CHABOLISMO E AS CONSTRUCCIÒNS ILEGAIS QUE ACONTECEN O LONGO DE TODA A NOSA COSTA DO HÌO, PARECE SER QUE COMO XA SE DA POR PERDIDO , E QUE DA IGUAL QUE EN PUNTA COUSO HAXA UN PORTAL CUN SEGURATA , QUE NON DEIXA PASAR A XENTE , QUE TODO PUNTA COUSO CONTINUE A TER TITULARIDADE PRIVADA , QUE EN PLENA PUNTA SUBRIDO (Rede natura) HAXA DUAS OU CASI TRES VIVENDAS ILEGAIS CUN MONTE DE TERRENO PECHADO , QUE NA PRAIA DE PINTENS HAXA UNHA CASA CUIA PORTA DA A PRAIA , QUE NA PRAIA DO PORTAL SE EDIFIQUE A 10 METROS DO MAR , ETC.........
A UNICA VEZ QUE LEMBRO QUE SE LOITOU CONTRA TODA ESTA OCUPACIÒN DO NOSO CHAN, O POBO DE CANGAS QUEDOU NO MAIOR RIDICULO DA SUA HISTORIA , XA QUE OS QUE SE FACIAN CHAMAR PROPIETARIOS DESTAS CHABOLAS , CASI LINCHAN OS REPRESENTANTES DO CONCELLO QUE NAQUELA EPOCA ERA DO BNG , ¿ONDE ESTABAN OS SALVADORES DE CANGAS DAQUELA , ONDE ANDABA MARIANO?
O PROBLEMA CONTINUA ATA NOSOS DIAS E NINGUN DOS SALVADORES DE CANGAS PROTESTA POR ESTAS ANIMALADAS , XA QUE ISO NON VENDE NA PRENSA , E ADEMAIS NON INTERESA.
!QUE VERGOÑA!
O`HIO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
e os concellais da oposición que fan? Son bastantes e é o seu traballo.
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
O único concelleiro que fai algo é Abalo, pese a quen pese, pero o que non pode pretender a xente é que un só ou un grupo só estea en tódolos frentes. A xente que se implique cona! Que despois cando nos chega a merda á porta da casa botámo-las mans á cabeza.
Nuno
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
O convenio de Massó tamén está a carón da costa. Foche ti algunha vez por alí a botar unha man?
Tim
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
o curioso e que xa a ninguén se lle ocurre que sexan os que están no goberno os que chollen..
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
Isto xa é o colmo, que os da oposición sexan os que teñen que impedir as aberracións na costa, como se pode dicir iso, cando so un grupo foi o que desde sempre denunciou incluso a risco persoal estas ilegalidades lle guste ou non os que ahora tanto odian o BNG(so se trata de subir nas eleccións a costa dun partido nacionalista) para iso están as hemerotecas e as actas públicas, so ai que leer para saber falar, cando un se posiciona en contra dunha desfeita coma as ilegalidades da costa ou Masso ten que poñer tamen solucións.
Tamen estamos aqui
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
Por certo eu tamen estiven en Masso ata que se comenzou o ataque indiscriminado por os que votamos bng e nos votastes a todos de alí, eramos moitos, pero ninguen quer estar onde se lle insulta, e mentras continuedes co voso ataque non esperedes axuda, seguide así, so lograredes que os partidos "españolistas" gañen votos.
estou aqui
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
¡Manda carallo cos beneghetas! Agora resulta que foron eles quen loitaron no sei día contra as ilegalidades na costa. Así queren falsear a historia.
"O Concello era do BNG" dí o que se fai chamar O Hío, e queda tan pancho.
Primeiro: O Concello non é de ninguén máis que dos veciños e veciñas.
Segundo: É certo que a única vez que se perseguiron e derrubaron construcións na costa, a alcaldía era do BNG (Euloxio), pero non é menos certo que o goberno era "cuatripartito". ¿Sabedes o que significa? Catro partidos: BNG, PSOE (López Freire e outros), FPG (Abalo e Moncho) e EU-EG (Pazos). E os "catro" arrimaron o ombro nesa loita, e membros dos "catro" foron perseguidos e agredidos polos infractores, non só os "pobriños" do BNG, adalides únicos da legalidade. E se algún deles o foi con máis saña ese foi López Freire, daquela concellal de obras (ardeulle o coche, por exemplo).
Así que non vos penduredes medallas que non vos corresponden. ¡E menos en exclusiva!
Efectivamente hai hemerotecas que non vos deixarán manipular a memoria como pretendedes pra lavar a vosa cara.
COCHENO
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
tes toda a razón o hio.
yoya
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?26-10-2006
SI COCHENO , ERA UN CUATRIPARTITO , PERO EU ESTABA NA CASA DA CULTURA O DÌA QUE OS CONCELLAIS DO BNG TIVERON QUE SAIR ESCOLTADOS POLA POLICIA MUNICIPAL , E... ¿DONDE ESTABA MARIANO E TODA LA TRUP? PORQUE EU NON O MIREI .
AQUILO FOI A VERGOÑA DOS QUE SE FAN CHAMAR DEFENSORES DE CANGAS QUE COA BOCA CHEA , AGORA INSULTAN A XENTE QUE SIMPATIZA CO BNG .
POR CERTO , EU ESTIVEN EN VARIAS CONCENTRACIÒNS CONTRA A DESFEITA QUE VAN FACER EN MASSO , PERO DO QUE ESTOU COMPLETAMENTE CERTO E QUE A MIN NON ME MANIPULA NINGUEN .
ADEMAIS , ¿PORQUE NON SE PROTESTOU ANTES POLO DE MASSO , SE XA SE SABIA QUE ERAN UNS TERREOS SUCULENTOS PARA ESPECULAR? , PORQUE NOS ACORDAMOS DE SANTA RITA SEMPRE CANDO CHOVE , COMO DI O REFRAN .
E ADEMAIS SE LLE PODEMOS QUITAR PROVEITO NAS ELECCIÒNS MELLOR QUE MELLOR.... HE?
O`HIO
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?27-10-2006
Mira O´HIO, bloqueiro ou como cona te chames. Probaches a mete-la cabeza no váter e a tirar da cadea. Que hemerotecas nin que parvadas? Xa sabemos de ides co de Massó? Que pasa con Consultora Galega? De que ides? E ves dicindo que estiveches nas movilizacións. En cales? Nas da alameda a cheirar. E se estiveche en Massó foi hai un ano cando estaban os mariñeiros e todo dios. Porque é o que facedes:política de avestruz. Se fose moita xente a Massó, o cal é imposible durante un ano, vós seriades os primeiros en estar alí a sacar réditos electorais. Outros cúrranno de verdade, a nivel administrativo e estando a pé de obra. Pero pensades, inxenuos, que a xogada vos vai saír gratis.
Bolxevique
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?27-10-2006
Pobriños os do BNG que non veñen a massó porque os insultaron... É a escusa máis patética que escoitei na vida. Quen a inventou? Taconcitos Lejanos, non?
Beiras machacaos
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?27-10-2006
Os do BNG que calen a boca que a parte do que apunta o camarada a respecto de consultora galega, aínda onte o BNG votou a favor se subir o recibo do lixo un 3.7% correspondente ó IPC. Aínda hai pouco subiran o recibo en 14 euros ó ano. O único que votou en contra foi a FPG. Claro, é como o servizo é tan bo, teñen dereito a meter estas subidas.
Chaplin
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?27-10-2006
Mira O Hio:
Non sigas deformando a historia, que é algo ao que estades moi afeitos no BNG, pero non funciona.
Eu tamén estiven na Casa da Cultura naquel Pleno e, efectivamente, saíron protexidos algúns concellais do BNG, pero tamén outros do cuatripartito. (Por certo, un do BNG quedou por alí chachareando cos ilegais). Como tiveron que saír protexidos varias veces do propio Concello. Os únicos que se movían ás súas anchas eran os do PP, non o esquezas.
Non vaiades de víctimas únicas porque é MENTIRA.

Por certo, o que di o refrán é que algúns se acordan de SANTA BÁRBARA cando TRONA, non de Santa Rita cando chove... Ese debe ser o novo refrán do beneguai para cando se achegan as eleccións.
UN DE COIRO
PARA COCHENO27-10-2006
Falas de hemerotecas pero pareceme que non as cosultas ben. Nesa epoca o concelleiro de EU-EG era Antón Lamapereira.
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?27-10-2006
¿E que ten que ver iso co tema do que se trata, que é o da loita contra as ilegalidades na costa?

Pero xa que te pós estupendo, contéstoche:
A corporación do cuatripartito estaba formada por cinco concellais do BNG (Euloxio, Chillón, Millán, Lima e Severino), tres do PSOE (López Freire, Antonia Iglesias e Arsenio Piñeiro. Ao final entrou Joaquín Molanes por López Freire), dous da FPG (Abalo e Moncho), un de EU-EG (Pazos - 95/97 e Lamapereira 98/99, cando Pazos se foi ao Parlamento) e dez do PP (non poño os seus nomes porque non veñen ao caso e ben que se aproveitaron do asunto).
De todos os xeitos non se trata de reivindicar persoas, senón organizacións, e o BNG non estivo só nesa loita. E paréceme unha falta de respecto, sobre todo a López Freire, pretender facerlle crer á xente que a víctima foi só o BNG, que é repetir unha MENTIRA para tentar facela verdade.

Cando queiras datos sobre calquera corporación de Cangas, escrébeme. Teño unha boa hemeroteca.

Unha aperta
COCHENO
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?29-10-2006
Deixade tranquilos a estes pobriños bneguais, son tan sensibles. Pobriños, acordarvos daquela famosa Asociación de Veciños de Hío-Residentes, gritáronlles un poquito e aos pobriños encolléuselles o buraco do cu. Mentres, a quen perseguían, acosaban e sabe Deus que máis fixeron, era a "sopa, sopa", César López Freire, que tivo que aguantar a hostia.

Estes bneguais son bos para unirse ao follón cando non son eles os implicados, pero cando lles toca, encollen o cu e encondense como galiñas que son. Demostrárono non fai moito co asunto do Plan Xeral. Quen vía a Clarita non como unha Agustina de Aragón senón como unha Juana A Tola, arengando os mozos guais para que insultasen e golpeasen aos concelleiros do PP e do PSOE. Acórdome perfectamente que a cousa non foi a máis porque Mariano tranquilizou ao público mentres A Tola intentaba provocar a agresión. Xa lle tocará a eles recibir a mesma medicina.


a cada porco chégalle...
RE: QUE PASA CO CHABOLISMO E AS CASAS ILEGAIS A CARON DA NOSA COSTA?01-11-2006
Vamos a ver O´HIO, tengo que decirte que todos tenemos derecho a hacer una vivienda donde nos de la gana, siempre en la legalidad, aunque tus ideas nacionalistas te lo impidan, que seria de el morrazo sin las gentes de Vigo que hacen gasto de dinero en vuestras tierras, que sería de la hostelería en la zona de Aldán, o es que piensas que van a vivir los bares de la zona de los pocos cafes que os gastáis al año. MENOS RADICALISMO Y MÁS TOLERANCIA!!!!!!
VIGUES DE PRO
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados