Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
best way to talk on dating sites
Indispensables
Donde ...
Guia
UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
En el día de ayer tuvo lugar en Concello de Cangas, el enlace CIVIL entre el veterano José Enrique Sotelo, del partido promotor y la pizpireta Clarita Millán, joven promesa del nacional-ladrillismo gallego.

Ofició la ceremonia, Consultora Galega, que hizo llegar a los novios los parabienes de su santidad Roca I de España y V de Marbella.

Estuvo presente en el enlace, Mariano Abalo, que afeó a los contrayentes que el suyo no fuera más que un matrimonio de conveniencia.

No acudió a tan insigne acto la socialista Encarna Santos, la eterna novia, que en una ocasión anterior, abandonó, tristemente, al novio al pie del altar.

A punto estuvieron de retrasar el enlace los padrinos del evento, los señores Font, representante de los contructores y promotores inmobiliarios, y Alvariño, representante de los empresarios, que se excusaron ante la imposibilidad de encontratar sitio para aparcar sus bulldozer.

Otro molesto incidente a punto estuvo de dar al traste con tan significado enlace. Durante breves instante corrió el malicioso rumor de que la novia no llegaba pura al matrimonio. Naturalmente, los interesados lo negaron rotundamente, lo cual no evitó los chismorreos propios del público al paso de una novia que evidenciaba un exceso de kilos en la zona abdominal.

Los padres del novio, Doña Corina y don Alberto, abrazaron efusivamente a los de la novia, don Anxo y a su pareja de hecho, el circunspecto y distante Sr. Toba, y se hicieron entrega de diversos regalos en unos coquetos maletines Christian Dior, en auténtica piel de burra silvestre.

Se oyeron alegres cánticos al paso de los contrayentes. La reconocida soprano Carmeliña "A Cubana", cual espontánea, improvisó en el acto. En un alarde sin precedentes hizo vibrar a la concurrencia con una enérgica cantata en la que hizo mención, con una rapidez asombrosa, a todos los antepasados de los novios hasta, al menos, su quinta generación.

Al final de la ceremonia los novios agradecieron los regalos e indicaron que en breve peregrinarían a la ciudad santa de Marbella. Así mismo, señalaron que estaban muy contentos con su nuevo nidito de amor, situado en un duplex a veinte metros de la Ría de Vigo, en la exclusiva y fantásticamente guay, nueva zona residencial Massó Ciudad Imperial.

Desde aquí enviamos muchas felicidades a los novios, y como la insigne Carmeliña, nosotros también los tendremos siempre en nuestro pensamiento.
KARMELE MACHANTE


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
moita jracias juapa,pero non me mandaches o regalo
EL NOVIO
RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
jajajajaja que boa
vig
RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
Como que non che mande agasallo ¿e o maletín que lle dí a Millán? ¿que fixo con el?

Manda carallo, non che podes fiar de ninguén
KARMELE MACHACANTE
RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
Dende logo hai cada bodorrio. Hai que foderse que PP e BNG votarán xuntos para adxudicar o novo Plan Xeral aos mesmos que queren montar "un cristo" en Vigo. Cada vez teño máis claro cales son os intereses destes novos ricos que nos están a enganar. Clara que se poña a traballar dunha puta vez e deixe de vivir do conto e dos meus cartos.

O único que ten vergoña aí é Mariano que se opuxo a esta nova desfeita. E os sociatas, que polo menos están vez fixeron algo ben, non aparecer por alí.

A estes nacionalistas de postín ímoslles a mandar ao rincón de pensar como a nany esa de "La Cuatro".
¡VIVA O DIVORCIO!
RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
deixame parar de rir que non miro as teclas!!!!!
Serán felices e comerán galiñolas da Congorza?
RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
Alucina ver o contentos que se lle ve a estes radikales co ben que está Cangas. As Normas Subsidiarias en vigor deben ser acojonantes, porque non fai falta redactar un novo Plan Xeral nin rabo de gaita. Chega con seguir escarallando San Roque e a Pedra Alta, seguir medrando en plan "Far West" pola carretera de Coiro, atrancar aínda máis a rúas no Atranco, levantar por todas partes edificios de seis alturas sin un metro cuadrado de zona verde nin un parque infantil... Velázquez debe estar arruinado co voso "conservacionismo", colegas. Con joder a Caixanova, Sotelo, Clarita e Ubaldino e agora á Consultora, esta tropa de descerebrados xa se queda contenta. E ó resto cos cangueses que nos dean polo cú. Para "modelo urbanístico" o que xa temos. Igual conseguides salvar Massó, pero para a merda que vai a quedar arredor, millor que non salvedes nada. ¡Pobre Cangas! Con tanto descerebrado, alá vai ó carallo o "pueblo encantador".
CHORONA
RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
ya os decia yo que estos do BNG ya apestaban tios dan puta pena que se vayan a la mierda clarita y compañia askerosos democratas de mierda que ya huelen a poder estos tienen mas peligro que el PP entre estos y los sociatas y los peperos nos urbanizan todos los montes y nos asfaltan toda la ria ¿QUE OPCION POLITICA NOS QUEDA?
que miedo
PARA CHORONA24-10-2006
1. Un PXOM mal xestado e mal elaborado
·O PXOM de Vigo xestouse sen un debate previo que tivese ampla participación cidadá e un adecuado
asesoramento multidisciplinario. O PXOM licitouse sen sequera convocar un concurso de ideas. A cidadanía
non puido participar na elaboración colectiva dunha idea racional e sostible do Vigo futuro.
·O PXOM non parte dunha correcta diagnose e prospectiva de Vigo. Non está redactado con criterios de
ordenación racional do territorio e sostibilidade. Non foi elaborado coa debida coordinación e cooperación
interterritorial (Estado, Xunta, Área Metropolitana, Rexión Urbana) e intraterritorial (Porto, Zona Franca,
Aeroporto). A cidadanía non puido participar corresponsablemente no deseño do Vigo futuro.
2. Un modelo económico insostible e especulativo
·O PXOM non basea o seu modelo económico nos sectores estratéxicos de Vigo (porto, pesca, industria,
I+D+i) e na súa situación estratéxica na Eurorrexión. Non prevé a conveniente diversificación en novos
sectores de alta tecnoloxía. Non prové o solo industrial necesario para cada sector, non coordina a súa
distribución na Área Metropolitana, e non deseña a súa integración sostible no territorio, preservando a
identidade, o medio ambiente e a paisaxe das parroquias afectadas.
·O PXOM non valora a potencialidade económica do territorio e dos sinais de identidade de Vigo, no
contexto das Rías Baixas, como obxectos dun turismo de calidade atraído pola natureza e a cultura.
·O PXOM, co obxectivo teórico de potenciar a cidade na Eurorrexión e financiar o propio Plano, adopta a
economía da construcción, modelo insostible baseado na inversión especulativa, que depreda o territorio, fai
inasequible a vivenda e crea cidades desertas. A cidade actual ten 293.000 habitantes (18.000 parados) e
122.000 vivendas (18.000 baleiras). O PXOM prevé, en 25 anos, unha cidade de 400.000 habitantes, cunha
demanda de 85.000 novas vivendas e unha capacidade máxima de 140.000. Semellante cidade podería
acoller entre 497.000 e 629.000 habitantes.
3. Un modelo territorial insostible, que destrúe irreversiblemente o medio ambiente e a paisaxe
·O PXOM carece dunha concepción ecolóxica do territorio. Extende o medio urbano dende o actual 35,5%
ata o 66% dos 106 km2 do municipio, e reduce o medio rural dende o 64,5% ao 34%, o que supón un
consumo insostible de territorio e a eliminación dunha valiosa diversidade. Non rexenera nin protexe o
medio ambiente e a paisaxe, senón que os destrúe en gran medida e de xeito irreversible.
·O PXOM elimina o 60% da actual superficie agrícola (14,6% do territorio), o 20 % da superficie de cultivo
forestal (25,3%) e un 68% do medio rústico e natural restante (24,6%). O PXOM reduce gravemente a
diversidade biolóxica, cunha extinción media do 15% das especies vexetais e animais. O PXOM reduce a
franxa de policía de cauces de 100 a 25 m, non respecta as franxas de protección de costas de 100 m.
(Estado) e 200 m. (Xunta de Galicia), e destrúe acuíferos e humedais valiosos.
4. Un modelo urbanístico insostible e de baixa calidade
·O PXOM renuncia á rexeneración de Vigo e non o transforma nun espazo público de vivencia, convivencia,
lecer e cultura. Non respecta a súa persoalidade histórica diversa (urbana, mariña e rural, portuaria e
industrial, galega e universal), e non conserva nin xera espazos que acubillen os seus sinais de identidade e a
súa tradición. Ignora os conceptos de beleza e natureza no deseño de Vigo, e non restaura a súa relación
física, visual e cultural co mar e co territorio.
·O PXOM promove un urbanismo despersonalizado e inharmónico. Conxestiona o núcleo urbano con 69
torres de gran altura que empequenecen a cidade, desmitifican o entorno natural, aumentan o caos da paisaxe
urbana e constitúen novas barreiras entre a cidade, o mar e o territorio. En lugar de poñer en valor o rural,
faino desaparecer mediante a súa urbanización masiva con bloques de media e baixa altura. Destrúe 15.000
vivendas e absorbe 84 dos 95 núcleos rurais. Conxestiona o litoral e ocupa os últimos espazos baleiros do
rural costeiro.
· O PXOM non crea unha cidade humana e policéntrica de corte europeo, que promova o espazo público, os
desprazamentos curtos e a mobilidade sostible, senón que deseña, sobre o caos actual, unha superestructura
de feitura norteamericana que promove os non lugares e a mobilidade insostible.
2
5. Infraestructuras insostibles e con graves deficiencias técnicas
·O PXOM non xustifica a necesidade da Ronda de Vigo, nin estudia alternativas viables. As evidencias
mostran que a Ronda é a punta de lanza para a urbanización masiva do rural. O equipo redactor do PXOM
non avalía o seu grave impacto ambiental e paisaxístico, nin a destrucción de vivendas que provoca, nin a
destrucción de patrimonio arqueolóxico ocasionada polo seu trazado.
·O PXOM non prevé infraestructuras viarias que promovan a mobilidade sostible (tren de proximidade,
metro lixeiro, transporte marítimo). Non acomete a integración ambiental das grandes vías (falsos túneles do
segundo cinto; soterramento do acceso N do AVE e a AP-9). Non prevé a conexión ferroviaria Bouzas-
Salvaterra, nin a saída S do Ave. Tampouco corrixe as eivas do viario actual.
·O abastecemento de auga e o saneamento do PXOM están deseñados para 350.000 habitantes. O
abastecemento non contempla as previsións demográficas de todos os concellos abastecidos. O saneamento
non prevé a localización dunha nova depuradora, nin a necesidade de depuradoras sectoriais urbanas e
industriais, e non deseña a separación das augas pluviais e residuais na rede actual. O PXOM non deseña a
xestión dos residuos xenerados pola súa propia execución.
6. Un PXOM socialmente inxusto e culturalmente destrutivo
·O PXOM utiliza o territorio, patrimonio natural e ben público, como un obxecto de negocio privado. Un
negocio que degrada a calidade de vida dos vigueses (no núcleo urbano) ou a destrúe (no rural), e que
provoca un innecesario realoxamento e cambio de vida de milleiros de persoas.
·O PXOM prevé un 20% de vivendas de protección oficial, o mínimo legal. Compárese co establecido en
Andalucía (30%), Navarra (50%) San Sebastián (75%), e na futura Ley del Suelo do Estado (25%).
·O PXOM degrada e non restaura os referentes culturais do núcleo urbano. Destrúe a cultura rural, pois fai
desaparecer o seu hábitat e a súa paisaxe cultural, e desarraiga vital e emocionalmente os seus veciños. Non
cataloga nin protexe adecuadamente o patrimonio histórico e arqueolóxico. Ignora, afecta e incluso destrúe
unha parte importante dos xacementos. Non conserva o patrimonio mariño e industrial.
7. Un PXOM falto de lexitimidade democrática e con forte contestación social
·Dada a inexistencia dunha verdadeira Axenda 21 Local operativa, ben asesorada e non manipulada, os
cidadáns non puideron participar activa e corresponsablemente nun debate previo para elaborar unha idea de
Vigo, nin no seu deseño e desenvolvemento a través da redacción do PXOM.
·O PXOM non fixa a secuencia espazo-temporal da súa execución, senón que a deixa en mans dos
promotores (entre o 75% e o 91%). Polo tanto, a configuración da cidade no tempo non dependerá da súa
extensión coherente sobre o territorio, senón dos mecanismos do mercado.
·O PXOM recibiu 61.067 alegacións asinadas por 81.067 cidadáns e colectivos. 21.055 cidadáns solicitaron
o seu sometemento a un referéndum. Isto constitúe a meirande contestación social a un PXOM en España (O
PGOM de Sevilla AI-2005, segundo máis contestado, recibíu 6.900 alegacións).
8. Un PXOM con graves evidencias de ilegalidade
·O Dictame titulado Examen de Legalidad del Plan General de Ordenación Municipal de Vigo describe os
seus incumprimentos da normativa obrigatoria europea (Directivas EIA & EAE), estatal (RPU, RDL-EIA,
LC, LPHE, LRSV, LRJAP) e autonómica (LOUG, LOT, LSG, LMAG, D-EIA, LPHG), en canto a Territorio,
Sostibilidade, Avaliación dos Impactos Ambiental e Paisaxístico, Estudio Económico-Financieiro,
Clasificación do Solo, Infraestruturas e Protección dos Bens Patrimoniais. O Dictame revela a necesidade
dunha nova exposición pública do PXOM, dacordo co RPU e a LOUG, e do seu sometemento a EAE. Tamén
mostra a súa inadecuación á Estratexia Territorial Europea.
·O Dictame conclúe que o PXOM incurre en causa de nulidade de pleno dereito, conforme ao disposto na
Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y Procedimiento Administrativo Común.
·O PXOM non cumpre os compromisos da Carta de Aalborg sobre desenvolvemento sostible, asinada dúas
veces polo Concello de Vigo (2004 e 2006) nin a Ley 9/2006 sobre Avaliación Ambiental Estratéxica. As
evidencias mostran que o PXOM non cumpriría a futura Ley del Suelo estatal, nin a futura normativa da
Xunta de Galicia sobre Ordenación Territorial, Medio Ambiente, Protección do Litoral, Protección da
Paisaxe e Desenvolvemento Sostible.
sin resume posible
RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
Isto xa se vía vir. Sotelo pode ser un facha e un aproveitado, pero non ten un pelo de parvo. ¿Que non me sale o PXOM de Arteplán e con el os convenios de Massó e Aldán, porque os/as cangueses/as son moi cafres? Pois acóllome ao Plan B ou fórmula Vigo. ¿Que empresa hai fundada por beneguais destes que agora ademais ocupan cargos tan importantes como Director Xeral do Instituto Galego da Vivenda e do Solo (BNGé)? Consultora Galega. Pois pactemos primeiro un prezo baixo para que non se presente ningunha máis (xa lle redondearemos o asunto en "especias") e adxudiquémoslle o Plan. Revivamos a pinza viguesa (PP-BNGé) que o "inexperto" Pérez Mariño non foi quen de prever e que lle custou a Alcaldía pra poñer a Corina. ¡E menudo Plan fixeron en Vigo! ¡Unha desfeita! Pero, amigos/as ¡o lucro é o lucro e diante diso non van andar con "remilgos"!

O seguinte paso é poñer a andar a mandados como ese CHORÓN que asina CHORONA ou outros como o Beneguai (se non son o mesmo!) para descalificar a quen denuncie o chanchullo. Claro que se a descalificación é chamarnos "radikales" pois ¡que queren que lles diga! ¡Mellor radical que corrupto, por suposto!
Ah, e todos/as queremos un Plan Xeral, pero non o dos especuladores, senón un que defenda os intereses xerais e a calidade de vida, que como é evidente non casa tampouco coas barbaridades actuais que o tal "chorón" denuncia (aprobadas nas Normas polo Goberno do PP con Chapela, os vosos "socios" actuais, non o olvides).

COCHENO
RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
Esta visto que a los guapos y a los de partido promotor le sobran novias, antes, con Encarna de noche ahora con la taconera del día. Estan siempre están dispuestas a dormir calientey tener asegurada la vejez.
Encarna se divorcio porque esta esperando a que la nombren candidata desde arriba (un error allá ellos) ya que el "compañeiro" no tiene fuerzas a no ser que el partido se lo pida (pura mentira) no se que tendrá la política que casi todos se quieren arrimar a ella.
Calendario
RE: UNA BODA DE POSTIN24-10-2006
Resumindo un pouco: Naturalmente, o ordenamento urbanístico que padece Cangas cumpre con todos eses requirimentos e incluso figura no anexo VI do tratado e Aalborg e é estudiado na facultade de Arquitectura de Moscú como exemplo do modelo de crecemento ideal para o litoral atlántico. As Normas Subsidiarias actuais, froito dun profundo e sesuso exercicio de reflexión colectiva e participación popular, están producindo un crecemento ordenado do noso Concello. As zonas verdes das que disfruta Cangas desde 1995 multiplicáronse por 6, así como os espacios públicos, aparcamentos, etc. As ordenanzas en vigor están promovendo unha incomparable mellora nas calidades e estética das edidicacións e que en todas os núcleos urbanos se estean construíndo viales de 8 metros e beirarrúas de catro metros a cada lado. As actuais normas, como modelo de respeto ó litoral, impediron o crecemento na franxa costeira, poñendo a salvo da especulación paraxes tan importantes para Cangas como o contorno da Praia de Rodeira e a praia dos Alemáns, que quedaron a salvo das edificacións, ou a zona de Liméns, onde se frenou a expasión artificial dos núcleos a costa do solo agrícola. Ditas normas tamén permitiron unha notable preservación paisaxística, que podemos apreciar na Pedra Alta e Balea, así como nos arredores da ermida de San Roque. Unido a unha forte disciplina urbanística emprendida polos sucesivos gobernos municipais, en especial os conservadores, as normas subsidiarias acabaron coa incipiente ocupación ilegal que se estaba producindo en Punta Couso, Area Brava, Aldán, etc. Propiciando un crecemento planificado, evitaron a presión sobre os núcleos tradicionais, polo que se conseguiu frear a especulación do solo clasificado como de núcleo rural e apenas se poden encontrar novas edificacións que rompan coa evolución histórica destes núcleos. Permitiron así mesmo o desenrolo de urbanizacións modélicas de chalés adosados e sen adosar en Aldán, o Gatañal ou a Choupana, que son envidiadas e copiadas hasta en Brasilia. Por último, o reinvestimento das plusvalías xeneradas polo crecemento urbanístico permitiu que o 100% dos inmobles teña abastecemento de auga pública, saneamento e depuración, convertendo o noso Concello nun modelo de sostibilidade ambiental que a Dirección Xeral de Urbanismo está convertindo en obxeto de estudio para todos aqueles Concellos que queren redactar os seus Plans Xerais. Resumindo, Cangas ten gracias ás Normas Subsidiarias actuais ten un crecemento urbanístico modélico, que ademais está impedindo o crecemento desmesurado do prezo da vivenda e as presións especulativas sobre o solo, que mantén aproximadamente o mesmo prezo por metro cadrado que en 1995, cos incrementos naturais do Índice de Precios ó Consumo, modulado pola aplicación do Salario Mínimo Interprofesional. Cangas e os cangueses debemos estar satisfeitos, polo que intentar facer un Plan Xeral de Ordenación Municipal é unha perfecta gilipollez que sólo lle interesa a catro especuladores que non teñen terreos para construír e a dous politiquillos listillos que van facerse de ouro, ademais da Consultora esa que ademais de incompetentes son uns muertos de hambre que non queren en ningún sitio, están a punto de cerrar o chiringo e veñen a Cangas a ver se consiguen dar o pelotazo do siglo. DESDE LOGO, HAI QUE SER COMODÓNS E PAPAOSTIAS PARA NON DARSE CONTA DE QUE NOS ESTÁN ESCARALLANDO O POBO XA E SEN PLAN XERAL, QUE SE ALGO PODE FRENAR QUE O ACABEN DE ESCARALLAR É FACER UN PLAN XERAL EN CONDICIÓNS, E QUE A ESQUERDA DEBERÍA SER A ABANDEIRADA DA REDACCIÓN DUN NOVO PLAN XERAL. PERO É MOITO MÁIS FÁCIL ESBARDALLAR NOS FOROS, ABSTERSE CANDO HAI QUE TOMAR DECISIÓNS E MONTAR MANIFESTACIÓNS Ó LADO DOS QUE PIDEN QUE O PLAN DIBUXE CAMIÑOS DE DOUS METROS E MEDIO E NON LLE TOQUEN NIN O PORTAL DA CASA NIN A HABITACIÓN DO COCHE, OU QUEREN CONSTRUÍR NO MEDIO DUNHA PROTECCIÓN FORESTAL. ¡Pobre Cangas, canto máis leo as ideas dos seus "salvadores" máis me entran ganas de chorar!
CHORONA
RE: UNA BODA DE POSTIN25-10-2006
Cochino: mentres ti latricas e te abstés dos asuntos do día a día, os especuladores siguen facéndose de ouro en Cangas, enchen de ladrillos cada metro cuadrado sin necesidade de Massó nin Aldán. ¿Sabes canto vale o metro cuadrado de chan edificado? ¿E canto vale cada metro cuadrado de parcela para edificar? ¿E canto valía hai seis anos? Pois todo ese incremento, que é o incremento que despois teñen que pagar ó comprar un piso os fillos dos obreiros, deberáselle a Chapela, a "Velázquez", pero tamén ós radikales como ti que non son capaces de pensar noutra forma de facer urbanismo nin de propoñela e polo tanto necesitades espantallos coma Juan Lago e Ubaldino e marionetas como Sotelo e Gómez Millán para xustificar que, sin ser capaces de propoñer nada, sodes la ostia de sanos e puros. Ti e mais os teus, Cochino, iredes ó cielo, pero ides deixarnos Cangas feitiña unha merda... iso si, quedando sempre claro que a culpa é dos outros porque vós sabédesvos a biblia, a lei de costas e a axenda 21. ¡Casi me afogo de tanto chorar!
CHORONA
RE: UNA BODA DE POSTIN25-10-2006
Amigo Calendario, non todos os socialistas somos Encarna.

E si agora esta calada non é polo que ti cres, senón porque como naquela novela de García Márquez, Encarna non ten quen lle escriba.

E "o compañeiro" vai ter que buscarse unha escusa mellor que a súa enfermidade porque esa non coa. Xa fixo os seus intentos para autoproclamarse candidato, pero o seu pequeno problema é que desde Santiago alguen xa lle dixo que nanainas, que de ser candidato en Cangas nada de nada, que se non ten nada mellor que facer na Conchinchina ou en Pernambuco, porque o que é en Cangas, acabóuselle o chollo e o mangoneo.
DOFREAL
RE: UNA BODA DE POSTIN25-10-2006
Xa se miraba vir este belén. Teñen unha jeta que non poden con ela. Aproban o de Consultura sen pasalo antes polo consello sectorial de urbanismo que pra iso está aínda que sexa un lavado de cara que se creou aí para dicir que as cousas do urbanismo se fan contando co pobo. Non, é mellor facelo ó revés, primeiro pactan BNG e PP, pretnedendo meter o vello plan xeral, e despois ensinámosllo ó pobo en forma de paripé no consello sectorial. Quen vos vai votar agora?
BNG TRAIZOEIROS
Hordas Marianistas
RE: UNA BODA DE POSTIN25-10-2006
Chorón (ou Beneguai):
Xa caíches coma un parvo, e como tal só dis parvadas pra tentar desviar a responsabilidade dos teus (NBGé).

Efectivamente, o Plan actual débese ao PP, socios do Bloque en Vigo e agora en Cangas. E, evidentemente, eu non teño nada que ver. Eu "latrico", como ben dís, contra o que me parece unha aberración, e outra obriga non teño porque non son representante público de ninguén. Pero non por iso vou quedar calado, como parece que agora vos gusta aos beneguais: que calemos e achantemos.

En canto ás responsabilidades. ¿Non tivo o Bloque a Alcaldía e a área de Urbanismo durante catro anos? ¿Non levan oito sendo o grupo maioritario da oposición? ¿De que están? ¿De "floreiros"? ¿Cales son as súas propostas contra a desfeita actual da que parece que eu e os demais veciños somos culpables? ¿Cales as propostas para o futuro? Agora están "Claras": O Urbanismo modelo Toba-Porro en Vigo, con masificación e superedificios atascando todo, pero que supoñen xugosas plusvalías para os promotores (principais valedores do Plan, xunto con algunhas asociacións domesticadas), e non abaratan para nada o prezo da vivenda.

Deixa de cuspir para arriba que che vai caer na cara. Nós (os cidadáns) non imos deixar Cangas feita unha merda como ti nos acusas. Sodes vós e por esta orde: PP, BNGé e PSOE(polo menos ata agora, con Encarna) os que tedes a culpa. Vós defraudastes a confianza que os cidadáns vos ofrecemos no seu día. E agora tócavos responder diante nosa. Xa falta pouco.
COCHENO
RE: UNA BODA DE POSTIN25-10-2006
ONDE FOCHE KARMELE? A BODA DE PUTIN?
RE: HE VUELTO!!!!!!26-10-2006
HOLA AMIGOS DE CANGAS, YA ESTOY AQUI PARA METEROS CAÑA DE NUEVO Y DE PASO REPRIMIR ESE CARACTER NACIONALISTA QUE TENEIS LOS NACIDOS EN EL MORRAZO, VIVA EL PP, EL PUERTO DE MASSO Y ABAJO FPG Y BNG!!!
PACO DE ESPAÑA
RE: UNA BODA DE POSTIN26-10-2006
Polo de Massó non critiques ó BNG que están a favor home!
CAIXAROBA
RE: UNA BODA DE POSTIN26-10-2006
Cochino: a túa baba anti-BNG cégate e faite incluso falar polos veciños de Cangas. Os veciños de Cangas falamos cando votamos e ata agora, nos últimos 10 anos, sempre falamos con bastante coherencia: 45-50% PP; 30-35% BNG; 10-15% PSOE; 10% outros remexidos. Se unha parte -máis ben modesta- deses "remexidos" pretende apropiarse da voz de todos, solo tén unha palabra que o describa: delirio. Pensar que solo unha parte -máis ben ridícula- dese 10% é capaz de ver a corrupción galopante que ti, Cochino, ves a través do cu do vaso do cubata solo se pode definir cunha palabra: delirio. E pensar que en maio vai a haber un terremoto que barra ós corruptos do PP, BNG (e PSOE?) para situar, é un supoñer, no 40% ós radikales puros e incorruptos coma o brazo de Santa Teresa sólo ten un nome: delirium tremens. Sabido isto, que ti sabes porque sabes máis do que dis e por algúns destellos ocultas máis do que enseñas, toda esta campaña estúpida que te traes contra o BNG sólo ten un sentido: dado que espantades ao 98% largo dos votantes do PP e do PSOE, a ver se conseguides convencer a dúas ducias de despistados do BNG, porque ó millor así Mariano xa non está tan solo no Concello. Unha estratexia electoralista e miserable. Desde o punto de vista de que busca un goberno alternativo, desde o punto de vista de quen de veras está asta os güevos do PP, o voso sólo ten un nombre: cinismo. Vós non estades en contra do PP, contra o PP vivides de puta madre; vós estades en contra do BNG, que vos vai obligar dentro de 7 meses (¡solo sete meses!) a mollarvos e a deixar de ser tan "puros habanos" e un pouco máis deste mundo. Non vos matedes tanto, hom, Mariano (paréceme que outra vez sólo, porque o teto da vaca non dá para tanto) volverá a ser concelleiro do goberno municipal -¡xa o foi dúas veces, con gloriosas aportacións que todos os cangueses recordamos á mellora de Cangas!- e se cadra ten que discutir o Plan Xeral con Consultora, Ubaldino, Juan Lago e Frigoríficos del Morrazo. De veras que me relambo coma o gato con esa postal; ¡e algúns dos seus kachorros igual lle chaman a el tamén korrupto! Porque ou ocurre iso ou ocurre o contrario: que os radikales e o novo goberno alternativo renuncian a facer un Plan Xeral, e polo tanto están dacordo co caos que hoxe é Cangas... para beneficio de catro e desgracia de todos. Por iso que quen estades cuspindo para arriba sodes outros, e o cuspe vaivos cair na cara dentro de pouco, dentro de sete meses.

Un morreo.
CHORONA
RE: UNA BODA DE POSTIN27-10-2006
Que ben se che dá botar por fóra segurata do Gatañal con carné do Bloque, vós pensades que a xente é parva. Vós non subides nas eleccións nin poñendo a Olíver a facer campaña anti-FPG polas casas como fixestes no 2003. Xa o dixen aí atrás. Se nese ano houbo portazos nas vosa sede, desta volta ha de haber suicidios colectivos.
Follón a min
RE: UNA BODA DE POSTIN27-10-2006
¿A ver se vai resultar que son un axente da CIA infiltrado para poñer a Abalo de Alcalde, de tanto que, segundo ti, sei pero calo? Eu non represento a ninguén, chiño, nin ao 10 nin ao 1%, pero son un cidadán e como tal expreso as miñas opinións, aínda que a ti e a outros coma tí vos poña dos nervios. E falo coa xente para enterarme.

Por outra banda, tampouco son anti BNG por sistema, senón que denuncio a deriva á que nos queren levar estes "beneguais" que, ao cheirar poder, perderon todos os principios que outros defenderon sempre.
A propósito, eu, ao contrario ca ti, non preciso andar cambiando de seudónimo cada dous por tres para que pareza que "somos muitos". Eu son eu e non orquestro campañas, falo por min e por algunha outra xente que pensa parecido... sin necesidade de recurrir ao insulto para facerme oír.
E, podían gustarme, pero non me gustan os cubatas. Mais parece que tí si que andas muito polos bares. ¿Será que non tes outra cousa que facer?
COCHENO
RE: UNA BODA DE POSTIN27-10-2006
Amiga chorona, neneguai e outros que falan por aquí en nome do Bloque (ao mellor nin o son):

¿Xa non vos lembrades cando nos chamaban a nós "nacionalistas radicais" e loitabamos duramente contra o bipartidismo desde a "marxinalidade" á que nos querían condenar?

O Bloque non sempre tivo a forza que hoxe ten e foi atacado por "marxinal" durante longos e duros anos. Claro que, ao mellor vós xa vos subistes ao carro mediado que é agora e non sabedes nada de loitas anteriores.
Moito mérito desa loita e do esforzo que fixo posible a presenza política de hoxe é de xente que está agora en primeiro plano, doutra que está "marxinada" dentro da organización e doutra moita que foi quedando polo camiño. Non o esquezades e argumentade respectando.
Un/unha nacionalista galego/a de esquerdas (do BNG) nunca descalificaría a ninguén coma vos facedes. Se é certo que sodes nacionalistas galegos/as que se vos note sempre na actitude.
UN EX-CARGO DO BLOQUE
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados