Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://shinjo-office.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
SOS RIOS24-10-2006
Luita Verde denuncia que a destrucción física e a alteración da dinámica natural dos ríos e regatos, unido este ano á vaga de lume nos montes no verán son os principais causantes da vaga de riadas e asolagamentos en vivendas e núcleos urbanos deste outubro na comarca do Morrazo. Gran parte dos terreos que antes acollían e drenaban as subidas das augas da chuvia nesta época, agora están alterados pola construcción de infraestructuras viarias e urbanizacións de todo tipo. A vía rápida do Morrazo destrozou e alterou a orografía dos montes e os vales, eliminando capa freática na cabeceira dos leitos, aterrando e entubando moitos dos regos e por engadido o seu asfaltado é impermeable e gran parte das augas foron canalizadas aos ríos, regos e leiras particulares, polo cal están a absorver máis auga e enchentas do habitual. Por outra parte dende hai décadas se está a permitir a construcción de vivendas e edificios ilegalmente dentro da área de servidume e da de policía do leito de moitos ríos e regatos, e inclusive se ten aterrado e construido enriba dos mesmos para vivendas, parques públicos, aparcamentos, etc., polo cal se constriñe e se altera irreversiblemente o leito dos ríos e os terreos que normal e naturalmente acollían e drenaban as augas nas crecidas, servindo asimesmo de cultivo noutras estacións do ano grazas á súa fertilidade e de aí o verdadeiro significado da súa toponimia en moitos dos lugares da comarca (As Barxas, Reboredo, O Atranco, Augalevada, A Banda do Río, etc.), lugares que foron alterados polo denunciado e que coinciden precisamente cos dos máis afectados polas últimas riadas e asolagamentos. Por último temos que denunciar tamén o grave e negativo efecto nas rías polas enormes cantidades de auga doce, mesturada con resíduos orgánicos terrestres traídos polas crecidas dos ríos, con residuos fecais verquidos por desbordamento dende os aliviadeiros das redes municipais do saneamento, xa que moita da rede está construída sin separación das augas pluviais, con residuos líquidos de aceites e hidrocaburos, cargados de gasóleos e metales pesados proveñentes das estradas, e con cinzas dos montes queimados este verán, que están a caír directamente no mar, afectando á biodiversidade e a pesca e o marisqueo.
Luita Verde advirte que este outono-inverno aínda acaba de comezar e que existe o risco de máis chuvias torrenciais no máis inmediato futuro, tal como se está mostrar a climatoloxía este ano. Isto probablemente se repetirá durante os vindeiros anos. Luita Verde demanda urxentemente como medidas de precaución e xestión sostible de cara o futuro máis inmediato, un plan forestal baseado na regulación dos espacios naturais e a rexeneración dos montes con especies autóctonas, a prohibición de construír infraestructuras viarias, industriais e residenciais dentro dos 5 metros de servidume e os 100 metros da zona de policía a cada beira dos leitos dos ríos, conservando asimesmo as áreas de bosque de ribeira e humidais anexos, o saneamento integral dos municipios e separación das augas pluviais das augas fecáis e a non construcción de máis e meirandes estradas. A pesar de que nesta época e gran parte do ano o habitual ata hai uns anos era unha climatoloxía suave e chuviosa temos que salientar que estas chuvias torrenciais tamén sobrepasan o normal e son unha proba máis do desequilibrio climático no que estamos inmersos producto da negativa influencia humana a nivel planetario, polo cal tamén urxe cumprir globalmente coas normativas proteccionistas habidas e por haber en materia forestal, enerxética, urbanística e de control da contaminación atmosférica urbana e industrial.

Outubro do 2006

Luita Verde


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SOS RIOS24-10-2006
Machiño ti non sabes o que son os saltos de linea e de parrafo non? Calquera se le o tocho que mandache zzzzzzzzZZzzzzzzzzzzzzzZzzzzzz
ZZzzzzzzzzzzz
RE: SOS RIOS24-10-2006
Pois eu leíno perfectamente e deberiase ler con atención porque di a verdade e con moita lóxica. Isto xa se vía vir dende as espeluznantes obras do "Corredor da Morte", como xa se está a chamar.
As catástrofes que estamos afeitos a ver no telediario xa as temos nos enriba.
Nas carreiras de enxeñería ¿sacouse a asignatura que trata da dinámica da auga?
Vivimos nunha sociedade absurda e estúpida.
Clara
RE: SOS RIOS24-10-2006
Menos hipallada, menos canutiños e máis loita armada revolucionaria...
Piter
RE: SOS RIOS24-10-2006
a hippallada é iso que ti dis de loita armada,eu quero ver a algún facendo esa loita primeiro,a ver quen é o listo que en vez de dicilo faino
RE: SOS RIOS25-10-2006
Mentres andades coas boberías das "ghipalladas", o meollo da cuestión queda nun segundo plano. E o asunto é abondo importante como para que non pase desapercibido.
¿Quen vai amañar agora estas desfeitas que, ademais, se van repetir no futuro se non se toman medidas drásticas?
AMEIXOADA INDEPENDENTE
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados