Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://hotfetishchat.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
E DO BLOQUE, QUE?12-10-2006
Xa hai bastante tempo que se ven detectando un movemento inusual neste foro, liderado seguramente por catro "beneguais" que a teñen tomada co PSOE en Cangas e en Moaña (estes merecen ben o cachondeo), pero tamén con Mariano Abalo e os seus.
O seu obxectivo é criticar ou "ridiculizar" aos demais para restarlles credibilidade e ao mesmo tempo desviar a atención do seu "chiringo".
Pois eu propoño: ¿por que non falamos un pouco do "beneguai"? ¿Que nos parece aos cangueses/as a súa "oposición"? no Concello? ¿E a súa postura diante do convenio de Massó? ¿E a súa candidata "pescozo estirado"? ¿E o cachondeo "nacional" UPG/Alternativa/Os Irmandiños/Os da base/ Os da altura etc? ¿Actuan o mesmo agora que hai uns anos, cando non cheiraban o poder xunteiro?
Moitas dúbidas no tinteiro. Invítovos a opinar, que non vai ser todo sobre os demais.
COCHENO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: E DO BLOQUE, QUE?12-10-2006
Si, nas reunións do Bloque preparamos a estaratexia para ridiculizar a tódolos demais e que non se nos noten os nosos cachondeos. Cando tomamos as decisións máis importantes e cando vamos pola cuarta cervexa. Claro que para que sea unha conspiración como ten que ser tamén metemos a guardia civil, a trahorras, a varios servicios secretos e a disidentes do psoe e de outros. As veces ven un do PP que fai queimadas
Silencio
RE: E DO BLOQUE, QUE?13-10-2006
pues yo digo ke el psoe me parece una mierda el pp me parece una gran mierda y a los del bng me parecen unos que iban de progres y su sueñan con llegar al poder bueno resumiendo unos que quieren ir de ways y no llegan a chachis y de la fpg pues decir que son los unicos que parecen que meten caña en el pueblo por lo menos en lo de Masso dan la cara no como otro que juegan a mil bandas y que mucho ladraban antes de llegar al poder
malote
RE: E DO BLOQUE, QUE?13-10-2006
pois eu penso que os da fpg son uns santos santiños que queren repartir os cartos entre os mais pobres de cangas como fixeron cando mandaron a merda a massó e a seus traballadores, mentras algun sindicalista amiguiño foi listo e quedou con unha boa pasta no peto.
buenote
RE: E DO BLOQUE, QUE?13-10-2006
Algo de razón debes tener, Cocheno, porque el asunto iba del bloque y un par de "listillos" ya lo quieren desvia a la FPG.
No creo que lo diseñen en reuniones, como dice Silencio de cachondeo, pero si que es una estrategia, colectiva e individual que vinieron usando desde hace años con buenos resultados. A mi me parecen unos "virachaquetas" que solo buscan conservar el poquito poder que "cheiraron".
A lo mejor ahora hai que transformar y ampliar el famoso eslogan que ellos inventaron y coreaban siempre:
¡PSOE, PP, BNGé: a mesma (....) é!
QUINTANILLA
RE: E DO BLOQUE, QUE?13-10-2006
Pero que listo é o Quintanilla. A cousa ía do BNg di. A cuestión é non falar da fpg. Se botamos aos fachas do pp, logo aos ínútiles do psoe e finalmente aos vendidos do bng ¿quen queda?
A raza pura de oliva. A bendita fpg. Os intolerantes que teñen secuestrada a cangas coa súa violencia e a súa intolerancia. Os que desprezan aos cidadáns e crense únicos posuidores da verdade absoluta. Se eles cagan, Cangas debe cagar con eles, do contrario todos fascistas. Os catro sinverguenzas que incapaces de progresar eles mesmos polo seu propio traballo, negan aos demais o dereito a facelo. Os que gustan de vivir do conto. Os que se cren unhas figuras e son uns pobriños que cando hai que baixar a cabeza, fano e ademais estenden a man para pedir a súa esmola.
outra volta máis
RE: E DO BLOQUE, QUE?13-10-2006
o que non podo comprender é porque o BNG de Cangas e de Moaña é tan diferente do que aspira á presidencia (non a vicepresidecia) por que se permite esta corrupción.. e que non o saben os de arriba? non se supon que o bng ten ideas contarias ao bng de cangas/moaña? eu xa non sei que pensar. O FPG ségueme a parecer a mellor opción para cangas.
canjas
RE: E DO BLOQUE, QUE?13-10-2006
canjas, porque ó millor a corrupción da que falas solo a hai dentro da túa cabesiña de alfiler. Por serto, un ladrón é ladrón porque roubou algo; un putañero é un putañero porque vai de putas (alcalde de Ortigueira); un putón é un putón porque vai cun putañero... Dijo eu que un político é corrupto porque se vendeu a alguén e por venderse ganou algo (se non é así, non é corrupto: é parvo). Ahora, tócache explicar a quen se venderon os políticos do bloque de cangas/moaña e en que se beneficiaron. Si non o fas de maneira convincente, canjas, eres un paspán que merece salir con Miro nos "Pratos combinados" ou ir na lista do psoe de cangas.
bneguai de cangas
RE: E DO BLOQUE, QUE?13-10-2006
bneguai de cangas, mira é o que comenta todo o mundo e eu o que quero é saber o porqué desta suposta corrupción, de onde veñen os comentarios, porque non se comenta sen razóns penso eu.
"e que non o saben os de arriba? non se supon que o bng ten ideas contarias ao bng de cangas/moaña? eu xa non sei que pensar." pois iso se non che importa explicarme..
e non respostes tan á defensiva eh non te me sulfures. Un saúdo
canjas
RE: E DO BLOQUE, QUE?13-10-2006
Non vos dades conta que todolos politicos son iguales????????
Moito prometer e cando chegan arriba, a encher o cazo que son 4 anos.
Outra cousa ¿¿¿¿Quen puxo a Pio de concejal de obras????????? Vaia por DIOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!1
RE: E DO BLOQUE, QUE?13-10-2006
xa vos estades metendo con Pío, pero si é o único que se pode salvar do feixe...
RE: E DO BLOQUE, QUE?14-10-2006
Desde logo que inocentes somos todos no bng non teñen corrucion soo home do maletin que facia a se4ñorita taconcitos con Ubaldino e vigo porque se reunia un dia si e outro tamen co señor toba no concello de vigo como se deseñou e donde por parte de esta señora o plan pra que consultora galega viñese a desarrollar o plan xeral de cangas por tan pouco diñeiro amañouno clrara toba e quen pon o resto ubaldino ou juan lago o tempo o dira e clarita tendra que dar muitas explicacions o povo de cangas
Bng
RE: E DO BLOQUE, QUE?15-10-2006
Como non sodes capaces de encontrar argumentos no pasado nin no presente, esperades que o futuro vos dea a razón. A ver, pensando un pouco (se vos quedan dúas neuronas que poidan interconectar): ¿e se Clarita fose a responsable de que se contratase a Consultora en Cangas -que xa é moito supoñer e está sen contratar aínda- que terá que ver iso coa corrupción? ¿e se estivo en Vigo con Ubaldino, non estiveron media ducia máis de concellais de todos os grupos-excepto Mariano, que traballaba esa mañán e perdeu o barco? ¿Onde está aí a corrupción? ¿E se se mira con Toba en Vigo todas as mañáns que ten de raro: son os dous do BNG, son os dous deputados provinciais...? ¿Que ten iso de corrupción, a non ser que se cole gratis no barco para ir a Vigo? Creo que usades a palabra corrupción como se dixerades "cabrón", "maricón", "mamón", "hijoputa"... Quere dicir, para vós "corrupto" non é unha definición; simplemente é un insulto, ou o que é o mesmo, non quere dicir nada. En fin, tedes que lavarvos a boca con xabón "nenuco" e rezar tres "avemarías" diante de don Benito para non ter que ir ó inferno por nenos malos e malfalados.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: E DO BLOQUE, QUE?15-10-2006
Ah, por certo, Bng: deixa de aporrear o teclado coa ferradura. Proba a darlle co rabo, que se che vai quedar máis fino. De nada.
BNEGUAI DE CANGAS
RE: E DO BLOQUE, QUE?15-10-2006
Beneguai. Dende logo de beneguai non tes nada, en último caso de "velenoguai", que como mordas a lingua espíchala ao instante. Sabemos ben o que é "corrupción", e non é só poñer o cazo, cousa da que pareces estar ben ao tanto. Corrupción tamén é traizoar aos votantes e vender as túas ideas por cheirar poder. Claro que a maioría dos que cortan o bacallao hoxe no beneguai, ideas nunca tiveron; son uns advenedizos que se arrimaron ao carro cando este xa collera velocidade. Pero volvendo ao do cazo- corrupción, se nomeas a Toba estás poñendo uns dos exemplos máis sintomáticos de todos os tempos. ¿De onde, senón, ese ineterese por controlar o urbanismo de Vigo, que ata o levou a upar a Corina Porro á Alcaldía? E non veñas con excusas, que a cousa é así. A propósito, coñecías o oficio e patrimonio de Toba e de Castrillo antes de entraren no Concello e agora? ¿De que traballou Castrillo na súa vida? De mestre -como el dixo mentindo- non, que nunca deu aprobado as oposicións. ¿De onde saen as rendas actuais dese par de pimpollos? Eses son dous claros exemplos: Urbanismo=Corrupción
COCHENO
RE: E DO BLOQUE, QUE?16-10-2006
Beneguai de Cangas, como todos estes supostos nacionalistas de esquerda, é un engreído que gusta de tratar aos demais como plebe ignorante fronte á súa suposta superioridade intelectual. Como sempre, dando clases e desviando a atención.

Atrévese, este incapaz, de amentar a bicha non sabemos moi ben se por ignorancia ou como provocación. Primeiro haberá que liberar á pobre Clarita de calquera mala intención, dado que nin pincha nin curta, isto vénlle grande, e nunca foi nin demasiado lista nin se espera máis dela. Por iso está no bnguai.

Pero como diciamos, o incapaz nomea a Consultora Galega. A bicha. Detrás de cada movemento do bnguai nos temas urbanísticos atópase esta Consultora. A súa orixe remóntase aos tempos do amigo Quintana como Alcalde de Allariz, cando lle adxudica a elaboración do correspondente Plan Xeral. Tan contento quedou da sua amistosa relación que desde entón os mozos do bnguai adxudicáronlle os Plans Xerales de Vigo, Castrillo e Toba, e o de Pontevedra, Fernández Lores. E para que ninguén poña en dúbida esa estupenda relación engadir só que ao fundador e director da consultora, Daniel Pino Vicente, agradecéronlle os servizos prestados nomeándolle Director Xeral do Instituto dá Vivenda e do Só dá Xunta do bnguai.

Naturalmente, o que estivo rápido de reflexos foi o pobre Sotelo, ao que o bnguai , montándoa ben montada, amoloulle o seu Plan Xeral, elaborado por Arteplan, amigos SÓ do PP . Este, que tamén debe ler a prensa, vai solucionar o seu problema (a pasta adiantada dos convenios), adxudicando o novo Plan Xeral a Consultora Galega ¿Porqué? Simplemente porque esta consultora é capaz de facer un Plan Xeral ao gusto de APROIN, a asociación de promotores inmobiliarios, os primeiros e máis entusiastas defensores do terrorífico e especulador Plan Xeral vigués. Entón, satisfeita APROIN, satisfeitos pepés e bnguais. Imos divertirnos moito na próxima legislatura vendo ao bnguai cangués e a súa moza para todo facer malabarismos para aceptar o que antes rexeitaron. E xa miraremos logo onde están os corruptos, porque de momento nin no bnguai nin no pepé de Cangas mal que lle pese ao pobriño do bneguai.
RE: E DO BLOQUE, QUE?16-10-2006
Cochino: Pareces ter un amplo coñecemento das rendas e os patrimonios de Toba, Castrillo e Clarita Millán. Sendo así, deberías ilustrarnos a todos, co cal as túas calumnias empezarían a ser creibles. Mentres non o fagas, estou no dereito de decirche que Toba, Castrillo e Clarita Millán teñen a estas alturas case o mesmo patrimonio que cando chegaron a ser concellales, en fin, pouca cousa porque por outra parte tampouco herdaron muito. Sobre iso de interpretar traicións ós votantes, pois que dicirche, non te metas a pitoniso porque vas morrer de fame: tanto en Cangas, como en Moaña, como en Bueu, en Pontevedra, Poio, O Porriño, os votantes beneguais non se sinten traicionados. Polo menos están seguros de que os parientes dos seus representantes beneguais non van aparecer ó día seguinte como propietarios de grandes empresas que facturan millóns para a Xunta; non van pasar de ter un seat a ter un audi; non van aparecer en ningún periódico rodeados de delincuentes e putas; non van aparecer encausados ou condenados por pelotazos urbanísticos,etc. Os votantes beneguais en moitos casos levan votando ós seus representantes beneguais desde hai vintesete anos, siguen facéndoo e saben que nunca van ter que baixarlle a cara a ningún votante pepero ou sociolisto, porque eses si, contan por centos os seus representantes putañeros, corruptos, encausados e condenados. Por centos. Asi que, Cocheno, mentres non sexas capaz de dar o nome dun representante beneguai á altura de pepeiros e sociolistos, eres iso, un Cochino. Merda, xa mordín na lengua e saíume o veleno.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: E DO BLOQUE, QUE?16-10-2006
Anónimo anónimo (tan anónimo que se olvidou de poñer ningunha identidade; en vez de darlle co ferradura como lle daba o outro, ou co rabo, como lle aconsello, este debe darlle co fuciño ó teclado, e entonces non lle dá para mirar a páxina): co de Cangas e o urbanismo xa se rie agora Galicia inteira; non fai falta que empece a facer o Plan Consultora Galega ou que chegue a alcaldesa Clara Millán (por certo, xa vas asumindo que é a próxima alcaldesa: imos avanzando). Mirar o que nos fixeron na fachada marítima, as casetas dos mariñeiros, o quiosquito, as calles de cinco metros en codo con edificios de 15 a cada lado, a Pedra Alta, Massó... e cinco anos facendo un Plan Xeral para despois de gastar 250.000 euros tiralo á papeleira e tan anchos... a encargar outro. Menos mal que chegou Nigrán para rirnos por outro lado. Ahora que aínda se han de rir máis cando vexan a Mariano Abalo de concellal de urbanismo discutindo o Plan Xeral coa Consultora Galega esa, que por certo a pesar do que dis non ten nada que ver co beneguai nin nos cae simpática á maioría dos beneguais. A nós o que de verdade nos cae simpático é que en Cangas se siga construíndo como asta ahora, co cu, mentras os chavalitos eses dos pelos están a criticar a Clarita e a queimar xoguetes en Massó. Como se Ubaldino non tuvera un cento de xoguetes.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: E DO BLOQUE, QUE?16-10-2006
Parece que a bneguai de Cangas moléstalle que se fale do amiguiños que son os seus xefes non só de Consulta Galega senón de APROIN, cos que parecen coincidir máis que cos seus electores. Nunca se viu a constructores e promotores máis contentos que cando tiñan de alcalde ao facilón Castrillón e ao seu muñidor Toba. Botaron faíscas cando o incauto alcalde Ventura Pérez Mariño estivo a piques de arruinarlles o negocio, pero pronto ordenaron aos seus mozos do BNG para que amañaran un goberno co PP e aprobasen un Plan Xeral moi adecuado aos seus intereses.

Agora parece que en Cangas recibiuse a mesma orde. Pepés e bneguais han de poñerse de acordo e ás ordes da Consultora Galega, MOI AMIGOS DO BNeGuai, e algunha rapariga, alcaldesa ou non, concellala ou non, terá que abrir ben a boquita e tragarse todo o que antes chuspiu por ela.

Por certo, levo tempo facéndome unha pregunta, ¿quen pagou a excelentes, abundantes, extraordinarias, sobradas, derrochonas, e antes nunca vistas campañas electorais do bneguai, dado o pobres, pobriños, que son todos os seus militantes, e o pouco, poquísimo, que ingresan os seus cargos electos? ¿Seica a derechona capitalista volveuse tola e agora mantén con cuantiosas donaciones anónimas a partidos marxistas-leninistas ou a nacionalistas radicais?

Xa. Xa empezamos a entender todos quen está comezando a mandar, de verdade, no bneguai.
anonimo coma ti
RE: E DO BLOQUE, QUE?16-10-2006
"Estimado beneguai":
Dende logo, hai unha cousa peor que a ignorancia: é a estupidez autocultivada. ¿Por que digo isto? Porque ti, que vas de listo, caes no pseudochiste facilón que delata as tuas carencias: Cocheno=Cochino. E digo carencias de dous tipos, intelectuais e ideolóxicas, porque supoño que sabes que nese galego que dicides defender, cocheno significa "que usa a esquerda", no meu caso para pensar e para actuar. Pero, claro, como vós agora vades de socios "novos ricos" e pailáns do reaccionarismo burgués de CIU e PNV, pois iso da esquerda empeza a soarvos mal: a cochinada. A respecto do patimonio persoal de Castrillo (Sígoche preguntando en qué traballou na súa vida) e de Toba, non che vou dar datos porque non son de Facenda, pero é evidente que mellorou sustancialmente desde o seu paso pola alcaldía e pola concellería de urbanismo de Vigo, respectivamente. Se realmente es honrado e cres no que dis, entérate tí, que é ben doado se estás dentro do "aparato". En canto a Clara Millán (non falo de "Clarita" porque me parece unha falta de respecto á súa condición de muller), eu non a citei para nada, pero xa que o fas tí... ¿De que vivía esa moza antes de entrar no concello pola man de Euloxio? ¿De que vive agora? Da política, por suposto, e por riba sen un oficio ao que volver dignamente se veñen mal dadas (como pasou co seu antecesor, que se foi con dignidade a traballar no seu) ¡E ese é un problema, meu! Como non teñen outra cousa (e falo tamén da Encarna, por exemplo) aférranse ao sillón e venden a deus e á nai para seguir na poltrona.
Sobre o da corrupción, escolles bos exemplos, os do pepé e os "sociolistos", según as túas palabras (¿pero non son socios vosos?). Vós tendes menos casos porque "cheirastes" o poder aínda agora, pero xa os hai, de transfuguismo, de chanchullismo e de amiguismo (Chantada, A Porqueira, As Pontes, Monforte, Moaña con Abalo, e seguro que moitos máis) E sobre a traizón aos votantes, a fidelidade da que falas xa se vé en que dende 1997, que con Beiras chegastes ao teito nas autonómicas (2ª forza), xerais e municipais, vades en picado. E máis que vades ir. Non hai moito que esperar para comprobalo.
Descansa do teu traballo de defensor da voz do teu "amo" ou faino con máis intelixencia.
¡Ah, e polo medio, tómate unha tila, que seica relaxa!
COCHENO
RE: E DO BLOQUE, QUE?17-10-2006
En fin, despois de gastar tanto chuspe nin un dato nin un argumento. Para esa viaxe non fai falta que digas que es de esquerdas; calquera do PP argumentaría millor. Solo baba: cochino.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: E DO BLOQUE, QUE?17-10-2006
A Anónimo coma ti: pagaríaos Frigoríficos del Morrazo. ¿Non che parece? Estou ansioso por ver a algún esquerdoso ecoloxista do foro dicir que o problema urbanístico de Cangas é que Frigoríficos del Morrazo ten que trasladarse. Mírao asta un ecoloxista moderado de direitas que veña desde Alicante e sepa ler un plano. Pero sin embargo os nosos ecoloxistas pseudoprogres acaban de solicitar que desde o centro de Cangas asta o espacio protexido de Balea, por toda la orilla, con la falda arremangá, ¡se poña unha zona industrial!¡E ningún cochino rechistou! Abel Caballero e Sotelo esmendrellábanse de risa.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: E DO BLOQUE, QUE?18-10-2006
¡Tés unha fixación comigo (e coa cochinada) que empeza a ser preocupante, chaval (ou non tan chaval)! Reláxate, que estes días estás tendo un traballo tremendo para contestarlle a todo dios que vos mete caña. Se algunha vez sei quen es, prométoche que lle escribirei a Quintana para que te premie (mentres lle dure o "chiringo", que despois...) E non te preocupes, que atenderá a miña demanda... ¡Son xubilado!
¡Un bico!
COCHENO
RE: E DO BLOQUE, QUE?18-10-2006
Xa, un bico si, papá... Pero agora que isto se poñía interesante vas e mándasme pa cama cun bico... Se eu quería que me contaras esa historia bonita de Frigoríficos, Ubaldino, a opción de compra por catro perras gordas, a CUT, Chimé, Mariano Abalo, ese convenio maligno, o de pedir zona industrial na bonita costa que temos que protexer... Esas cousas que ti sabes contar tan ben. Ala, papá, eu douche un bico pero mañán tes que prometerme que imos seguir falando e me vas levar ó lado escuro da forza, esa negra negra negra da que nunca falades as personas maiores cando estamos os nenos diante...
BENEGUAI DE CANGAS
PARA COCHENO18-10-2006
O Beneguai non é o fulano que lle quitou o posto de liberada a unha compañeira, ou algo así? Cro que traballa de segurata no pavillón do Gatañal. Non o deberon coller na Garda Civil.
Lalo
RE: E DO BLOQUE, QUE?18-10-2006
Ala Lalo xa lle quitache a grasia o asunto. Pa que dis quen é. De que serve ter un rastreador se non se sabe te-la boca pechada. Bueno, agora que se agoche na saia da Taconcitos Lejanos coma sempre.
A ver se agora non difama tanto. Ademáis a xente non é parva, enganarán os seus acólitos pero os demáis. Mirámonos nas urnas.
Mula
RE: E DO BLOQUE, QUE?18-10-2006
Deixade tranquilo a bneguai, el tamén ten dereito a venderse por un prato de lentejas. ¿Quen mantén senón os catorce fillos e as tres queridas que ten?
un dos seus sogros
RE: E DO BLOQUE, QUE?18-10-2006
dIso de venderse por unhas lentellas sabemos moito os galegos,so ai que acordarse das elecions autonomicas despois do Prestige,así nos vai
RE: E DO BLOQUE, QUE?19-10-2006
Frío, frío, frío. Hasta lue... hasta lue... hasta luego amigos.Volvo nunha sema... volvo nunha sema... volvo nunha semana. ¿Ídesme mostrar o lado escuro da forza, ou cando volva seguiremos falando de bobadas?
BENEGUAI DE CANGAS
RE: E DO BLOQUE, QUE?19-10-2006
Adeus, Heitor
RE: E DO BLOQUE, QUE?19-10-2006
Chámase Heitor o da napia que anda ó rabo da Taconcitos, paresme que non é o segurata.
Prince
RE: E DO BLOQUE, QUE?19-10-2006
Si, é o segurata é.
mmm
RE: E DO BLOQUE, QUE?19-10-2006
Xa sei que é o segurata do pavillón do gatañal. O que pasa que antes por un fallo de puntuación expreseime mal que queres?
Prince
RE: E DO BLOQUE, QUE?19-10-2006
Habémoste joder cabrón socil-demócrata. Galleguito, para botar unha pachanga de fútbol cos do PP andivestes finos. E ós problemas dos veciños que lles den polo cu. non mereciades ter ningún concelleiro. Vividores, langráns. Non es ninguén para entrar neste foro a esbardallar parvadas que sabes que non son certas dos que están a loitar e non a vivir da politica como fai a túa jefa e toda esa escoura de relambidos coa que andades.
Reboiras
RE: E DO BLOQUE, QUE?19-10-2006
pois xa sabedes,donde hai que protestar de verdade é nas urnas,e non quedar a xogar a partida en vez de ir a votar
RE: E DO BLOQUE, QUE?20-10-2006
¡TATACHAN POIS NON ME VOU! Volvo porque estou asta os güevos de que me chamedes segurata -¿quen carallo é o segurata ese?-, non soporto que me chamen Heitor -vaia carallada de nome, ¿quen ostia é?- pero sobre todo hai que ser ben indecente para firmar REBOIRAS e falar de loita aporreando o teclado dun ordenador todo tranquilo mentras se traga un cubata.. ¿Pero quen carallo loita en Cangas? ¡Como non sexa Carmiña que ademais tenlle tomadas as sobaqueiras a Sotelo e ten sentido do humor? ¿Pero quen ostia loita en Cangas? O máis parecido a un loitador é un fulano que traballa en Correos e polas tardes nas horas libres dedícase a escribir notas de prensa e falar por teléfono... cando non ten que atender o fillo. Bueno, tamén son moi loitadores os vellos da Casa da Bola. ¡Eses son uns auténticos resistentes! Sete anos todos os grupos políticos intentando quitarlles o viño e eles erre que erre. Outro loitador e resistente é Frigoríficos del Morrazo que canta alternativamente "Daqui non saio, daquí n'hai quen me quite", "No pasarán" e "A las barricadas". Bueno, tamén eran algo loitadores todos aqueles que saliron a manifestarse hai ano e medio porque querían seguir tendo os camiños de 3 metros e que non os obligaran a cortar os camelios do frente da casa. ¡Ah, e os do botellón do sábado tamén loitan moito: loitan co sono asta as seis da mañán para poder seguir degustando garrafón! Bueno, os da esquerda tamén loitan moito pero entre si, aí si que son uns loitadores; máis que loitadores son gladiadores: a ostia limpa os uns cos outros asta que só quede un no medio do circo e veña e o coma o león. ¡FÓRA AS VOSAS SUCIAS MANS DE MONCHO REBOIRAS!
BENEGUAI DE CANGAS
RE: E DO BLOQUE, QUE?20-10-2006
Quererás dicir fóra as túas sucias mans, quereras dicir? E mira este diálogo de vesugos non ten ningún sentido. Ti criticas os meus e eu os teus. Agardemos uns meses e miremos que acontece nas urnas. Ah, e outra cousa o que traballa en correos a parte de mandar notas de prensa e outras cousas tamén, cónstame, que está en Massó, defendendo os intereses deste pobo. E de non traballar a esas horas eu tamén estaría. Vós como non estades porque queredes que se faga o proxecto de Ubaldino e Caixanova... Pero dicirllo ó pobo de Cangas e non fagades a política da avestruz.
Reboiras
RE: E DO BLOQUE, QUE?22-10-2006
¿Pero que problemas tes, corazón? ¿Non tes quen che queira e por iso chospes a túa rabia aquí contra todos?

Tranquilo, bneguai de Cangas, comprendemos que co tempo vos habeis convertido nos novos señoritos do pobo. Antes eran os fachitas os que paseaban orgullosos por Cangas coma se fosen os amos da terra, pero agora eles volvéronse máis discretos e sodes vós, os mozos e mozas nacionalistas guais, os que vos exhibis como os novos amos do pobo. Creeis que está na vosa man decidir se se fai negocio ou non con Massó. Creeis que podedes vender a Cangas a cambio de dous duros que metervos no peto, pero estais moi equivocados. Non vos gusta agora oir falar de loita, non é un vocabulario para señoritos, agora gústavos falar mais de cartos, pero como loitávades antes contra os capitalistas, ou polo menos como finxiades loitar.

Pero xa non engañais a ninguén. Cangas non quere señoritos nin da dereita española nin da dereita galega. Porque é iso o que sodes, a nova dereita señoritinga galega.

Ides levar un pau de collons.
"Clarito"
RE: E DO BLOQUE, QUE?24-10-2006
Oye, clarito, pero vós que sós, uruguayo, pibe? Pero un nasionalista independentista radicalista como vós e non sabés escribir unha liña en galego sen meter unha burrada, pelotudo? Pero a ver si vós sós o pijo hijo de la gran chingá, esbirro de la SIA que se colou entre os radikales pagado co ouro de Madríd, che? Uiuiui, que me vou chivar a Manitú, que se lle están colando pavones nas súas filas, que os mande a Nerga a darlle ó angaso e a aprender a falar, antes de andarlle cos paus nos collóns a ninguén, boludo...
BENEGUAI DE CANGAS
PARA O QUE CHOLLA DE SEGURATA NO GATAñAL25-10-2006
E ti que es, filólogo ou que cona? Creste con dereilto a enxuizar ós demais por como fala o galego? Pro-lusista da merda!Xa te tirarei das orellas.
De frío frío nada!
RE: E DO BLOQUE, QUE?29-04-2007
fpg o ombigo do mundo,os independentistas galegos cos españolistas
RE: E DO BLOQUE, QUE?01-05-2007
clarito non tes nin p. idea
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados