Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://inonlinedating.com/online-dating-sites-completely-free/
Indispensables
Donde ...
Guia
PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA11-10-2006
Luita Verde rexeita que o punto limpo do concello de Moaña se ubique dentro do parque industrial proposto pola Asociación de empresarios do municipio na Cruz da Maceira. Luita Verde lembra que o proxecto do parque industrial na Cruz da Maceira xa foi informado negativamente pola Dirección de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia, dado que afecta á cabeceira do río da Fraga, ten un elevado impacto ambiental polos fortes desniveis do terreo e porque o lugar está integrado dentro do espacio natural “Montes da península do Morrazo”, protexido polas Normas Complementarias e Subdiarias de Planeamento provincial de Pontevedra, estando catalogado actualmente como Solo Rústico de Protección de Espacios Naturais, segundo a LOUG.
Luita Verde está favor da construcción do punto limpo no concello de Moaña e para iso xa o propuso oficialmente en setembro do 2005 por Rexistro ó concello de Moaña e a Mancomunidade de municipios do Morrazo, dentro dunha serie de Propostas de Mellora do Plan de RSU comarcal, pero non está de acordo que se ubique nun parque industrial dentro espacio natural protexido. Tampouco estaría de acordo con que se ubicara na zona actualmente proposta en Bouzafigueira, si esto realmente implica afeccións ós manantiais acuíferos veciñais aledaños existentes no lugar. Salienta, non obstante, que un punto limpo ben ubicado, diseñado e construido non ten porque afectar a mananciais ou calquer outro recurso natural, non ten porque estar integrado dentro dun parque industrial e incluso pode estar ubicado preto de núcleos urbanos, xa que simplemente están ideados para acoller resíduos inertes e voluminosos.
Luita Verde lamenta que a necesaria ubicación e consecución do punto limpo no concello de Moaña como ben social e medioambiental común se estexa convertindo nunha arma arroxadiza política particular, con claros tintes electoralistas e denuncia o interés partidista e persoal do PP por trasladala ubicación á zona proposta polos empresarios como parque industrial na Cruz da Maceira, pois lembramos cun dos seus máximos impulsores desta foi e sigue a ser o empresario, José Fervenza, noutrora presidente da propia Asociación de empresarios de Moaña e actualmente diputado autonómico no Parlamento polo PP. Luita Verde denuncia tamén a pouca transparencia e información por parte do actual equipo de goberno BNG-PSOE-Inmo con respecto á actual ubicación do punto limpo proposta en Bouzafigueira.
LUITA VERDE


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA11-10-2006
O da pouca transparencia diredelo porque queda moi chulo, porque se supón que tedes que facer algunha crítica ó goberno municipal para contentar a vosa clientela. O certo é que este tema foi tratado públicamente en plenos e comisións, foi falado cos veciños da zona, ós que se invitou a coñecer como era un punto limpo, etc.Hai que ter un mínimo de coherencia aínda que sea algunha vez e non intentar non mollarse nunca
Silencio
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA11-10-2006
¡Hai que ver, Silencio! ¡Non se che escapa unha! Nin que fixeses horas extraordinarias para defender ao tripartito de Moaña (mellor dito, ao bipartito, porque realmente defendes a dous). E todo iso acompañado de non poucas incursións por temas de Cangas.
¡Realmente o teu ten o seu mérito! ¿Non serás ubícuo?
AMEIXOADA INDEPENDENTE (E xunto con Coiro, Concello novo)
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA11-10-2006
Ti tampouco te quedas corto. Por certo que me alegro de non ser o único monotemático neste foro. Unha aperta
Silencio
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA11-10-2006
Quería dicir o único non monotematico. Por certo, a favor da Ameixoada independente, iso si, ten cuidado que cando vos poñan o campo de futbol vante a acusar de meter o cazo e de ter un chalé en Portugal a conta do nejosio dos terreos do campo. É como se estila nestes casos.
Propoño que alguén diga que no dos terreos do punto limpo tamán hai cazo. Parece que alguns estan perdendo os reflexos.
Silencio
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA11-10-2006
Daniel Rodas, Mr. Silencio: hai que ter un mínimo de cabesiña para mirar o que se dí. A que ven iso de que Luita Verde ten que ter coherencia ó menos unha vez?. Se pensas que houbo transparencia o dís e xa está. Se Luita Verde non existira habería que inventala.
mala herba
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA12-10-2006
Je,je,je...acertache. Luita verde na súa exposición introduce unha crítica gratuita que non ven a conto. Pode que sea casual, pero vai na linea que sigue o PP con respecto a este tema
Silencio
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA12-10-2006
luita verde con que esta de acordo?..........
moañes
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA13-10-2006
Ollo que detrás da movida do punto limpo na Marrúa está o xogo político de levalo ó final para os terreos do parque industrial da Cruz da Maceira aínda que non esté aprobado e en espacio natural protexido xa que así tódolos partidos políticos quedan a ben, sexan de dereitas ou sexan de esquerdas donde o exemplo tamén xa o temos no PXOM aínda que exista a especulación.
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA13-10-2006
... e preguntome ¿ se o punto limpo están ideados para acoller resíduos inertes e voluminosos?, porque non queren poñelo no parque industrial da Fraga.

Que vos digo eu que aqui ahi intereses dalgun individuo... e cazo por medio. E con toda esta corrupción os que saen perxudicados son os veciños que teñen os pozos perto. ¿ Quen garantiza que non vai haber filtracions co tempo? se esta rodeado de manantiais de auga e de distribuidores para as vivendas...
Este conto xa o sabemos todos, vai pasar como as depuradoras, os primeiros anos como quen paga e a Xunta de Galicia vai todo bem, pero despois unha verdadeiro descontrol, fanse verquidos incontrolados o mar... e con isto vai pasar mais do mesmo.
Moañes
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA13-10-2006
Acojona ver canta paranoia se pode montar enriba dunha parida. ¿En Moaña están maioritariamente enfermos? ¿Os moañeses que entran neste foro están todos maioritariamente enfermos? ¿Os moañeses que entran nesta páxina e despois deixan a súa huella están maioritariamente enfermos? ¿Solo os enfermos saben escribir? ¿Alguén sabe o que é un punto limpo e é capaz de explicar como se pode especular cun terreno de propiedade municipal onde se quere facer un punto limpo? ¿Alguén é capaz de explicar que se pode filtrar nun punto limpo que non se poda filtrar desde a esterqueira que dous de cada tres moañeses teñen no quinteiro da súa casa? ¿Os puntos limpos son radiactivos? ¿Hai vida aí ou solo cajalera mental? ¡Socorro!
MAREADO
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA13-10-2006
En resumidas contas e a ver se me aclaro, resulta que hai uns que queren poñer o punto limpo na Marrúa; hai outros que non queren poñer o punto limpo na Marrúa e queren poñelo no parque industrial. A realidade é que non hai parque industrial en Moaña. Pero a realidade profunda profunda é que os que queren poñer o punto limpo na Marrúa en realidade queren poñelo no parque industrial que non hai, e por iso andan todos a paus dende hai dúas semanas, co cal queda definitivamente demostrado que en Moaña están todos maioritariamente enfermos e que os políticos de Moaña, aparte de corruptos e malas personas, son todos idiotas. Si xuntas todo isto nunha batidora sale: a)en Moaña non hai parque industrial e seguramente nunca o haberá; b) en Moaña non hai punto limpo e seguramente nunca o haberá; c)non se vai poder especular, co cal os idiotas dos políticos de Moaña poderán ir todos xuntos ó ceo sin corromperse; d)os sofás, as neveras, os neumáticos, os alambres, as bicicletas rotas, os colchóns, os somieres, os canos das coles, as silvas, as latas de aceite, as baterías dos coches, as mesillas, as persianas, as ventanas, os azulexos dos baños, os bidés, as bañeras, as cociñas, os restos das obras....seguirán tirándose ó lado da carretera ou no medio do monte, que é onde menos molestan; d)os dos pozos da Marrúa poderán seguir bebendo agua oxigená de calidá modificada unicamente pra conseguir o seu exquisito paladar polo mexo dalguns pozos negros que están eriba dos manantiales e que non queren conectarse ó alcantarillado, porque eles non teñen aceites nin filtracións e tampouco queren mandar a merda á depuradora porque é moi peligrosa; e) os marcianos que lean esta páxina e sepan o que é un punto limpo van a excluir Moaña dos seus plans de invasión da Terra, ó demostrarse que neste punto do planeta, ademais de haber moita merda, non hai vida intelixente.
RESUMINDO
RE: PUNTO LIMPO CONCELLO DE MOAÑA17-10-2006
unha sóa pilha alcalina pode contaminar a agua que consumiría un home en seis vidas, e en Espanha só se recicla unha de cada cen pilhas.
Ter concencia ecolóxica é unha moda ou unha necesidade?
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados