Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://datingloveromance.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
COSENDO A RIA DE VIGO11-10-2006
Haz click para ampliar ¡¡ COUSAS DO PROJRESSO !!!
xanin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: COSENDO A RIA DE VIGO11-10-2006
Hache de quedar un xerxei ben bonito.
Cangas, Barrio de vigo
RE: COSENDO A RIA DE VIGO11-10-2006
Eres un crack xanin. Eso é o que queren os de vigo, ter un barrio máis para poder vir botar a merda nas praias.
moañesa
RE: COSENDO A RIA DE VIGO11-10-2006
Clavaches un dos puntos enriba da casa de Antía Cal, outro enriba da casa do presidente da Asociación de Veciños de Meira, outro enriba do edificio do Cine Prado e o último enriba da igrexa de Tirán. Fernández Alvariño xa podían coser un güevo contra o outro, digo eu.
ANTIPONTE
RE: COSENDO A RIA DE VIGO11-10-2006
a leria da ponte non é mais que unha cortiña de fume para tapar a hipercacicada do Plan de Usos do porto de Vigo, ese si que manda, ordena e dispón da ría como do seu saio. AUTORIDADE PORTUARIA, AXENCIA INMOBILIARIA
RE: COSENDO A RIA DE VIGO11-10-2006
Xanín, es un virguero. O bo é que ti explícalo en realidade virtual, pero estes capullos da Autoridade Potuaria, CEP, Ubaldino, Caixarouva, Corina, etc, a pouco que os deixen, vánnolo facer real. Recheo daquí, recheo dalá van acabar por concerter a Ría en Río (porriba machistas!) para que se poida pasar dun chimpo.
¡Nin un metro máis de recheo! ¡O Morrazo non é nin será nunca un barrio periférico de Vigo!
¡CORINA, NO NOS TOQUES LA PETRINA!
lLA RÍA NO ES TU PISCINA!
SINIESTRO PARCIAL
RE: COSENDO A RIA DE VIGO12-10-2006
XANIN que bo montaxe
SOAK
RE: COSENDO A RIA DE VIGO12-10-2006
estou de acordo con tod@s vos, fan desfacer a ría con tanta merda de recheo e portos deportivos dos collóns, e mentras os vigueses sen facer unha depuradora decente. que vaian a tomar tod@s polo saco

yoya
RE: COSENDO A RIA DE VIGO12-10-2006
Yoya, filla: ¡Eres unha mal falada! E Deus pódete castigar.
DON BENITO
RE: COSENDO A RIA DE VIGO13-10-2006
Non se preocupe Don Benito que xa pasarei a pagarlle a bula e así salvome do inferno
yoya
RE: COSENDO A RIA DE VIGO14-10-2006
A AMBICIÓN DESMEDIDA DOS ESPECULADORES NON TEN LÍMITE

FAN CREAR UNHA NECESIDADE DE COMUNICACIÓN, ONDE SÓ HAI O INTERESE DE REVALORIZAR ATA COTAS INSOSPEITADAS AS PROXECTADAS URBANIZACIÓNS DE SALGUEIRÓN E ALDÁN

Non teñen escrúpulos en alterar a singular e simpar paisaxe das nosas rías no seu beneficio. A proxectada urbanización de Salgueirón onde pretenden meter un faraónico proxecto de Norman Foster, e o super-mega-porto deportivo que se pretende montar na zona, necesitan dunha comunicación "acorde" co nivel dos compradores, que terán que vir de fóra. Está claro que o acceso ás super-residencias e aos amarres dos mega-iates non pode pasar polo medio do casco urbano de Cangas. Así non se vende ben ese tinglado. Necesitan unha vía de comunicación que convirta a toda esta zona do Morrazo nun bairro máis de Vigo. Necesitan poñer nos folletos de venta, "residencias e porto deportivo a 5 minutos do centro de Vigo", senón mal teñen o negocio.

Para o proxecto especulador sobre terreos usurpados aos veciños de Aldán, fixéronlle a vía rápida, que agora queda demostrado que non é a maravillosa vía de comunicación que anunciaban. Como despois do despilfarro de cartos públicos e do destrago dos montes do Morrazo non ven logrados os seus obxectivos, agora van a pola ría e polo que queda sen estragar nos nosos montes e vales.

O novo proxecto dunha nova ponte entre Alcabre e Balea, para o que estes personaxes están a poñer toda a carne no asador, acabaría por desfacer o que queda do espacio natural da Punta Balea, e dende aí unha nova vía arrasando os bairros de Balea e San Roque, e pola Serra Poente e Varalonga chegar a unir coa vía rápida en Aldán.

A estes elementos non hai quen lles poña freo. As nosas hortas son deles, as nosas casas son deles, os espacios verdes e comunais, as augas da ría e a beiramar, non son de todos, son deles.

¡¡¡ ATA CANDO!!!

José Saramago: "Vivimos nunha plutocracia, gobernados polos ricos"


ATACANDO
RE: COSENDO A RIA DE VIGO14-10-2006
estou de acordo con "atacando" excepto na frase e no autor citado (u-los cartos do nobel). Eu poñería unha cita de Vicente Risco do libro O porco de pé, "os ricos nunca chegarán ó ceo porque xa viven nel".
maite
RE: COSENDO A RIA DE VIGO14-10-2006
Maite, ¿ese Vicente Risco ao que citas é un que foi pro nazi en varios dos seus escritos, non si? Claro que como foi un "petrucio" galeguista ao mellor se lle perdoa todo.
Fachas, nin galegos nin de fóra!
COCHENO
RE: COSENDO A RIA DE VIGO14-10-2006
Maite, eu non sei que fixo Saramago cos cartos do Nobel, nin me preocupa.
Si que lle agradezo que nos axude a ver a realidade deste podre mundo. Aconsélloche que o leas.
Tamén agardo con interese a ver este domingo, ás 22 h na TVE2 o programa "Outro mundo é posible" a ver se non nos defrauda.
ATACANDO
RE: COSENDO A RIA DE VIGO14-10-2006
Para "Cocheno". Non sabía que Vicente Risco tivese ese pasado. Eu lin o libro, gustoume, pareceme unha boa sátira e paseino ben lendoo (mellor que algún de Saramago). Cecais a cita non foi afortunada pola miña banda, o que lamento moito. Pero talvez pasa que dun libro sempre se saca algo bo, emporiso non se condena o afastamento nin se queima (Os libros arden mal / Biblia de George Borrow).

E que veñan moitos mais "Atacando" por este foro.
maite
RE: COSENDO A RIA DE VIGO14-10-2006
Maite, pechado calquera conato de debate entre nós. Porque, efectivamente, o importante é o obxecto desta denuncia (Projresso) e sobre todo, e aí estou totalmente de acordo contigo, o que di ATANCANDO. Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. Se fose un manifesto, asinábao, dende logo
COCHENO
RE: COSENDO A RIA DE VIGO15-10-2006
Para a réplica de "Atacando".

A min Saramago non me gusta. Xa lin a súa obra, non toda pois chegou un intre en que me aburriu e xa non lle fixen mais "ghasto".

E moi doado criticar o mal reparto da riqueza no mundo cando un ten cartos nos petos e pode acalar os seus remorsos en manifestacións televisadas lendo discursos que apelan a filantropía do corazón da xente. Se o hotel de Norman Foster en Massó fose unha realidade dubido moito que o Sr. Saramago non fose hóspede del, que non dese conferencias, ou concedese entrevistas para citarse nel.

Sigo mantendo que a primeira intervención de "atacando" foi moi boa (superlativa). Eu tamén a asinaría.
maite
SE EMPIEZA POR UNA VíA RáPIDA...18-10-2006
Quiero agradecer a tantas empresas, consultoras, inmobiliarias, corporaciones municipales, alcaldes, bancos, paraísos fiscales, instituciones que se desentienden de la protección de la naturaleza...
gracias, porque con sus proyectos urbanizadores ( ya se sabe, se empieza por una Vía Rápida ) traerán el bienestar a la Comarca del Morrazo, vendiendo al mejor postor lo que ellos, casualmente, compraron a precio de saldo.
Gracias por querer urbanizar en terrenos que reclaman como comunales diferentes parroquias.
Gracias, por hacer una pequeña Marbella en los terrenos de Massó, con una transparencia en la gestión digna del Presidente de la Diputación de Castellón ( Sr. Fabra ).
Mi más entusiasta agradecimiento por el proyecto de puente desde Vigo hasta Balea; qué idea tan brillante! qué empresarios y alcaldes tan emprendedores tenemos!!...
Pero, cuidado, no olviden conectar sus puentes, carreteras, urbanizaciones, con las Islas Cíes, Barra, Nerga, Donón....
Bien pensado¿porqué no construyen islas artificiales en el interior de la Ría, a modo de áreas de servicio? Poco a poco, se podrían ir ampliando...
Hay poco terreno en la península do Morrazo? Fabríquenlo! Uds. pueden.
Seguro que Norman Foster les firma el proyecto.
No se preocupen por la financiación, no pierdan el tiempo contando su dinero; perdón, nuestro dinero.
Gracias, porque todos sabemos que lo hacen por el bien del pueblo.

Profundamente agradecido.
MOM
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados