Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://jgc-psc.com/single-damer-hamar/
Indispensables
Donde ...
Guia
O COLECTIVO NACIONALISTA DE MARIN AMOSA A SUA SOLIDARIEDADE COAS REIVINDICACIóNS DAS MARISCADORES E RECLAMA O SANEAMENTO DA RIA.06-10-2006


Dende hai varias semanas as mariscadoras que faenan na praia de Lourizan, moitas delas veciñas de Marin, están mobilizándose diante de diversas institucións para protestar polo cambio de clasificación da praia a zona de tipo C. Esta decisión, tomada pola Xunta de Galiza, perxudica moito á súa economía, xa que as estraccións ao non poder pasar pola lonxa van directamente a cocedoiros o que conleva unha baixada de prezos dificil de soportar por parte das mariscadoras.
O Colectivo Nacionalista non quere entrar na polémica de se están ben feitas ou non as análises que serviron para o cambio de clasificación, mais en todo caso o que si que non é casual é a situación de contaminación da ría, pois á estadía durante case 50 anos do complexo Ence-Elnosa, hai que lle sumar a presencia do porto de Marin que cos seus continuos recheos está a cambiar a dinámica das mareas ademais de botar as súas augas residuais á ría en moitos casos sen depurar. A todo isto hai que engadirlle a instalación dunha estación depuradora preto do banco marisqueiro que debido ao seu ineficaz tratamento dos residuos verte as augas sen depurar.
Da actividade do marisqueo viven miles de persoas na Galiza, na súa grande maioria mulleres (até un 90%), que ademais das habituais dificultades de gañar os suficientes cartos para poder pagar á Seguridade Social e vivir do que se extrae, teñen que soportar a continua acción contaminadora do home sen que ninguén pareza porlle remedio.
Temos que denunciar a atitude dos distintos gobernos, pois esta situación ben de lonxe, que non fixeron nada por solucionar os problemas da nosa ria. O goberno do PSOE-BNG, e antes o do PP, non poden condear a un sector económico cando teñen a responsabilidade, política e legal, de depurar os vertidos que fan basicamente o Concello de Pontevedra por non depurar ou facelo mal, e o porto de Marin. Non se poden sorprender, como o Alcalde de Pontevedra, de que hai un problema cando as mariscadoras petan na porta do seu despacho.
O Colectivo Nacionalista ante esta grave situación nas nosas rías e a posíbel perda de centos de postos de traballo demanda tanto do goberno galego como das distintas institucións que se poñan mans á obra para ofrecer unha solución rapida e eficaz que remate dunha vez coa desfeita ecolóxica e económica das nosas rías e permita conservar estes postos de traballo dos que dependen miles de familias. A conselleira de Pesca antes de actuar como o está facendo ten que dar unha alternativa ás persoas que poden perder o seu posto de traballo, a Xunta ten que cumprir coa legalidade e as directrices comunitarias e sanear a ria.

Marin, 6 de outubro de 2006.

Asdo.: Francisco Currás Domínguez
Colectivo Nacionalista de Marin
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O COLECTIVO NACIONALISTA DE MARIN AMOSA A SUA SOLIDARIEDADE COAS REIVINDICACIóNS DAS MARISCADORES E RECLAMA O SANEAMENTO DA RIA.06-10-2006
A min todo isto paréceme moi bonito,peor aos mariscadores importoulles unha merda a contaminación da fábrica mentras puderon realizar a sua actividade,e tampouco lles importou vender marisco que casi seguro estaba contaminado,e agora,aaaah amiguiño,agora protestan porque se lles acaba o chollo,pois a min no me dan pena ningunha.Ou se cerra a fábrica ou se cerra o marisqueo,as dúas cousas xuntas son incompatibles
RE: O COLECTIVO NACIONALISTA DE MARIN AMOSA A SUA SOLIDARIEDADE COAS REIVINDICACIóNS DAS MARISCADORES E RECLAMA O SANEAMENTO DA RIA.06-10-2006
E por que collóns pedídes ahora a depuración das augas e non o pedistes antes???? por que collons insistedes en culpar á xunta cando hai unha normativa europea que obliga a isto??? por que collons os putos mariñeiros e as mariscadoras non fan nada ata que lle tocan o bolsillo??? PORQUE SON UNS PESETEROS (TODOS NON ) QUE ESTÁN MUI MAL ACOSTUMBRADIÑOS, E QUE TEÑEN UNS PRIVILEXIOS DOS QUE OUTROS TRABALLADORES NON DISFRUTAN.
Yoya
RE: O COLECTIVO NACIONALISTA DE MARIN AMOSA A SUA SOLIDARIEDADE COAS REIVINDICACIóNS DAS MARISCADORES E RECLAMA O SANEAMENTO DA RIA.06-10-2006
Nos levamos tempo pedindo a depuración das aguas e o desmantelamento de ence.

un saudo.
CN
RE: O COLECTIVO NACIONALISTA DE MARIN AMOSA A SUA SOLIDARIEDADE COAS REIVINDICACIóNS DAS MARISCADORES E RECLAMA O SANEAMENTO DA RIA.09-10-2006
Veña tod@s agora contra as mariscadoras. Os que non reclamaron nada foron as confrarias, as mariscadoras como persoas individuais algunhas protestaron e protestan e outras non. A algún seica lle fode que lle fagan ao novo goberno o que antes facían eles contra o PP. Pois polo tanto os que gobernan agora son os responsábeis a quen hai pedirlle soucións e no seu caso responsabilidades.
o revoltoso
RE: O COLECTIVO NACIONALISTA DE MARIN AMOSA A SUA SOLIDARIEDADE COAS REIVINDICACIóNS DAS MARISCADORES E RECLAMA O SANEAMENTO DA RIA.09-10-2006
revoltoso, o que jode non é que protesten que teñen o seu dereito, o que jode e que protesten cando lles doe o bolsillo na mais, que a depuración das augas dáballes por cu ata fai pouco.
yoya
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados