Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
ligar con hombres alemanes
Indispensables
Donde ...
Guia
ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS06-10-2006
Luita Verde a pesar de que ve moi interesante a nivel divulgativo e educacional a iniciativa da exposición itinerante das “áreas mariñas protexidas” elaborada por parte da Consellerías de Pesca e Asuntos Marítimos e da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, denuncia que durante a estancia do barco expositor no concello de Cangas, dende o fin de semana anterior ata o mércores 27 de setembro, non chegou realmente ata o conxunto da cidadanía e tivo unha pobre e desproporcionada publicidade, máis preocupada polas características estéticas da exposición que no contido obxectivo da mesma, quedándose ó final nunha mera operación propagandística. O máis lamentable foi a paupérrima presencia de público (6 persoas) na conferencia impartida por un técnico da Universidade da Coruña sobor do tema o martes 26 na Casa da Cultura do concello, acto que iba dentro do programa da citada exposición itinerante pero que provocou que a conferencia non tivera a audiencia debida e por engadido apenas debate. Tamén é de lamentar que no barco expositor só se ofrecera uns dípticos moi básicos e pegatinas ó público e non uns CDs ou impresos específicos para as persoas ou colectivos interesados coa totalidade da exposición, que ó contrario é moi ampla e completa, dividida en varios paneis monográficos e de moi interesante información técnica, científica, e medioambiental.
Luita Verde apoia os obxectivos básicos das áreas mariñas protexidas, como figura protectora e salvagardadora dos valores mariños, da conservación da súa biodiversidade e da xestión sostible dos recursos pesqueiros, mais entende que esta figura de protección ten que ser complementada por outras de meirande ámbito, como por exemplo a creación de Reservas da Biosfera, a integración de novos espacios naturais e ampliación dalgúns dos xa existentes dentro da Rede Natura 2000 e a ampliación do propio Parque Nacional das Illas Atlánticas, no litoral galego. Galicia,na que a pesares de que na actualidade só hai un úneco proxecto de área mariña protexida e en fase de redacción, o de Lira, é unha zona cun potenciais mariños e costeiros enormes e únecos no planeta, dignos aínda de protexer e explotar racionalmente e polo tanto hai que ter moi en conta que unha mínima superficie do litoral galego está protexido, non chega o 12% do territorio total galego e nestes momentos, aparte da contaminación por vertidos en mar aberto, proxectos de recheos, a contaminación orgánica e industrial e a especulación urbanística en primeira liña de costa, son as principais ameazas actuais e futuras para o litoral e o medio mariño.
Luita Verde salienta que unha das principais ameazas para o litoral, o medio mariño e os recursos pesqueiros a nivel local na comarca do Morrazo e tamén para a ría de Vigo en xeral, son os 600 metros lineais de dique e os máis de 27.000 metros cuadrados de explanada en recheos enriba do mar do proxecto urbanístico do porto deportivo de Massó, no Salgueirón, no mesmo concello de Cangas, zona de relevante importancia biolóxica e de gran tradición pesqueira, integrada dentro dunha autorización marisqueira dende hai 34 anos para a explotación de ostra, ameixa e navalla, pero con máis de 260 especies de fauna e flora mariña no seu seo, entre algas, anélidos poliquetos, moluscos, crustáceos, equinodermos e tunicados; a abundancia de pintos, lubinas, sargos, raias, chocos e polbos entre os bosques de algas e a presencia excepcional da alga calcárea Lithothamiom corallioides nas profundidades formando os denominados fondos de maerl, de gran importancia pola gran biodiversidade que albergan; zona que en conxunto ademáis funciona como refuxio de pesca no que se traballa cando as condicións metereolóxicas son adversas e non permiten faenar en zonas máis expostas á oleaxe. Tendo en conta estes importantes valores e que están en serio perigo de desaparecer pola construcción do porto deportivo e a especulación urbanística (ó porto deportivo se lle une en terra un macroproxecto urbanístico residencial e hoteleiro de cerca de mil vivendas en solo rústico de protección de espacios naturais e en solo industrial e de reserva en desuso) e o abandono actual do lugar (vertidos fecáis residuais directos ó mar dende a obsoleta rede do saneamento e a cercana depuradora municipal), creemos que deberían ser máis que suficientes para que previa paralización cautelar das obras actuais do porto deportivo por parte da Autoridade Portuaria de Vigo ou a Xustiza, esta zona fora analizada e estudada a posibilidade de declarala como unha posible área marítima protexida no máis inmediato futuro ou/e senón de incluíla como zona exterior de transición dentro dunha futurible declaración de Reserva da Biosfera para as Rías Baixas como medida garante da súa protección integral e de cara a un desenrolo sostible e non só para as Illas Cíes como pretende agora a Xunta de Galicia, , pois as rías na súa totalidade son unidades biolóxicas e ó mesmo tempo reservorios de peixe e marisco, que na últimas décadas están sendo alteradas e agredidas inpumne e insostiblemente polas causas antes mencionadas.
Luita Verde


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados