Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
creative writing starters ks2
Indispensables
Donde ...
Guia
INFORMACION URXENTE19-09-2006
boas, teño a curiosidade de canto tempo estamos a falar de aqui a que comecen as obras no monte de "O Ramil" o lado do lidl de moaña, é unha curiosidade q temos xa q nos somos de lugo e queriamos saber se tiñamos posibilidades de adquirir algunha casa, .. por iso estamos interesados en saber cando comezaria ó proxecto que teñen pensado levar a cabo no Ramil, xa q nos parece un lugar bastante fermoso preto do mar xa que nos vimos do interior de Lugo.
XOÁN


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: INFORMACION URXENTE19-09-2006
Nesta mesma páxina hai unha longa contestación que enviei onte a Merche.
O Concello debería proceder a aprobación do PXOM antes de fin de ano. Logo a Xunta ten tres meses para a aprobación definitiva.
Si a aprobación se produce tal e como o plantexa o concello, hai que ver que pasa co tema dos 200m, o PXOM entraría en vigor e dependería da empresa constructora.
Tirán
RE: INFORMACION URXENTE19-09-2006
Que raro que non saira ninguén chamando xa especuladores ou algo polo estilo,porque aquí o ladrón pensa iso,que son todos da súa condición
manuel landin
RE: INFORMACION URXENTE19-09-2006
Tes mais información neste fio
http://www.delmorrazo.com/denuncias/verDenuncia.php?id=688
sandra
RE: INFORMACION URXENTE20-09-2006
Que pesad@s xa co do Ramil. Por suposto que aquí hai especulación e ademáis política, a do BNG de Moaña no poder, máximo valedor da privatización e urbanización elitista dos terreos deste espacio natural protexido e a d@s suás lacai@s que están a satelizar contínuamente cos correos e por engadido hai algún que debe de ser concellal de goberno pois da moita información detallada como punta de lanza.
NON Á DESPROTECCIÓN, PRIVATIZACIÓN E URBANIZACIÓN DO MONTE DO RAMIL ¡¡
EN DEFENSA DO LITORAL
RE: INFORMACION URXENTE20-09-2006
Xa tardaba demasiado en saltar a "esquerda" conservadora. Son ijualiños que os neocoms, reaccionan ós cambios de maneira visceral.
Tirán
RE: INFORMACION URXENTE21-09-2006
Eso, eso! Como tanta información detallada? O mellor son tres couces e catro coños, especuladores todos. Aquí fai falta outro Manito, ar, to er mundo al suelo, se sienten coño. Cada vez que escoito a palabra información, boto man á pistola. Non informen tanto, putos especuladores nacionalistos, que xa sabemos todos de que ides, cada consellal ten un piso no Real, e o jefe de todos un chalé en portugal e outro no ramil. van a traballar todos os dias pa disimular porque en realidá o que teñen é unhas contas nas bahamas que de cajas coas rentas de dismareate e promalar. ¿a eles os espacios verdes? Se viven todos do formigón. Non teñen as empresas ós seus nombres pero vigilar as contas das mulleres e dos fillos e veredes. O que eu dijo, todos ó paredón, e o primeiro ese concellal que da tanta información, ou senón que lle corten o unico dedo que usa pa teclear. Xa tanto informar e tanto dialojar e tanto carallo a la vela. Si con Javier Barreiro todo estaba máis claro e veñen estes impresentables. Eso, eso, eso, Javier Barreiro, Fervenza e Manito y mucha kaña ecoleguista.
ECOLEGUISTA ANTINACIOALISTO
RE: INFORMACION URXENTE21-09-2006
A esquerda ou máis ben a pseudoesquerda conservadora a representa e cada vez con máis crarividencia o BNG, que o da estrela na bandeira, xa hai tempo que lle queda longa e da cal polo camiño que levan acabaran descaradamente por repudiala. E o de neoconservadores, un tanto do mesmo, e lembrando ademáis a entrada de persoaxes coñecidos da dereita galega no seu partido. Vamos Tirán e indo ó gran, a quen pretendes defender, o erario público dos teus veciños e o dereito a disfrutar dun medio ambiente limpo e conservado ou aos intereses do partido, a especulación dos terreos en favor da constructora con información privilexiada e a compra e disfrute privada dos terreos urbanizados por xentes vidas de fóra con alto poder adquisitivo?
TIRANO BANDERAS
RE: INFORMACION URXENTE21-09-2006
Encantame. As reaccions, de ahí ven reaccionario, son de manual. Insisto : ijualiño que os neocoms.
Tirán
RE: INFORMACION URXENTE21-09-2006
Xa comentei sobre este asunto noutra información que pedía saray ogando, polo visto hai xente interesada como el tal Tiran en manipular a información que ten, por certo moi concreta o que fai pensar que tratase dalgún político do grupo de goberno ou dos especuladores de turno neste caso a empresa Dismareate SL. Se o actual goberno da Xunta ten dignidade, ética e demais non aprobará o PXOM de Moaña o seu compromiso electoral, as declaracións continuas de protección do litoral, a lexislación vixente, son contrarias ao convenio asinado polo concello de Moaña e Dismareate SL e unha vergoña que o grupo de goberno do Concello de Moaña composto polo PSOE, BNG e INMO contradicindo as declaracións reiteradas de Touriño e cía. sobre a defensa do litoral fagan unha proposta de retirar a liña de protección de 200 metros que establece a lei ( 9/2002 de 30 de decembro ), baseándose no artigo 13 da mesma que di Os núcleos rurais situados na franxa de 200 metros desde o límite interior da ribeira do mar non poderán ser ampliados en dirección ó mar agás nos casos excepcionais nos que o Consello da Xunta o autorice expresamente, pola especial configuración da zona costeira onde se atopen ou por motivos xustificados de interese público, xustificando a necesidade da iniciativa, a oportunidade e a súa conveniencia en relación co interese xeral.
A proposta do concello de Moaña tamén foi feita polo alcalde de Cangas para intentar colar proxectos especulativos, para estes progresistas o interese público e xeral pasa polo beneficio a empresa privada Dismareate SL en detrimento do interese xeral da protección do litoral e como non pola loita contra a especulación.

Resumindo somos moitos os veciños de Moaña que rexeitamos actuacións deste tipo e consideramos que moitos dos convenios asinados entre eles o de Dismareate SL quedarán sen ser unha realidade pois a Xunta non lles dará o visto bo pola súa manifesta ilegalidade e a degradación do litoral que supón.




dani
RE: INFORMACION URXENTE21-09-2006
Mira Dani, casi podo estar de acordo contigo cando fas argumentacións coherentes. Estaría ben que eliminaras toda a verborrea fascistoide que utilizas de matute. Por certo, non soio os concellais e enteradillos coma ti saben de que vai a festa, ou que pensabas...
Tirán
RE: INFORMACION URXENTE22-09-2006
Bueno, despois dun debate tan apasionado sobre cincuenta casas e cen arcolitos, que alguén me aclare unha cousa: se o BNG non é de esquerdas, ¿quen é de esquerdas? ¿Queda alguén na esquerda? ¿Cantos son? ¿Onde se lles ve, ademais de en Delmorrazo.com? Pregunta provisional: ¿existe a esquerda? Pregunta definitiva: supoñendo que non exista a esquerda, ¿daquela tampouco existe a dereita, nin o centro, nin arriba, nin abaixo?... E posto que todos os políticos son un especuladores, daquela a especulación é connatural coa política; polo tanto, ¿como se lle pode reprochar a un político que sea especulador? E se todos os políticos son iguais, ¿como se pode dicir que un político é malo? ¿Algúen me pode dicir como se sale deste circulo vicioso, que me mareo?
CÍRCULO VICIOSO
RE: INFORMACION URXENTE22-09-2006
Tampouco se lle pode facer moito caso a esquerda iluminada. Sempre vai a adoptar posicións conservadoras, reaccionando en contra de calquera cambio. Nunca se comprometerá realmente a nada, máis alá da verborrea e sempre preferirá estar acosando dende fora a ciudadela a entrar nela e perder a mácula.
Tirán
RE: INFORMACION URXENTE22-09-2006
Por suposto que a política é un círculo vicioso e a maioría dos políticos por non decir que todos, cando chegan ó poder se corrompen e son pasto como non da especulación, porque desgraciadamente hoxe en día é a úneca forma de sacarlle pasta e rendimento político a un goberno e o partido en cuestión senón a nivel persoal para máis colmo.
Tirán, polo que dis parece que vas de progre pero que ideoloxía eres, dos críticos do BNG, dos descontentos do PSOE ou dos cabreados do PP? ou máis ben, eres lacaio de DISMAREATE? ou sen máis eres un veciño que intenta sacarlle tallada á operación urbanística do monte do Ramil, listillo ¡¡ Cada vez que escribes algo novo se che ve máis o plumeiro, pero por favor non te poñas nervioso e menos aínda insultes, estás comezando a perder credibilidade.
TIRANO BANDERAS
RE: INFORMACION URXENTE22-09-2006
Je,je...collechesme, Tirano, son un cabreado do PP, un pouco disidente do BNG e non sei que do PSOE, por suposto lacaio de DISMAREATE e sempre atento ó beneficio personal, si pode ser tipo Marbella millor. Supoño que se me ven tódalas plumas e que desta maneira estarás máis tranquilo porque xa che volve a cadrar ben o esquema. Respira...estou un pouco preocupado pola túa saúde.
Tiran
RE: INFORMACION URXENTE22-09-2006
PARANOYA: "s.f. Psicosis patológica que se caracteriza por presentar delirios sistemáticos de persecución, grandeza, vanidad, desconfianza, inquietud, etc., con una lógica aparentemente perfecta y sin deterioro intelectual".

PARANOYA POLÍTICA: "s.f. Psicosis patológica que se caracteriza por presentar delirios sistemáticos de desconfianza de que los políticos -fundamentalmente concejales- se ocupan de los asuntos públicos unicamente para conseguir beneficios personales. Imposible de curar, aún comprobando el paciente que en el 90% de los casos los políticos abandonan sus cargos exactamente como entraron, es decir, con lo puesto".

PARANOYA URBANÍSTICA: "s.f.Psicosis patológica que se caracteriza por presentar delirios sistemáticos de desconfianza de que los políticos -fundamentalmente concejales-fueron elegidos por especuladores y promotores urbanísticos, que pagan sus sueldos, dietas y lujos varios. Imposible de curar, aún comprobando el paciente que en el 100% de los casos los políticos fueron elegidos -acertada o equivocadamente- por sus votantes y el 90% trabaja entre 8 y 10 horas cada día si quiere llegar a fin de mes y pagar la gasolina para el coche".

SÍNDROME DE MARBELLA: "s.f. Desequilibrio mental consistente en creer que los políticos -fundamentalmente concejales- son propietarios de coches deportivos, cuadras de pura sangre, jirafas y leones disecados, y demás estupideces de salsa rosa. En su variedad más agresiva, presenta el síntoma de creer que Moaña es Marbella. Tiene cura, siempre que el paciente deje de leer lo que no entiende, salga de su círculo de enfermos y contraste opiniones con otra gente sana".

SÍNDROME DO LEJÓN: "s.f. Desequilibrio mental consistente en pensar que o meu vesiño é ruín por naturalesa, vai a moverme o marco así que me descuide, vai a abrir luses encima da miña veija, enseñou ó seu can pa que ladre xusto cando eu vou a durmir, méxame nas maceiras pa que sequen... e eu arrejlo isto abríndolle a cabesa cun lejón. Cúrase abríndolle a cabesa ó vesiño -índa que pode derivar en claustrofobia se acabas no talego- ou botando un polvo co vesiño/vesiña, según a situasión e as preferensias. Aconséllase o sejundo remedio.

Las patologías anteriormente descritas -que se resumen en la frase tan gallega de "to er mundo es malo"- es la que permite que el 10% de políticos y concejales sinvergüenzas, lacayos de los promotores, que no pegan palo al agua y tienen en sus mansiones jirafas disecadas se confundan con la gente honrada.
ENCICLOPEDIA MÉDICA
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados