Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
paid essay writing service groupon
Indispensables
Donde ...
Guia
PESCA DE PARRULOS03-08-2018
Hoxe estaba eu paseando por Punta Balea cando vin pasar unha femia de ánade real, das que aniñan na lagoa de Massó, nadando con cinco patiños detrás, cara as bateas a mar aberto por fora da illa Corbeiro. Pasou entón unha planeadora con tres tipos que ao velos, salabardo en man e gas a fondo, non dudaron en perseguilos e coller aos parruliños, ante a desesperación da súa nai por protexelos. Estes pescadores valentes, afeccionados claro, concretamente os que teñen a planeadora vermella folio--- amarrada no estremo do pantalán da sétima lista do centro de Cangas, saltaron a terra cos parrulos na caixa, metéronse no seu citroen Xsara gris matrícula--- e foron a celebrar a súa pesca á avenida de Marín. Todo isto podería ser unha denuncia ante o SEPRONA, pero penso que a pena de vergonza pública viríalles moito mellor.
Arroás


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PESCA DE PARRULOS10-08-2018
Pois si que esta ben que o poñas en coñecemento por aqui, pero penso que deberías tamén denuncialo na garda civil para que actos coma estes non queden impunes.
Veciño de Cangas
RE: PESCA DE PARRULOS25-08-2018
Pois e de supoñer que xa o fixo, digo eu.
Nolito
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados