Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.bsmf.de/
Indispensables
Donde ...
Guia
O PASEO11-02-2016
¿Por qué o anterior goberno na cesión dos 6 metros incluiu a condición de facerse na anterior lexislatura?
¿é unha obra para todo o pobo e para sempre ou non?
¿Por qué Costas non caduca as concesións duns estaleiros sen actividade durante moitos anos?
¿Cal é a relación de Sueste coas concesións?
¿Por qué o delegado do goberno lle falta ó respeto o concello de Moaña anunciando a paralización da obra nun bar?
¿Por qué o actual goberno segue coa obra cunha cesión de 3 metros cando o dominio é de 6 metros?
¿Por qué se permiten muros dentro da servidume deses 6 metros?
¿Por qué se gastan cartos facendo unha aberración provisional e despois se volverán a gastar cando sexa posible rematar o paseo pola beiramar?
¿O concello non para a obra por non pagar lucro cesante?
¿Non quedamos en que a potestade de parar a obra non é do Concello?
¿Chegado o caso quen pagaría o lucro cesante?
¿Que estaleiro se quere conservar como museo?
¿Os dous quizáis? ¿En serio?
¿Eses estaleiros no seu estado e coas súas características e nese sitio como homenaxe as carpinterías de ribeira e en xeral ás xentes do mar?
O goberno anterior e o actual están facendo as cousas mal e non pensan no interes de todos e todas. Mentras non recoñezan as dúas partes as súas equivocacións e se chegue a un acordo entre todos e con xunta e costas non avanzaremos.
Agardemos que a acción dalgún energúmeno ou energúmena non nos faga lamentar este patético espectáculo que está a acontecer en Moaña. (Cousa que estivo a punto de ocorrir por certo).
Recoñezan erros, cheguen a acordos e rematen o paseo o antes posible sen despilfarrar innecesariamente.
Se o consiguen demostrarán que o ben común está por riba de batallitas ideolóxicas e partidistas.
Moitas partes terán que dar explicacións pola xestión pasada e actual deste tema.
RqueR


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O PASEO11-02-2016
Ben, comenzamos a ter respostas. O anterior goberno que empece a dar explicacións por ser os que pediron a aberración de bordear as carpinterías.
O actual que explique porque non denunciou a construcción de muros na servidumbre.
Os titulares das concesións....buenos alá cada un coa súa conciencia e sentido da responsabilidade.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2016/02/11/costas-xunta-interrumpiran-paseo-seara/1402813.html
RqueR
RE: O PASEO19-02-2016
" Sueste defende un paseo pola beira do mar". Pero que trapallada é esa dun paseo pilotado cunha pasarela levadiza. Diante dun estaleiro non pode haber máis que as imadas e o mar. NADA MÁIS. Pero que carallo entendemos por conservar o patrimonio?.
O paseo ten que ir, mira ti, por onde se está a facer agora, pero non para "rodear" as carpintarías, senón para integralas como elemento fundamental do propio paseo. E antes ou despois, ese tramo da rúa acabará peatonalizado, e todo o conxunto quedará armonizado. E todos contentos.
A Contrafío
RE: O PASEO22-02-2016
Si claro unha ponte levadiza, pa que entre no astaleiro o queen mary, non vos fode, pero imos ver... en vez de gasta-los cartos nese tipo de mariconadas, pois podiades empregalos en reparar a fonte do paseo, porque o menos teriamos algo funcionando, o final nin ponte levadizo nin fonte pero para que carallo van facer unha ponte ostiasssss.... se non me falla a memoria, dentro de ano e pouco acabaselle a concesion do museo hujenjain, e coa misma tirase todo abaixo e listo, e asi temos paseo coma dios manda, pola beira de mar que e coma ten que ser, e ese niño de ratas ajuaneiras que chaman carpinteria da ribeira, se o axuntamento e tan progre coma di, e esta tan convencido de que a xente de Moaña quere que quede en pe, que voten os cidadans e asi quitamonos o problema denriba...
xarnego
RE: O PASEO23-02-2016
Eso eso que nos poñan unha ponte levadiza e os veciños que se vistan de principes e principesas e así temos mais contos.
Roberto
RE: O PASEO03-03-2016
e todos estos que falan do paseo onde estaban para protestar pola autopista que lle fixeron o señor feijoo pra o seu chaleciño
lito
RE: O PASEO04-03-2016
Boa pregunta :)
zalo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados