Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
O TAN-TAN DA IGNORANCIA03-09-2015
A min, galego nacido e Venezuela e seguidor atento ás cousas que pasan na Patria Grande latinoamericana, cáusame noxo ver as declaracións do señor Soliño en Cangas tentando xustificar o boicoteo do goberno popular ao Concello de Cangas en materia de seguranza. E usa un exemplo insensato, tópico e "moi de actualidade" (e moi de ignorancia da realidade), Venezuela.

Só dende o descoñecemento pode falar do uso de tan-tan nas comunicacións venezolanas, cando a realidade tecnolóxica é:
1.- Todos os nenos escolantes teñen o seu "canaimita", tablets e portátiles entregados de balde polo estado para uso escolar.
2.- Aos universitarios se lles facilitan ordenadores portátiles de nível tecnolóxico superior, loxicamente, aos dos nenos.
3.- Venezuela fabrica os seus propios móbiles que se entregan a prezos simbólicos aos cidadáns. Isto está feito en colaboración con empresas chinesas e, dende nontreonte, con empresas vietnamitas.
4.- A República Bolivariana de Venezuela cría os seu propios programas informáticos.

Agora comparade todo isto co que fai o PP na Xunta de Galiza (que no canto de usar software libre usa o comercial) ou no Goberno central e despois falamos.
Por certo: en Venezuela van alá 750.000 vivendas sociais construidas e entregadas. Case tantas como as que aquí foron desaloxadas e os seus donos perderon a súa propiedade a mans dos bancos rescatados cos cartos de todos.
X.Curras


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O TAN-TAN DA IGNORANCIA03-09-2015
Os peperos estes sempre estan coa mesma teima, cando non é podemos é Venezuela.
que razón tes
RE: O TAN-TAN DA IGNORANCIA03-09-2015
Efectivamente a ignorancia é moi mala pero a ignorancia rebosante de fanatismo é pior.
Gran pais, mellor xente pero moita ignorancia e opio para o pobo "que me lo dijo un pajarito".
:-O
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados