Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
COSTE DO CONSUMO DE AUGA EN CANGAS07-08-2015
Non sei como empezar esta "denuncia", tal é o enfado e a indignación que teño cada vez que me lembro deste asunto. E agora con maior motivo, xa que ao final a factura do consumo de auga vamos ter que pagala si ou si. Xa no seu momento, cando se publicaron as tarifas, e despois de facer cálculos aproximados sobre o que me saldría o consumo de auga na miña vivenda, quedei abraiada. Eu tiña que pagar casi o doble do que viña pagando nun ano.
E aínda por riba tiven que oir por parte do equipo de goberno anterior que era beneficioso para o 50% das vivenda de Cangas, porque o recibo baixaba un 50%.... non é certo. Nin siquera nas vivendas "deshabitadas".
Entendo que o pagamento da auga por consumo é o máis razonable, ata aí ben....pero eu non teño porque pagar o exceso de debeda que ten o Concello. O equipo de goberno "vendeu" un servicio básico por 800.000 €...
Penso que este novo contrato-concesión con AQUALIA só beneficia a esta empresa privada e provoca que moitos consumidores de auga, alcantarillado e depuración teñamos "hipotecado" o noso servizo recibo por outros 25 anos.
Teño varias preguntas que facer, ¿quen redactou o documento da concesión? ¿quen asesorou ao equipo de goberno? ¿a quen se lle ocurriou poñer as tarifas bimestrais? ¿quizais saiu dende o mesmo Concello?. Pero que mala idea ten a xente....
Nestes días que se está a falar polos medios de comunicación de empresas que realizaban coas administracións a redacción dos seus propios pregos de condicións e documentos de concesión, da moito que pensar.
Evidentemente ao equipo de goberno anterior (¿e o actual?) non lles importou negociar un contrato que vai facer que a presión fiscal aumente de xeito considerable nos nosos bolsillos e enriba sen posibilidade inmediata de resolución.
E tivemos que "aplaudir" o acordo plenario de paralización de recibos. E iso aínda sabendo como sabían que non se podía facer nada porque o contrato está moi ben redactado para o beneficio de empresa AQUALIA. Así o plubicaron onte nun diario.
Non vou a lanzar unha chamada á rebelión para que non se paguen os recibos ata que solucionen o tema das tarifas, porque é posible que ata fora a cárcere. Pero dende logo sería un serio problema que se crearía si se chega a facer.
A auga como o subministro eléctrico son servizos de primeira necesidade e "abusando" deste feito están a "afogarnos" e nós non debemos quedarnos parados ante isto. A isto aí que engadir a subida do IBI, pequena ou menos pequena, pero subida ao fin o cabo porque o que non volveron subir foi o valor catastral.
Non sei se nos damos conta que temos un Concello con unha das débedas máis elevadas de Galicia por número de habitantes ¿de quen é responsabilidade?, pois dos equipos de goberno, pos suposto. A irresponsabilidade dalgúns dos equipos de goberno deste Concello non ten igual.

pagadora de impostos


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: COSTE DO CONSUMO DE AUGA EN CANGAS07-08-2015
Baixo o meu punto de vista...de quen son as empresas electricas e de suministro de auga??? quen recala traballar de asesores en ditas empresas con uns sueldos astronomicos??? evidentemente os de sempre, os que nos estan a meter medo de que si veñen outros acabarase o mundo....o millor remedio,e cando teñamos que votalos, reflexionar e o millor perder ese medo a o Coco.
Antonio Mª Rouco Varela
RE: COSTE DO CONSUMO DE AUGA EN CANGAS08-08-2015
JA JA JA Agora que gobernamos nós todo vai a ser gratis, é os impostos sa non hay que pagalos iso que os paguen os que teñen diñeiro,nós soio a berrar e organisar catro manifas con ruido sa temos o soldo gañado.Que ignorantiños sodes!!!!
un
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados