Os tales premios "Gerardo" sonche ben curiosos, e polo que se ve, tamén acertados.
Destacar a Pedrerol, que foi recoller o seu "ladrillo", porque para a cara que ten boa falta lle fai. Él sempre pendente de piqué, a ver si saca unha narria do narís e de messi, bueno, non de Messi concretamente, máis ben dos vómitos de Messi
-...que fíjense Uds en que minuto vomita Messi, fíjense otra vez que vuelve a vomitar...¡uyyy!, ahora Piqué se metió un dedo en la nariz...."
e así casi todos os rprogramas.
Outra que non defraudou foi a Mariló Montero cos seus comentarios filosóficos tipo:
-"los que más sufren la homofobia son los gays, lesbianas, transexuales y bisexuales"
Seica lle botaba fumo polas ourellas cando acabou o "pensamento tan profundo"
Parece que lle deron dous ladrillos, o de peor presentadira este ano déronllo a Toñi Moreno, que non sei quen carallo é pero deguro que ten o seu mérito...hoxe en día non traballa calquera en TVE1 ou na 2. Por certo, e ainda que na noticia non se di canto gana...mellor dito, canto lle pagan á Montero por ese programa que non mira ninguén...¡¡¡13.000 euros por programa!!!, ¿qué cómo se chama o raio do programa?, "El pueblo más divertido"...eso é, e creo que o pasaron para horario de cabaret, alá polas 12 da noite ou as 2 da mañán.
Algún día teremos que facer un monográfico sobre a Mariló Montero, asegúrovos que non ten desperdicio. Ela pensa que Q.E.P.D. é unha persoa...Que En Paz Descanse a cultura e a ética.
Para un fin de semana xa chega, xa veredes que hai máis persoeiros neses premios...Premios Gerardo se chaman