Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA27-07-2014
Retrasos a hora de contratar os socorristas e patrons pa velar pola seguridade nas praias.
Retrasos pa retirar os restos das fogueiras de San Xoan
Retrasos pa reparar os danos dos temporais do inverno.
Retrasos na aprobacion definitiva do PXOM.
Retrasos nos terreos de Sixalde pa construcion do novo centro de Saude.
Retrasos na aprobacion dos presupostos, pois esta a gobernar co presuposto do anterior goberno.
os moañeses imos a recordar a Fervenza como o alcalde dos RETRASOS.
JB


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA27-07-2014
¡que dis ho! está a facelo moi ben, iso si con retrasos hohohoho. Veña, todos a aplaudir a Fervenza.
Pilar
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA28-07-2014
Dacordo cos puntos 1, 2 e 3.
Nos puntos 4, 5 e 6 supoño que estás de coña.
Nestes casos a incompetencia xeral por un lado e os intereses partidistas por outro fan que as cousas esten como esten dende fai moooooito tempo.
O
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA28-07-2014
non estou de coña en ningun punto dos espostos.
ainda hai mais, por exemplo o retraso do Beque (de vergonza)
no punto 6: o alcalde non foi quen de presentar unha proposta dos orzamentos a os grupos da oposicion ( 3 anos de retraso).
punto 5 : dixo que en 29 meses tiña aprobado o plan especial de Sixalde , pasaron 38 meses e ainda non empezou.
punto 4 : PXOM aprobacion parcial en xuño do 2011, a Xunta deulle un ano pa facer as correcions e levalo a Pleno para aprobacion definitiva. (2 anos de retraso)
O , donde está a coña?
JB
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA28-07-2014
A coña esta no JB.
UN DE SEARA
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA29-07-2014
No tema do PXOM a coña está en que non so depende do concello senón tamén da empresa que traballou no proxecto (a que parece ser que o anterior goberno non sabía que había que pagarlle co ive correspondente), e a xunta. Informáte cales son as correccións que hai que facer e porque ainda non están solventadas.

No tema do centro de saúde a coña está en que antes de tres anos de retraso houbo oito anos de retraso, neste tema en concreto o nivel de desidia e incompetencia e tan grande en TODOS os políticos que tiveron responsabilidades de goberno en Moaña na última década que a verdade xa pasa de coña a ser triste, e Moaña sin centro de saúde en condicións.

No tema dos orzamentos a coña está en que este goberno non vai ter orzamento propio faga o que faga e se poña como se poña ou presente o que presente que eu creo que non o fará. Neste tema por certo entre outras lindezas o exalcalde di hoxe na prensa que non se cumplen as medidas do plan de axuste, esa si que é unha coña vindo de quen ven ¿non?. Por certo sabes que o concello de Moaña está en quiebra técnica, e sobre isto habería que pedirlle conta os gobernantes locales dos últimos 30 anos para que expliquen como chegaron a ese extremo.

No tema do Beque totalmente de acordo.

O
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA29-07-2014
E non será que este goberno non son capaces de facer nada, nin pxom, nin centro de saúde, nin Beque nin cumplir co plan de saneamento, nin nada que lle caia nas mans? xa está ben home de Dios non poden ser máis ineptos, mires por donde mires o único que fan é desastroso.
TU
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA29-07-2014
Quiebras técnica!!! e iso que é? según Fervenza xa pagou todo o que debia o concello
yo
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA29-07-2014
¿Que se pagou toda a débeda do concello? ¿de que concello?, referente o significado de quiebra técnica o podes buscar en calquera sitio, mesmo na wikipedia.
Situación por certo na que se encontra o concello desde fai bastantes anos, polo que nunca hai cartos para un desempeño medianamente decente das funcións e obligacións dun concello, si a iso engadimos que hai que endeudarse máis para pagar deuda e interes de deuda....

Non está este goberno máis capacitado que o anterior alomenos no tema económico, iso é certo.
O
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA30-07-2014
pa O
a aprobacion definitiva do PXOM non depende de ninguha empresa . Fervenza decidiu facer as correccion co persoal tecnico do Concello
no tema do centro de saude, o alcalde anterior comprou os terreos en Soxalde, o alcalde atual non moveu un papel .
no tema dos orzamentos, Fervenza esta a gobernar co presuposto que el fixo anacos na bancada da oposicion (vergoñento)
sigo dicindo que Fervenza sera recordado como o"alcalde dos retrasos ". que foron os que motivaron a perda das bandeiras azuis en Moaña.
un saudiño O
JB
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA30-07-2014
Que a aprobación do PXOM non depende de ningunha empresa xa o sei, esa empresa traballou no desenrolo técnico nada máis. Insisto ¿porque siguen sen aprobarse as correccións e cales son?

O anterior alcalde non comprou nada, foi o concello como administración e non comprou todos e a día de hoxe non se puxeron a totalidade do terreos a disposición da xunta porque o concello non dispón deles para facelo, neste tema como dixen levamos máis dunha década de incompetencia.

Sigo pensando que non haberá orzamento nesta lexislatura da igual que sexa por non saber ou non poder.

Referente o xesto vergoñento de romper os orzamentos non é máis que iso, un xesto que considero contigo que é feo. Tan feo como que todo un deputado diga doutro que había que matalo a paus, tamén está moi feo pero non son máis que xestos ¿ou non?

Referente o tema das bandeiras azuis tes razón, mala xestión excepto cando se concedeu a da paraia do porto de Domaio, daquela o organismo que as otorga cagouna ben cagada, se non coñeces esa praia vai por alí e o entenderás.

Eu critico a calquer goberno e calquer político que considero que non fai as cousas como debe facelas, que quede claro.
O
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA30-07-2014
Sabes cales son as correccións do pxom, entre outras son albariños e o polígono ese que montou o alcalde (FERVENZA)
FLIPÒ
RE: RETRASOS NO CONCELLO DE MOAñA31-07-2014
as correcions seguen sen aprobarse porque Fervenza prometeu moito e non e capas de cumplir nada, por exemplo "Albariños".
iso pasalle por ser un falabarato.
saudos O.
JB
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados