Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
PRAIA DA VIDEIRA ABANDONADA23-07-2014
¿Por qué o concello de Moaña ignora que en Moaña hai máis praias que as da Xunqueira, a Borna e o Con? ¿As praias de Tirán non existen? Isto ven a conto de que en moitas delas como é o caso da Videira, usada cada día por centos de persoas (alí está o único camping do concello) a única limpeza é a que boamente fan os seus usuarios. Aínda hai restos de San Xoan, e os restos da única limpeza que fixeron este ano aínda están amontonados o lado da porta do camping e o lado da ducha, a cal nin siquera lle cortan as silvas o seu arredor.
Unha das baixadas do monte da Mona aínda está sen reparar dos temporais do inverno e o acceso por Vilela está tan cheo de maleza que se come a mitade do acceso.

Bonita estampa para os visitantes e turistas que están no camping e demais usuarios
Tirán


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PRAIA DA VIDEIRA ABANDONADA23-07-2014
Efectivamente, para estes ineptos Moaña é a Carreteira de abaixo máis a Plaia de Meira, que é o que máis se ve.
Por iso montaron unha taberna-jalpón no muelle de Moaña e outra taberna-jalpón-asilo na "illa" de Samertolameu
PKK
RE: PRAIA DA VIDEIRA ABANDONADA23-07-2014
Limparán a Xunqueira pero o Con aseguroche que non. Son usuario da praia e está chea de lixo e plásticos. O martes pola tarde había duas ratas mortas e o cheiro era insoportable, e foron retiradas polos propios bañistas, e comentaron que pola mañá do mesmo día retiraron outra rata morta. Aparte diso, está chea da porquería que arrastra a marea e nadie está a facer labores de limpeza da praia. Os veraneantes que veñen todos os anos o Con, comentan que nunca estivera a praia tan abandonada como este ano, sin socorristas, fai aproximadamente unha semana que abriron os aseos, grazas as queixas da xente. Non coñezo a situación das praias de Tirán, pero a praia do Con está totalmente abandonada.
Eu mesmo
RE: PRAIA DA VIDEIRA ABANDONADA23-07-2014
Ayyyy que ben o estás a facer Ferviiiii.
Ti sembra que has de recoller, estamos ben con este alcalde si, estamos ben fodidos.
Manuel
RE: PRAIA DA VIDEIRA ABANDONADA30-07-2014
Estamos a martes 29 de xuño e a merda segue alí o ladiño da ducha. O esterco amontonado o lado da baixada do camping xa fede, e a baixada a praia por Vilela segue chea de silvas e porquería.
pepe
RE: PRAIA DA VIDEIRA ABANDONADA01-08-2014
O mércores 30 estiveron alí un ha hora duas persoas recollendo a man e non volveron. A merda segue alí. O xoves non veu nadie.
juan
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados