Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/where-can-i-order-someone-to-write-my-paper/
Indispensables
Donde ...
Guia
VAIA PANORAMA29-04-2014
Tralo paso de Panorama nos Remedios moitas son as voces que falan da sua actuación e da festa. Era algo que me imaxinaba si, pero de un modo que me indigna.

Aquí algún dos tópicos:

1. "Moito espectaculo e luces pero polo demáis non vale nada. Unha orquesta é para bailar, non para estar véndoa".

Vale que non da moito para baile (ademáis tampouco se pode con tanta xente xunta), pero non sei entonces porque reune a tanto público. Algo terá e algo pasará cos que tanto dicides que queredes baile.

Ata que chegou Panorama por primeira vez aos Remedios reuníanse sobre 70 vellos da parroquia para bailar coas orquestas, que quedaban en 20 contando os da comisión a partiren da medianoite (ata aquela nunca resistín ata máis da 1, así que non sei como estaría a cousa as 4 da mañá). Así que se tanto queredes orquestas con baile, ¿por qué non íades antes a elas? ¡Se ata as orquestas que iban a festas como a do Cristo ou as do Carme cantaban case para o aire!

O Sábado acompañou a Panorama Magos de España. Ao empezar esta o segundo pase esta, uns fóronse para casa e outros para o furancho, Poucos bailaron a pesaren de ser unha das orquestas "de antes". ¿Por qué será?

2. O que toca Panorama é todo "chundachunda".

Panorama, ao contrario que outras orquestas, decidiu achegarse a xente xove con ritmos que dominan as discotecas actuais e a vez ofrecendo un espectáculo completo apto para tódolos públicos. Hoxe moitas orquestas están seguindo a sua estela e están conseguindo que non só os vellos se acheguen as romerías.

A min non me gusta moito ese tipo de música, pero recoñezo que non é moito peor que algunhas cumbias ou pasodobres de fai máis de 50 anos. O que cambia é mais o gusto penso eu, xa que lóxicamente cada persoa e cada xeración teñen o seu.

Tamén, neste aspecto, vin moito mellor Panorama sinceiramente que Magos de España, que só se limitaron a facer o traballo que lle pagaron sen empatizar case co público e sen ofrecer apenas novidades dende xa fai décadas.

3. Non sei que graza lle ven a meter unha orquesta así nun sitio tan pequeno.

Ese sitio tan "pequeno" no pasado xa levaba as mellores orquestas e cheaba o campo de festas de xente. Hoxe, a comisión e a xente de Tirán están facendo un esforzo para que a festa recobre todo o seu protagonismo e volva a ser un referente no Morrazo, e xa o están conseguindo.

4. "Parece que é unha festa feita para que os rapaces fagan botellón"

Debe de ser que antes os rapaces non bebían...

Como en tódalas festas hai de todo e é normal que haxa máis botellón e máis problemas cando reúnese tantísima xente. Lóxicamente o ideal sería que os rapaces e outros indivíduos se comportasen pero, como no Carnaval do Hío, San Xoan, Darbo, San Martiño e outras festas multitudinarias é moi difícil.

PD: Agradezo, como moitos veciños, o traballo da comisión e o de Panorama, pero aproveito para aconsellar que se poñan contenedores máis repartidos noutros anos. Foi dificil para moitos camiñar entre tanta xente ata os contenedores que estaban na esquina e moitos optaron por deixar as botellas e vasos no chan, quedando todo cheo de cristais. Tamén deberíase facer un esforzo maior, quizáis por parte da policía, en controlar os ptoblemas no recinto e prepararse para afrontar mellor as multitudes, con baños portátiles e controis de drogas.
Unha opinión diferente


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VAIA PANORAMA30-04-2014
Moi boa reflexión! Como ben dis moitas destas cousas se deberían aplicar tamén no resto de festas da nosa vila. O concello debería por máis da súa parte (jodido), menos difusión e máis implicación e axuda! Saúdos
Nunca máis!
RE: VAIA PANORAMA30-04-2014
A verdade é que me custa chegar a topar o motivo da túa "denuncia". Tal vez por isto, ou porque a miña ignorancia aínda é maior do que eu pensaba, o teu comentario chéirame que abafa a un gran exercicio de autobombo.

Sinto que che indigne que a xente fale e critique, pero é algo inherente a propia organización de calquera evento. Se é non es capaz de aceptalo, dixerilo e facer propias as achegas dos asistentes/seguidores/espectadores do que fas, mellor que tí ou a comisión de festas se adique a outra cousa.

É moi interesante que fales do que era a festa dos Remedios antes de que á Panorama tomase O Castro, e moi interesante como dicía, porque como ven dís, a ver as orquestas acudían 60/70 vellos, e segundo avanzaba a noite a cousa caía en picado, dende logo, e nunca en ningún caso se chegaba ás 4.00 h. coas orquestas tocando.
Deixas no aire preguntas moi interesadamente, que non serei eu quen chas responda, pero sí che vou facer algunhas, para que as respostes tí, quen considere, ou queden ahí, como fas tí. ¿QUÉ PASARÁ NO MOMENTO QUE A PANORAMA OU A PARÍS DE NOIA NON VEÑA ÓS REMEDIOS? Que estela vai quedar da xente que arrastran estas orquestras alá onde van? Xa che respondo eu, nada. Non queda nada. ¿Por qué? Porque todo é fume, para mín alomenos, e vouche explicar porque. Paréceme moi moi moi moi moi ousado pola túa parte chegar a comparar a romaría dos Remedios co Entroido do Hío, San Xoan, Darbo, San Martiño e outras festas multitudinarias, a comisión de festas dos Remedios entendo que vendo a decadencia da festa, e véndose cos cartos que o cura non quería das procesións, promesas e demáis, envalentonouse e embarcouse na intentona de darlle un xiro radical a asistencia. O que ocorre é que todo é fume, como dixen; as outras festas multitudinarias das que ti falas, son multitudinarias perse, non precisan recurrir as orquestas máis caras ou de moda no momento para que a xente acuda a esas festas, teñen algo que os Remedios non ten, e coa decadencia da Igrexa, non terá, arraigo popular, e iso non se merca nin se soborna. Paréceme moi digno que fagan a festa e traten de facelo o mellor posible pero os seus erros son seus, non metas/metades nin o concello nin a policía local polo medio.

Para falar deses erros, hai certas cousas que tamén se poden poñer enriba da mesa. Como falas de moitos veciños, supóñome que como moitos veciños sabes que a comisión de festas removeu Roma con Santiago para que un veciño cedese uns terreos para que os trailers da Panorama chegase ata o recinto da romaría. Supóñome que sabes o trato que se lle deu a ese veciño por negarse a DAR o terreo, e pedir que se lle fixera un muro para cerrar a finca, e supóñome que sabes o pedazo de muro que se lle fixo, totalmente innecesario, foi enterrar cartos alí, so para que os trailers da PANORAMA chegasen arriba.
Como veciño supoño que tamén sabes o atentado o patrimonio que efectuo a comisión de festas no Castro dos Remedios, poñendo aquel cemento no chan.
Como veciño supoño que sabes a intención que tiña a comisión de festas do ano pasado de empedrar o chan da capela con retales de pedra das sobras das obras. Menos mal que algún foise da língua, apareceron os de patrimonio e paráronlle os pes.
Como veciño supoño que sabes que a obra que fixeron no antigo palco é totalmente ILEGAL, montaron un ghalpón, que non ten sentido ningún, actuando ilegalmente nun entorno patrimonialmente protexido.
Como veciño supoño que sabes que tamén fixeron no baixo uns aseos, e como veciño sabrás que ata alí non chega o saneamento. Sabes o que eso imprica non?
Como veciño supoño que sabrás que esas obras, a do muro do veciño, a do tambuche no palco e a dos baños foron feitas co beneplácito e incluso patrocinio do presidente dos empresarios e actual alcalde de Moaña José Fervenza. E a do reempedrado da capela ía polo mesmo camiño.

En canto o tema dos baños químicos, e dos contenedores do lixo, son problemas meramente organizativos, e quen organiza neste caso non é nin o concello nin a policía local.

Unha cousa que me desperta curiosidade é a postura que ten a comisión de festas frente a circunvalación que ten prevista facer a Xunta pola subida ó colexio de Tirán. É curioso que nin se pronuncien, cando esta circunvalación imposibilitaría seguir realizando a procesión dende a igrexa parroquial de San Xoan de Tirán ata a capela dos Remedios. Non interesa?

Entenderás que tras todo o exposto, eu como moitos veciños non podo estar dacordo coas tropelías que vén facendo a comisión de festas dos Remedios nos últimos anos. Hai que falar, pero hai que falalo todo.
Unha opinión diferende dunha opinión diferente
RE: VAIA PANORAMA30-04-2014
hay panorama o parecer tres anos mais xa que teñen o contrato por cinco anos e viva a festa
outro
RE: VAIA PANORAMA30-04-2014
Hai que devanarse o sentido para chegar a tal reflexión. Castro, Protección, Festa multitudinaria, mexadeiros, muros, arreglos, empedrados. Dame a risa, en plena crisis e paro galopante que existe na actualidade, falar de PANORAMA e os cartos que supón pagarlles os reises do play-back produce sonroxo, co que se lle paga a estes frickies fanse catro festas dos REMEDIOS, sin estridencias e ruidos ensordecedores que por certo, non me deixaron dormir e iso que vivo no Cón. Que conste que non teño nada en contra dos señores da Comisión de Festas, nin nada en contra de quen os critica. Somos o que somos é estamos como estamos ¡Non mexemos fora do testo!
!VIVA EL VINO¡
RE: VAIA PANORAMA30-04-2014
Por alusións e lendo certas burradas escritas aquí vou comentar varias cousas, pero eu son Alfonso Piñeiro Pose, membro da Comisión teño nome e apelidos e non preciso agocharme tras un alias.

Primeiro quero decir que como membro da Comisión de festas acepto todas as críticas sexan boas ou malas para iso estou ahí, pero gostaríame que quen me critique ou felicite dé a cara, eu dende logo non teño ningún problema en facelo, non me escondo. Ademáis esta Comisión leva moito tempo facendo propias moitas suxestións dos “asistentes/seguidores/espectadores”, ainda que eu tamén os chamo veciños, visitantes e amigos, ós que por certo esta Comisión nunca poderá agradecer a colaboración que ano tras ano nos ofrecen e non so colaboración económica.

No caso do segundo comentario ou eu vivo en Marte ou sabes máis ca min, as túas afirmacións son impresionantes, pero a maioría falsas ou con moi mala baba, non sei que clase de resentimento tes cos Remedios pero é problema teu.

¿Qué pasará cando panorama ou paris de noia non veñan os Remedios? Pois virán outras, e tranquilo que a festa dos Remedios non son so verbenas, a “estela” dos Remedios (Nuestra Señora del Castro primeiro) arrancou alá polo ano 1540 e con altos e baixos ahí sigue e seguirá, que non che preocupe iso...
E para túa información paris de noia nunca estivo nos Remedios.

Agora resulta que ¿cos cartos das procesións nos envalentonamos para darlle un xiro de asistencia? A túa ignorancia e tremenda. A ver home/muller de noso Señor; para que o saibas, os cartos que se xuntan nas procesións malamente dan para pagar os gastos que xeneran as procesións, (xa pareces algún cando dixo con moita ignorancia aquilo de “a virxe dos cartos”) ademáis o problema de asistencia era nas verbenas nocturnas e debes saber que panorama costanos de xeito efectivo pouco máis que calquera outra orquesta das consideradas medio-altas e si ven é porque arrastra milleiros de persoas, o que pasa que hai que saber moverse e xestionar ben os cartos e que a festa sexa na época que é pois tamén axuda.

Aproveito e que quede claro dunha vez que exceptuando o que se solicita o plan cultural provincial para banda, grupo folclórico ou coral, os Remedios non recibe un só céntimo de ningunha administración pública, os cartos saen de pedir polas casas, empresas e os puestos.

Dices que a festa dos Remedios non ten arraigo popular, e que debido a decadencia da Igrexa non terá... e que iso “non se merca nin se soborna”, (joer, o teu odio e resentimento para con os Remedios é brutal, pois mira precisamente o fío deste comentario teu é cando che digo que des a cara xa que estás convidado coma calquera que o desexe a formar parte da Comisión e axudar ás 17 persoas que a formamos agora mesmo, para que se fagan as cousas ben feitas, en serio ven con nós e axúdanos a mellorar esta festa mediocre, sin estela nin arraigo popular...). Eu o domingo e o luns (nin falo do sábado) debía de estar en Marte....

Podo entender que o principal tirón da festa dos Remedios sexa o da Virxe e precisamente o que nós melloramos é a afluencia as verbenas nocturnas que era o que fallaba, pero decir que os Remedios non ten arraigo popular en luns e día de traballo dame a risa...

Referente o do muro do veciño dices que removemos Roma con Santiago para que o veciño cedese terreo e que, vaia estou abraiado estabas alí cando nós falamos co veciño e cedeu o terreo. ¿A ver, qué trato lle demos o veciño? ¿qué se negou a dar o terreo? ¿qué nos lle fixemos o muro? ¿enterrar cartos alí da festa? A ti chóveche na cabeza ou non me explico de onde sacas esas burradas, é un terreo privado e ademáis é un muro privado feito polo propietario despois de ceder un cacho de terreo nunha mostra de xenerosidade e de ben común encomiables porque hasta cando lle correspondera non tiña porque facer esa cesión e sin embargo a fixo. Por certo non se fixo para que pasaran os camións de panorama, se fixo para que pasaran mellor todos os camións, coches, carros, bicis, patinetes... de todo o mundo e a mellora do ancho nese tramo é unha mellora para tódolos veciños, incluído ti.

Dices que tíñamos a intención de empedrar o chan da capela “con sobras de pedras das obras”, e que apareceron os de patrimonio e pararonnos os pes... espero que nun par de meses se me pase o escojone por esta afirmación...

A obra que fixemos no antigo palco foi mellorar a cuberta e tapar o fronte polo demáis o palco e a súa estructura está e ocupa exactamente o mismo terreo que ocupaba (data de mediados dos anos setenta do pasado século), referente os baños ¿pero tamén estás en contra diso? non chega o saneamento, non non chega, e o que iso imprica é que hai unha fosa séptica e non se verte nada no monte e cando se enche pois valéirase por unha empresa certificada.

Bueno o seguinte non ten desperdicio, politizas con premeditación e alevosía porque debes saber que os baños fixeronse durante o anterior goberno co beneplácito do mesmo e a mellora do palco durante este goberno, co beneplácito do mesmo.

Paréceme lamentable que digas que o alcalde actual iba a patrocinar a obra do presunto empedrado do chan da capela, chóveche na cabeza pero a base de ben... Explico: ésta Comisión sempre invitou o alcalde de turno e a toda a corporación o luns dos Remedios e a verdade prácticamente sempre viñeron aceptando esa invitación, ben á procesión ou ben a tomar un viño según o caso, de feito esta Comisión sempre respetou iso, esa é toda a vinculación desta Comisión como tal coa política ou os políticos.

Dices que ti como moitos/as veciños/as non estás de acordo coas “tropelías” feitas pola Comisión nos últimos anos, pois quitando a “farruco freire” e algún máis, os veciños normalmente nos felicitan e por suposto tamén nos critican e nos din no que deberíamos mellorar, cousa que tratamos de facer ano tras ano pero ninguén nos fala de “tropelías”, nós pasamos rápidamente “dun esforzo xeneroso” a facer tropelías...en fin...

Para saciar a túa curiosidade, esta Comisión de festas como tal non se ten que pronunciar sobre o enlace (que non circunvalación) que se pretende facer para iso están outros colectivos da parroquia como a Asociación de Veciños (que de xeito rápido e impecable xa convocou unha asamblea informativa sobre este tema) , non obstante na miña opinión, e repito, na miña opinión é innecesario ese enlace ahí pero si é necesaria unha mellora integral do acceso ó colexio, e repito por terceira vez que isto é unha opinión persoal. E no caso de que se fixera non entendo porque imposibilitaría a celebración da procesión, o mellor mirei mal o proxecto, pode ser, ainda que supoño que ademáis do permiso que pedimos para cruzar a estrada pois habería que amplialo hasta entrar no monte coa procesión.

O que non entendo é o típico comentario de que “coa crise que padecemos non hai dereito que traian a panorama”, non o entendo porque esta festa faise cos cartos que libre e voluntariamente dan os veciños (isto non é unha obligación nin un imposto) quen quere dar da e quen non quere non da, sin explicacións. O certo que a festa dos Remedios a igualdade de número de días e de orquestas costa a metade ou menos que calquera do verán (incluindo a panorama dito sea de paso) polo tanto non entendo as críticas a nosa festa soamente, ademáis insisto que se fai cos cartos que da a xente voluntariamente.

Para rematar quero decir que non vou a respostar nin escribir ningún outro comentario sobre isto, calquera persoa (incluido o/a do segundo comentario) que queira explicacións sobre Os Remedios, a festa, ou as súas contas non ten máis que dirixirse a min que con moito gusto aclararei o que se queira saber por si non no falei todo ou non está todo enriba da mesa.

Esquecíame: ninguén está obligado que lle guste panorama nin ir a vela, o que sí é certo é que a envidia é moi mala.

Un Saúdo
Alfonso Piñeiro Pose
RE: VAIA PANORAMA30-04-2014
Esquecíame:
Os Remedios foi Panorama e tamén Televisión, Magos, Pontevedra, Banda Airiños do Morrazo, Xuvenil de Barro, Agrupación Folclórica Breogán, Xogos para os rapaces, misas, procesións, foguetes, viño, empanada, pulpo... non só panorama.
Alfonso Piñeiro Pose
RE: VAIA PANORAMA01-05-2014
Menuda parrafada meu... O teu e a ppolitica
Fervenza
RE: VAIA PANORAMA15-05-2014
En fin, vaia panorama, uns e outros.

O da Panorama, é tan sinxelo como explicalo. A estas alturas da película todo o mundo sabe que a orquesta acordou un gran número de actuacións coa administración pertininente tralo desgraciado feito acontecido no 2010 cando se lle incendiou o camión escenario. A administración adiantou cartos e hai que cumprir o contrato; por iso esta orquesta ven facendo actuacións, sobre todo fora da época forte, o verán, en sitios tan remotos e diseminados como o adro dos Remedios. Non son poucas estas situacións, nas que o tamaño da infraestructura que despraza esta orquesta resulta desproporcionada, enténdaseme, que nin me vai nin me vén, co entorno onde se celebran esas actuacións; xerando o mismo tipo de controversias que polo visto se xeneran en Tirán.

Isto é así, pero non porque o diga eu, é vox populi.

Daquí que se deduce pois, que non sei porque custa tanto dicir as cousas como son. Máis aló do gran traballo e labor que ven facendo a comisión de festas por manter a festa, e posibilitar que perdure, a realidade é que a actuación desta orquesta nese recinto só e posible tralos acordos que as administracións teñen con eles (orquesta) e que evidentemente a eles compénsalles facer esas datas nas épocas máis frouxas do ano, nas que o seu caché obviamente non sería o mesmo que no verán. Por tanto é mérito da comisión que esa orquesta veña a tocar os Remedios, NON. Debemos desfrutar da festa e da actuación da orquesta quen libremente o considere oportuno, SI.

Por último, relacionado con este aspecto, o que sentenciaba a persoa que firma como Alfonso Piñeiro Pose, "Aproveito e que quede claro dunha vez que exceptuando o que se solicita o plan cultural provincial para banda, grupo folclórico ou coral, os Remedios non recibe un só céntimo de ningunha administración pública, os cartos saen de pedir polas casas, empresas e os puestos". Creo que está claro e todo o mundo sabe que co tema das actuacións pactadas entre a orquesta e a administración, aínda que se queira dicir que é dun xeito indirecto, (un xeito indirecto que posibilita que esa actuación teña lugar), si se percibe algo máis das administracións... Non estou dicindo que esa actuación lle saia gratis á comisión, nin a ningunha outra, a comisión non recibe cartos para financiar esa actuación, recibe a actuación semifinanciada, ata nun 80% como pouco. Hai que dicir as cousas, e contalas como son que nos aforraríamos moitos problemas, e non andar con medias tintas; moitas risas, moita burrada, pero non me andes onde me lambes.

Polo demáis, en todo isto, hai certas cousas que a min persoalmente resúltanme preocupantes. Máis aló das barruntadas dun veciño enfadado porque (ó parecer) non está moi de acordo con que a Panorama vaia a Tirán, (comeza a existir unha forte corrente anti-Panorama, nas Rías Baixas), resúltanme moi chamativas certas declaracións e afirmacións que fixo a persoa que dí pertencer á comisión de festas, explícome.

Demasiada risa e demasiado Marte, pero non se desacredita que a comisión de festas dos Remedios pretendese reempedrar o chan da capela dos Remedios. Resulta curioso saber que o actual chan da capela dos Remedios púxono, tal e como está, outra comisión de festas dos Remedios, evidentenmente, eran outros tempos, era outra xente e outras xeracións; o mesmo que a ampliación da mesma capela. Pregúntome, se non se desacredita isto, máis aló das risas, porque ó mellor si se rabuña, atopámonos con que en patrimonio existe un informe ó respecto.

Moi moi moi grave é que un membro da comisión fale neses termos en canto o tema da actuación urbanística no antigo palco e da realización duns baños na planta baixa do mesmo. Non fai falla que ninguén diga que o Monte dos Remedios, non é unha zona nin urbana, nin urbanizable, é chan rústico, polo que legalmente nin hai nin pode haber saneamento. Entendo que si realizáchedes os baños, foi tras pedir a pertinente licencia, e demostrar a homologación da fosa séptica a instalar; pois como xa saberedes, é ó único xeito de poder instalar unha en chan rústico dada a lexislación actual. E nun entorno de alto valor arqueolóxico catalogado??? Habería posibilidade de que vos expedisen a pertinente licencia??? Un, dos, tres...

En canto o tema do "cambio de cuberta e peche" do palco. Como saberás, nos anos '70 do pasado século a lexislación urbanística era unha, e no momento histórico actual é outra. Argumentar que "A obra que fixemos no antigo palco foi mellorar a cuberta e tapar o fronte polo demáis o palco e a súa estructura está e ocupa exactamente o mismo terreo que ocupaba" é cando menos perigoso, e máis aínda no caso dunha persoa que é membra desa organización/comisión e dí respostar por alusións, pois o dito, dito queda.

Eu descoñezo, se ese palco nos anos '70 foi feito dentro da legalidade que marcaba a lexislación vixente naquela época. Pero teño claro que é imposible que a obra que vos realizáchedes sobre a estructura do antigo palco esté dentro do marco legal da lexislación actual. Podedes contar con todos os beneplácitos cantos queirades, pero licencias, ningunha. Outra cousa moi moi moi importante é a finalidade do inmoble, creo que a ninguén se lle escapa que aquilo era un palco e que agora xa non é un palco ¿non sí? Entendo que legalmente, se a vosa intención fose restaurar aquela construcción dado o seu valor senlleiro, e a súa antigüidade, toparíades aspectos legáis ós que atervos para solicitar a pertinente licencia para a restauración da construcción dado o súa importancia dentro do conxunto relixioso e patrimónico do lugar. Pero non fixéchedes iso, refírome a restaruar o palco. ¿Non sí?.

Argumentar que ocupa o mesmo espazo que ocupaba non é... boa idea; por non ser máis duro e empregar palabras malsoantes que nada aportan. Como saberás/saberedes, ti nún terreo rústico podes facer unha estructura de madeira para que os teus animaís se resgarden, pero o que non podes e coller esa estructura, ou calquera outra por moi vella que sexa e transformala nun garaxe, por exemplo, por moito que siga ocupando o mesmo espazo, ou por moito que digas que so lle mellorache a cuberta e lle cerras uns lados. Evidentemente das licencias urbanísticas para tal fin, nin falamos, posto que nesas condicións son inviables.

En canto o tema do muro dun veciño do que discutides, non vou a entrar posto que xa serían terceiras persoas afectadas, pero... en fin. So dicir que o argumento que esgrimes, de "non se fixo para que pasaran os camións de panorama, se fixo para que pasaran mellor todos os camións, coches, carros, bicis, patinetes... de todo o mundo e a mellora do ancho nese tramo é unha mellora para tódolos veciños..." Creo que non custaba nada admitir que esa obra foi feita para ese fin, sen máis voltas. Evidentemente queda feita, pero non neguemos a realidade; unha vez máis digo que falar claro non custa nada e aforra moitas explicacións e malos entendidos.

Non me gustaría que se me entenda mal nin polemizar máis sobre isto, pero ó meu parecer, Alfonso, non procedeche do xeito máis apropiado e máis identificándote como membro da comisión de festas. Os argumentos para tal afirmación creo que xa quedaron claros dabondo. Que a Virxe non o queira, pero podedes ter algúns problemas serios.


Polo demáis gustaríame aplaudir a apertura de portas que fas/facedes para que calquera persoa que se sinta con ánimos de aportar se sume a traballar con vos na comisión, parabéns.

A negativa a volver a dar respostas ou explicacións neste foro paréceme intelixente aínda que coido que chega tarde. Non se pode actuar en quente, pois a envexa e moi mala, pero as ilegalidades son punibles.

Por último gustaríame agracer de xeito público a labor que durante moitos anos ven facendo a comisión de festas dos Remedios. Posibilitades que a festa se siga realizando e garantides a súa pervivencia. Sodes imprescindibles. Parabéns.
Jesús L. M.
RE: VAIA PANORAMA15-05-2014
Jesús ¿puedes demostrar con presupuestos, contratos, justificantes de pago, etc lo que dices de la orquesta?

Me imagino que la comisión si podrá pero tú me da la sensación que no y que quieres que te diga la primera parte de tu respuesta tiene tufillo a envidia.
Luis
RE: VAIA PANORAMA15-05-2014
Estimado Jesús:

Vou a incumprir o que dixen pero vou a responderche:

Gracias polos teus consellos de que expresións debo ou non debo usar, ou decir quen son ou non son, o agradezo en frio, moi en frio de veras, tamén agradezo o túa "mediaidentificación", polo menos algo é algo.

Si de argumentación falas a que corresponde á orquestra pola túa parte "é mentira" e o final a apoias en que non o dices ti, sinon que é vox pópuli, si señor, tremenda argumentación. Penso dúas cousas para que afirmes iso con tal seguridade, ou pertences a empresa propietaria da orquestra ou eres funcionario desa administración que subvenciona a orquesta según tí, ou tamén pode que teñas información (e probas) de primera man.

O que pasa é que eu dispoño das tarifas desde o ano 2007 e hasta o presente, e a partir do 2010 a diferencia de precios é prácticamente nula, o caché subíu un pouco ano a ano desde o 2007 e claro que non é o mesmo no mes de abril que no mes de xullo e agosto e por certo subiron TODAS as orquestras.
Polo tanto iso de presubvención do 80% no precio si que da a risa, pero si a túa sesuda argumentación te fai feliz pois vale.


E mira tes razón o mérito de que veña panorama non é da Comisión, é dos veciños e colaboradores que desinteresadamente financian a festa como xa comentei, a Comisión soio traballa durante moitos meses o ano para tratar de facer as festas o mellor que se poida pedindo e xestionando eses cartos.

Por outra banda o coste da orquestra por suposto que está documentado e acreditado contractualmente e económicamente como din no anterior comentario.

Referente o tema urbanístico e lexislativo vixente na zona, que a Virxe non o queira como ti dices e que non haia problemas. Neste tema cada pau terá que aguantar a súa vela.

Para rematar Jesús, e tendo en conta que quizáis tiras dunha fina ironia que a min me costa ler entre liñas, debo decirche que ninguén nesta vida é imprescindible.

Un Saúdo
Alfonso Piñeiro Pose
RE: VAIA PANORAMA15-05-2014
Pois que queres que che diga Alfonso. O da "media identificación" de Jesus L.M pra min é tan válida como si che digo que eu son Maria Fernanda Diaz Varela.
¿Acaso queda mellor firmar nun foro con nome e apelidos que poden ser tan falsos como un alias calquera?
estrellita la moderna
RE: VAIA PANORAMA16-05-2014
Pois que queres que che diga, eu respeto a túa opinión e a liberdade de expresión como non pode ser doutro xeito, ademáis o que dices é bastante certo.
Pero de todas formas non é que quede mellor, é que eu cando alguén fala conmigo, de min o do que eu fago gústame saber quen é.
Creo que é unha opinión e unha forma de pensar tan válida como a túa ¿non crees?.
Alfonso Piñeiro Pose
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados