Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
IDEAS PARA SOLUCIONAR O CONFLICTO DO PASEO DA SEARA29-04-2014
Haz click para ampliar Moi boas,

estiven agardando uns días de rigor, porque confiaba en que algún dos usuarios asíduos deste portal se fixera eco da nova que saiu publicada no Faro de Vigo o día 25 do presente mes.

Paréceme moi interesante a proposta que fan dende o colectivo veciñal A Praia - Seara, para tentar aportar solucións a un proxecto actualmente atascado. Creo que se esa actitude participativa e colaborativa estivese máis presente nos distintos colectivos e partidos políticos do concello de Moaña, a bon seguro este problema xa estaría resolto.

Non sei se a solución que propoñen é a mellor ou a peor, pero está claro que están aportando ideas e tentando solucionar o conflicto xurdido, e que ten estancada a continuidade do paseo marítimo de Moaña que todos os veciños queremos.

Por outra banda, quixera denunciar a actitude despótica que o alcalde de Moaña, José Fervenza, tivo durante o pleno do pasado día 24/04/2014 cando no turno de rogos e preguntas, un representante da AAVV A Praia - Seara quixo expoñer esta información no pleno, e o alcalde negouse. Chegando a descalificar e increpar a outros representantes de colectivos veciñais.

Está clarísimo que hai xente que está traballando en dar posibles solucións ó conflicto xurdido, como o colectivo veciñal de A Praia - Seara; e por outra banda, a triste realidade de que ó grupo de goberno de Moaña, co alcalde á cabeza, parece que ata lle molesta que os veciños se movan, traballen e aporten posibilidades para resolver o conflicto existente na actualidade.

Como xa dixen, penso que fai falla unha actitude máis proactiva por parte de todos os colectivos, dos veciños e dos partidos políticos.

>> Ampliar datos Rafa


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: IDEAS PARA SOLUCIONAR O CONFLICTO DO PASEO DA SEARA29-04-2014
no lle votes a idea o XAXA no buzon que te pode denunciar jajajajaja, non ves que soo vale a sua idea e decir a de comer cartos como sea, asi son os fachas gustalles t¡non perder o sobre en b que seria fatal para eles, cuidado XAXA non che dea mal
outro
RE: IDEAS PARA SOLUCIONAR O CONFLICTO DO PASEO DA SEARA30-04-2014
O paseo hay que facelo, e facelo ben. Hay polémica porque non é de recibo aproveitar os cartos da diputación para facer calquera cousa. Penso que é boa idea iniciar este debate, a ver si a xente fala con sentidiño deixando a política fora e mirando polo ben do pobo dunha vez por todas.
Montse
RE: IDEAS PARA SOLUCIONAR O CONFLICTO DO PASEO DA SEARA30-04-2014
unha cousa e mirar polo pobo e outra e mirar po lo seu bolsillo iso e o que fan os fachas se poden aforrar a sua maneira para meter eles mais abordo iso vai ben agora se non o fan como eles queren eso esta mal e asi non e, o facurello dende que entrou no concello solo fai aas cousas a sua maneira e decir robar y robar como di a cancion por outro lado xa que non fai unha cousa as dereitas como se lles chama e si dis que hay que facer o ben po lo pobo e mellor que se largue o que esta embolsando seguido e despois podedes falar
outro
RE: IDEAS PARA SOLUCIONAR O CONFLICTO DO PASEO DA SEARA19-11-2014
Estas son as aberración que fai o PP, o que hai que facer é quitalos do medio dunha vez...
choupa
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados