Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
DESVIANDO FONDOS EN MOAÑA07-04-2014
280.854 GRACIAS II

No Farol de onte sae a segunda parte da historia. Novamente, o alcalde afírmase en que vai desviar fondos do Plan Urxente de Mantemento de Infraestructuras e Servizos Municipais que a Deputación de Pontevedra pon á disposición do concello de Moaña para realizar obras que nada teñen que ver cos desperfectos ocasionados durante os temporais deste inverno.

Hai moitas cousas que requiren ser feitas mantéñome, pero non pode ser permitido que se desvíen fondos para outro tipo de actuacións que non entran dentro das contempladas no Plan Urxente de Mantemento de Infraestructuras e Servizos Municipais.

A ausencia de pasos elevados para a seguridade dos peatóns que car**llo ten que ver cos destrozos causados este inverno polos temporais? Unha traida de auga que non existe que car**llo ten que ver cos destrozos causados este inverno polos temporais? Un acceso que non existe a recinto escolar que car**llo ten que ver cos destrozos causados este inverno polos temporais?

Arranxar farolas, semáforos e accesos ás praias, eses foron os destrozos dos que se enterou o alcalde despois do inverno que pasamos? Quérenos facer parvos ou que ocorre? Como é posible que os partidos da oposición permitan un desvío de fondos de tal calado e nin tan sequera denuncien públicamente o que está a facer este home?
Luis O. A.


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DESVIANDO FONDOS EN MOAÑA07-04-2014
Interesante Luis O. A., pero para denunciar estas cacicadas hai que ter medios (de comunicación), e moito me temo que os do Bloque pouco poden facer, os medios están ó servicio do PP, e o PP está ó servicio do Gran Capital. En canto ós do PSOE, ¿qué queres que che diga?, os medios dos que dispoñen están máis interesados en lavarlle a cara ó Rei e á Marca España que en deninciar cacicadas de pequenos caciquiños de concellos periféricos.
PKK
RE: DESVIANDO FONDOS EN MOAÑA07-04-2014
non desvían fondos, non confundas, fan o manda e eu ordeno. Dende fai anos todos os gobernantes deberían reunir ás asociacións de veciños e decirlles por parte dos Fondos Provincias da Deputación ao Concello de Moaña correspondelle tal cantidade de diñeiro que debe ser empregado no interes xeral de todos os veciños, ou pode ser repartido nas diferentes parroquias de Moaña.
Non gosto de medias verdades sexa quen sexa
RE: DESVIANDO FONDOS EN MOAÑA07-04-2014
Eu non acho que sexa media verdade ningunha, se hai u.ha partida orzamentaria de URXENCIA, para acometer os arranxos derivados dos desperfectos ocasionados polos temporales deste inverno, e eses fondos empréganse para outros fins que nada teñen que ver cos supostos que o plan contempla, como se chama iso na tua casa? Na miña desviación de fondos.
Luis O. A.
RE: DESVIANDO FONDOS EN MOAÑA08-04-2014
SÑOR PKK.

Pero abera mais cacicada, que a do bloque no axuntamento de moaña,pero cantas veces teño que desir, que todos obreros do axuntamento son do bloque nos colegios ide, nonlle parece raro sñr PKK.
XAXA
RE: DESVIANDO FONDOS EN MOAÑA08-04-2014
Sñr. XAXA,

no haga como siempre hace y no lleve los temas propuestos a los embotellamientos que a usted le conviene. Al parecer el alcalde al que usted tanto alaba tiene pensado desviar fondos, lo anuncia a bombo y platillo, que tiene usted que decir al respecto?

Por cierto, en el tema de los enchufes alguien le ha tirado un guante que no ha querido recoger, quien es esa nueva y voluntariosa mujer que se ha puesto al servicio del alcalde tan amablemente? Háblenos de enchufes, por favor...
Jorge S.
RE: DESVIANDO FONDOS EN MOAÑA08-04-2014
será coma ti dis Luis O.A. tes máis información da que eu dispoño, só queda que os concelleiros da oposición na Deputación denuncian tal desvio, confiemos.
Non gosto de medias verdades sexa quen sexa
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados