Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
chicago essays
Indispensables
Donde ...
Guia
DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA24-03-2014
Hoxe o ler o Faro non daba crédito. A asociación da que formo parte recrimina a actividad dun partido político e critica a actuación dun parlamentario dese mesmo partido. ¿Quén tomou a decisión? A min ninguen me chamou nin se convocou ninguna asamblea xeral a tal efecto. Conclusión: Foi a directiva da Asociación a que decidiu bailar o son do alcalde. ¿Qué podemos esperar entón os vecinos? Como van estas directivas a reclamar o estado de abandono dos barrios e parroquias se comen da man do PP.
Cada un de nos debe pedir explicacións na sua A
Asociación, e que se deixen de facer política barata e velar polo que importa. Os directivos non poden suplantar as asambleas.
Moañes


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA24-03-2014
Yo también me he quedado estupefacta. Hasta hace 2 años he pagado religiosamente mi cuota, desde entonces al parecer la asociación de vecinos no tenía ni directiva ni actividad, y ahora esto? Yo no entiendo nada, o hacen las cosas por la espalda de los vecinos o los vecinos no les inrteresamos, a quien representan? Que ni se les ocurra volver a pasarme la cuota que me van a oir, para eso sí que le interesan los vecinos. Sinvergüenzas!
Tere
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA24-03-2014
jajajajaja iso non ven de ahora se non dende hay moito tempo xa que as asociacions estan formadas por politicos asi como deben facer o que lle mandan os mesmos xa que si non non hay cartos para a subvencions,ahora dime que ti non o sabias veña menos metiras que iso xa ven dende hay tempo, todos son un fato de falsos e mentireiros e quen diga o contrario minte.
pedrito
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA25-03-2014
Quen firma eso? o Rachador que é el o único socio, presidente e tesoureiro? sigue dicindo que defende os veciños e a quen defende e a Fervenza o seu alcalde......
eu
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA25-03-2014
Saben ben o que fan...desviar a atención, son o brazo armado de Fervi, iso quere dicir que se sinte acorralado.... e falta o mellor a próxima dimisión...pero eso queda para outro capitulo.
Débora
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA25-03-2014
Dame vergonza como moañés e veciño socio dunha asociación de veciños q o alcalde de Moaña utilice a asociacións veciñais para facer política barata e encima querer tapar con elas a súa ineptitude o xoves no Pleno cando teña que explicar certas cousas
Fervenza patético
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA25-03-2014
...e o Farol de Vigo faille de alcahuete a sabendas de que esas "asociacións", precisamente esas son as que están "infectadas e paralizadas" polo PP.
¿Porqué non está nesa "denuncia" A Charamusca, que é o colectivo de todas?
PKK
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA25-03-2014
Pero vai haber máis dimisións?....enton, quen lle queda?
Serio
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA25-03-2014
Eu queria poñer amiña opinion, non sei a que asociacion vos referides, pero ese que fai a denuncia e a todos que opinan lle queria decir, por o que comentan que fan as asociacions metidos a politicos.

Bueno pregunto que fai a chamusca, e politica ou e peloteo o bolque ou e o mismisimo bloque, por que carallo mira que eses son politicos, sin embargo nin o comentades.
XAXA
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA25-03-2014
Na Chamusca hai representantes de todas as asociacións de veciños que queren formar parte da federación. As que non queren ou quixeron formar parte obviamente non están representadas, pero non é culpa nin da federación nin das asociacións que si forman parte.

E polo menos, XAXA, a miña percepción é que non está politizada, se ti ou as outras asociacións pensan que está politizada, teñen a solución nas súas máns, adscribirse á federación, e comprobalo.

Se che tocan a fibra, non me extraña que che fastidie, pero non me digas que co mal que están as cousas e co mal que o está facendo Fervenza, gobernando a espaldas dos veciños,... con todo isto, non pensarías que os veciños dos barrios de Moaña e os colectivos veciñais que os representan lle ían bailar a auga.

A xente está farta da ineptitude de Fervenza, de que se ría dos veciños. Ti sabes o que fixo no ultimo pleno? Non foi mellor do que fixo Rodas no parlamento. E agora veñen 7 asociacións de veciños que non representan a ningún veciño, máis aló do propio alcalde a exixir nada.

A ver como se comporta o teu/o meu/o seu alcalde no pleno deste xoves, porque o que é reprovable é reprovable xa sexa no parlamento ou no concello. É unha vergoña que se comporte así, que somos veciños e coñecémonos todos.
SOY UNA TOSTADORA
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA26-03-2014

O "FERVURAS", ningunea os seus propios concellales, o verdadeiro goberno non esta no concello, esta en certo "DESPACHO" que e donde se toman as decisions sin contar para nada con eles , ou porque pensades que se marcharon o "MINGUEO"e mais "O FUNGON".
UN CALQUEIRA
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA26-03-2014
resposta,soi unha tostadora,a federación da chamusca ten o presidente que foi na candidatura do bloque,e membro do comité local do bloque,o v.presidente foi nas lista de IU. ¡ cando gobernou o bloque cantas protesta fixeron¡ non apoiaron nin as protesta da subida do catastro.
BNG
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA26-03-2014
hai que ser realistas as asociacións da chamusca sempre foron a voz do bloque. e as que presenta a moción son de centro dereita con algo do PSdG
B
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA26-03-2014
Reitérome, que distintos membros da directiva ou da xente que participa na chamusca teña participado noutros proxectos políticos ou sociais non implica que a federación esté politizada. O mellor xeito de comprobalo e formar parte del, creo que nunca se vetou a participación veciñal, incluso sen que as cotas estivesen o día, non si?
SOYUNATOSTADORA
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA26-03-2014
Ao racha e company xa tardaba moito en ferverlle.
Avella
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA26-03-2014
Dende que Sergio Regueira fundou a Chamusca cantos presidentes pasaron que non foran do bloque? cantas protestas lebaron a cabo no governo do bloque? en Moaña todos nos coñexemos.e a Chamusca representa o seu dono politico cos socios militantes do bloque.e as demais asociacions sera algo parecido
YO
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA26-03-2014
no faro de vigo aparece a "Asociacion de veciños Samertolameu" coma unha das 7 que asinan a mocion, esta asociacion fai mais de 6 anos que desapareceu, a única asociacion veciñal que hai en Meira e a do "Arroas".
veciño de Meira
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA28-03-2014
Non vos esforcedes en xustificar que a chamusca non e o bloque, mirade eu son un burro, pero non fai falta ser mui listo, pa saber de que pe coxeades.

A chamusca bloquista de pes a cabeza.

O BLOQUE e un maestro de destorcionar as cousas son expecialistas, chamanlle os pp caciques enchufistas, e eles teñen todos metidos a traballar no axuntamento colegios todos obreros son do bloque,seguro que me ides adecir que non pero si queredes vos dou nombres, perdonar por decir a verdad.
XAXA
RE: DIRECTIVAS ASOCIACIONS DE VECIÑOS METIDAS A POLITICA29-03-2014
A ver bng. En qué quedamos?
Na Chamusca son do bloque e o vicepresidente foi nas listas de IU? Non te aclaras
O actual presidente non foi en listas do bng nin está na executiva local do bng.
Si te refires o vicepresidente a o secretario que foi nas listas de IU tampouco é así. Foi en Esquerda Galega e Inmo con Euloxio.
A ver si te enteras mellor antes de falar parvadas.
Tampouco sabes que na Chamusca están representadas asociacións que os dirixentes son simpatizantes do PP tamén. Hai toda a variedade...
Tampouco sabes que gobernando o bng, nun pasado tamén recente tamén se ten expresado en contra de posturas ou decisións destes.
Sen dúbida estás mal informado
Non bng
29-03-2014
El mensaje ha sido editado por el administrador del foro.
No es necesario utilizar insultos para dar una opinión.
RESPOSTANDO A XAXA
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados