Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
prepare an annotated bibliography for the sources in your personal responsibility essay
Indispensables
Donde ...
Guia
A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO30-01-2014
Ahora parese que o FEIJO ou o FRIJOLITO, non mentia co do naval.

Ahora esperemos que a SIG non faga como da outra vez, que non mate a galiña dos hovos de ouro, a SIG e os sindicalistas todos.

Por que estes tanto se queixan, por muito traballo como por pouco, nunca estan ben.

Unha cousa esta clara que non mentia, os que mentian eran os sindicatos, eles non querian iso eles alegrarianse que fallara iso, e claro estan disgustados.
XAXA


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO31-01-2014
Para poder construir un flotel en Vigo e outro en Navantia Ferrol, que vai a dar traballo a 1.000 persoas en cada astaleiro e que se comezarán a construir en 2016 tívose que vender Barreras por 5 millóns de euros.

Gran agravio comparativo, no sur de Galicia, zona sur, Vigo, tense que vender unha das empresas referentes do sector a unha empresa extranxeira para que catro ignorantes comulguen con rodas de muíño e pensen que o FAKEjoó cumpliu a sua gran promesa electoral.
Eses barcos comenzaranse a construir no seu último ano na Xunta. Saíulle rentable o axunto, chegou a presidencia da Xunta co tema, e marchará con él, porque outra cousa en materia de emprego... olvidate.

Mira, a venta de Barreras a Pemex, supón a firma da morte definitiva do Naval en Galicia. Pemex, adquire esta empresa co obxetivo de adquirir a metodoloxía de producción e calidade, punteira no mundo, ós seus estaleiros de México. No que non somos punteiros no mundo aínda que as políticas do Partido Popular o estén tentando é en Escravitude, polo que non podemos competir en prezo de man de obra cos asteleiros asiáticos. Cando Pemex teña asimilado ese proceso productivo, control de calidade,... Barreras, non lle interesa o máis mínimo e xa non teremos nada con que competir con ninguén, nin prezo de man de obra, nin excelencia na construcción.

Ë o gran problema da descapitalización das empresas, de venderlle a prezo de saldo, estaleiros, bancos e demáis (rescatados con cartos de todos, Novagalicia Banco 9.000 millóns de euros públicos, de todos, galegos e españois, metidos a fondo perdido para que o banco se venda o sudamericano Banesco por 1.000 millóns de euros; tiraron 8.000 millóns e véndenllo a un banco extranxeiro, nin sequera español, esa é a política económica e de emprego que leva a cabo o Partido Popular en Galicia, co Narcopresidente ó mando; inda querrás que lle aplaudamos...)

Pero ti sí, fala da CIG e do que che veña en gana, que por ahí van os tiros. En 10 anos non hay naval na ría de Vigo, espabilado.
Pepito Ferrol
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO31-01-2014
Amen pepito.
Mira BARRERAS e un astillero pribado en quiebra, e si se pudo facer algo, penso que esta mui pero mui ben, o que pasa que ti foche un dos que acabache co a galiña e non queres reconocelo,
mira fala cos de vigo que opinan desto.
XAXA
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO01-02-2014
Amén XAXA.

Mira XAXA, Barreras é un estaleiro privado, pero o Sr. FAKEjoó converteu os contratos do naval no "leimotiv" da súa campaña electoral no 2012. E resulta que é un fraude, o naval en Galicia despediu a máis de 7.000 persoas, e pretendes que crea que vender Barreras por 5 millóns de euros é "facer algo". Crerasno ti, eu non.

Vai ti a Vigo, Ferrol e as súas áreas metropolitanas, como tamén o é o Morrazo é preguntalle os máis de 5.000 despedidos do naval que non voltarán a ter traballo no naval, pregúntalle si os viaxes do presidente da Xunta, FAKEjoó, por México, con cartos públicos para vender as empresas galegas a empresas de fóra, préguntalle a toda esa xente, si se fixo algo bo. A tí paréceche moi pero que moi ben ese "algo" que se puido facer, pregúntalle a esas máis de 5.000 familias que seguirán sin un sueldo.

Despois cóntasmo.

E en relación o tema de que fun un dos que acabei coa galiña dos ovos de ouro, solo decirche unha cousa, mentres todo dios vivía a corpo de rei sen preocuparse polo traballo, algúns empufándose por riba do que podían, banqueiros enganaban á xente, e en xeral, vivindo a vida que ía vento en popa, outros estudiaban e se formaban para un futuro mellor, "porque era o que había que facer", compaxinando estudios e traballos con viaxes diarios de máis de 100 km. Teño clara unha cousa, solo unha, e é que eu non fun un dos que se aproveitou da galiña esa da que falas. Ti podes pensar o que queiras, eres totalmente libre para facelo e a ignorancia é moi osada. De feito son un dos que se jode sin nada porque outros se encargaron de roubar o futuro e destrozar un país, pero joderánse e joderaste que o día de mañan a ver quen carallo vos paga as pensións e a sanidade pública. Vos seguide así, a xente non esquece, nada é gratuito.
Pepito Ferrol
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO01-02-2014
Os unicos que acabaron co a "Galiña dos ovos de Ouro" en este país, foron a meirande parte dos politicos, cse todos os banqueiros é as ovellas que apoiaron a toda esta tropa; e agora os que pagamos as consecuencias somos os que ainda temos un "posto de traballo" i tamen os que non o teñen por culpa de esa pandilla de ladrons que antes mencionei, enos seguen "manipulando " i roubando.
Antonio Mª Rouco Varela
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO01-02-2014
SR PEPITO FERROL.

Mira esas criticas que fas ahora antes non as facias solo criticabas o FEIJO de mentireiro que iso era un cuento que solo era por as eleccions, non era asi verdad.

Por outro lado iso que dices que aver quen nos paga as pensions, home non sei, a verdad que o miro mui negro, pero non sera por poñer a traballar un astillero que estaba en quiebra, sera por iso que perdamos as nosas pensions, dime e por iso, ou e por que gobernan os populares, si e por os populares pos votaremos o BNG que con esas todo funciona, a solucion e facil.

Mira ati acordanche as folgas que se fixeron os do metal, por que traballaban muito, pois sempre se dixo que ibades a matar a galiña dos juevos de ouro, pois asi foi, e quen nos levou a folga os espavilados da siga os que arreglan todo.

Mira dime que policticos que temos en españa nos garantiza as pensions.
XAXA
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO03-02-2014
Ola XAXA, moi boas, por aquí de novo, aínda que con menos ganas de volver a explicarche o que non queres entender.

As críticas que fago son a FAKEjoó porque concurríu as eleccións dicindo que dous meses despois das eleccións estaríanse construíndo dous floteles nos asteleiros galegos e foi MENTIRA. Os floteles comezaranse a construir no ano 2016. Pero previamente hoube que vender/regalar e descapitabilizar unha empresa moi forte dentro do sector como é Barreras. Se non ves que iso é malo, perfecto, xa sei que eu non vou facer que o vexas así por moita volta que lle dé. Para tí, FAKEjoó é moi bo porque un asteleiro que non tiña traballo vai a crear no mellor dos casos e dentro de dous anos 1000 postos de emprego, despois de despedir a 3.000 e telos 5 anos sen traballar. E vender o asteleiro, non te esquezas. Para tí está ben, para min non, e por iso o digo.

No tema das pensións, máis do mesmo, nada ten que ver Barreras coas pensións, obviamente, do que falo e non queres entender é que, para mín, obviamente, xa sei que para ti no, simplemente os nosos puntos de vista son diametralmente opostos, é que a política que está levando a cabo o Partido Popular no goberno do estado español Mariano Rajoy e no goberno da Xunta FAKEjoó son as peores lexislaturas da democracia para a meirande parte da cidadanía, 80% da poboación, clases baixas e medias. Sen máis, a súas decisións e o "goberno" do país e da autonomía farán que nun futuro próximo, en 25 anos, non haxa pensións nin sanidade.


As folgas non se fan porque se traballa moito, as folgas fanse porque uns traballan moito e en malas condicións e non se contrata á xente que está na casa, porque non se distribue a carga de traballo, nin se traballa nas condicións nas que se debera. Isto non é o terceiro mundo, non somos Indonesia, China, India, para traballar a destajo polo plato da comida.

Ningún político che pode garantir nada máis aló de cumprir o programa político co que se presentan ás eleccións, cousa que tanto Mariano Rajoy e FAKEjoó incumpliron totalmente dende o momento que gañaron as eleccións.
Se pensas que algún político che pode garantir outra cousa que non sexa esa estaste deixando enganar.

Debemos ser conscientes de que moitos dos problemas que temos hoxe non se chegaron a converter en problemas porque goberne o Partido Popular a Xunta e España. A meirande parte dos problemas que temos hoxe veñen dados por unha crise global, mundial, que a quen pillou máis flouxo, coa sua economía menos cimentada e asegurada baldouno, como foi o caso de España e moitos dos paises do sur de Europa. Os paises máis fortes, recuperaranse antes e fortalécense (Alemaña,...).

O gran problema é que o Partido Popular, está a tomar medidas que farán que teñamos outros problemas que agora non temos nun futuro próximo, si estamos mal, estannos afundindo, as medidas que están tomando non farán que a maioría da cidadanía, o 80% do que che falaba antes, saia a flote a curto medio plazo. Ese é o gran problema, que xa sei que nin ves nin compartes, e para tí todo é culpa dos que estaban antes, supóñome que dos socialistas en Madrid, do psoe na xunta e do bloque en Moaña.

E nada máis, comprenderás, que como a ti, supoño, resultame moi sacrificado e esgotador tentar achegar posturas e entendementos cunha persoa que se sitúa nas antípodas dun mesmo. Facelo dun xeito, vanal, gratuíto para o mero divertimento público, ten unha carreira moi curta porque todo o mundo ten días, e cousas máis importantes que facer.

A coidarse e non cambies nunca.

Pepito Ferrol
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO03-02-2014
PEPITO FERROL.
Ben xeplicado, alto e claro.
Primeiro pedirche perdon por facerche perder o teu valioso tempo, a ver ai cousas que tes razon uotras non, primeiro baste engañar outra vez cos floteles por que van a empezar antes eses floteles.


Mira dices que as policticas que esta levando o goberno de españa,o pp dentro de 25 anos estamos sin pensions, bueno eu penso que algo prematuro pa decir iso, eu miro as policticas destes e as que levaba o sr zapatero e parome a pensar donde estamos ahora e donde estariamos si sige o zapateiro ti parachete a pensar que seria de nos si sige ese home no poder, ti eres bastante mais listo ca min e sobrache de sabelo, mira dicho un burro espera un pouquiño aver donde nos leva isto.

E nun e serto que eu diga que a culpa sea dos de antes, bueno algunha si, por que os que estaban antes miraron pa outro lado, e o do BNG solo o digo por que vos tendes a solucion de todo, por que o BNG non deben ser politicos por que todos son iguales menos, vos que sodes diferentes, buno perdon outra vez por facerche perder o tempo, un saludo.
XAXA
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO04-02-2014
ai que esperar, ¿ apostamos? que cando comencen, isto vai ser outro indonesia, pakistan ou a india, man de obra cualificada e soldos asiaticos, como esta ocurrindo en outras actividades ,
non sei eu
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO04-02-2014
xaxa o que fas polo partido non ten prezo, asegúrate que estas ben pagado neste momento, ahora, o pago ou as promesas para mañan, non a veran os teu ollos e o tempo falará da galiña, dos ovos e da túa recompensa,
o tempo
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO04-02-2014
Vale vos non matedes a galiña como fixestes da outra vez.
XAXA
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO07-02-2014
queda claro que ante os argumentos de "pepito ferrol", XAXA queda cao, pero quere quedar coa panza para arriba, e digas o que digas, dígoche antes que che den e ou que che pajhen e que compres moitos hobos de ouro e te adiques a súa contemplanción, fundición ou o que che pete.
un de cangas
RE: A GALIÑA DOS HOVOS DE OURO07-02-2014
Un sindicalista cabreado.
XAXA
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados