Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/analysis-paper-105506001/
Indispensables
Donde ...
Guia
GOBERNO CON PES DE BARRO17-10-2013
Dous anos bastaron para que o goberno do partido popular se viñera abaixo, derrétese como un xeo, Freire xa non aguantou máis, non foi capaz nin de elaborar un orzamento, a escola taller nunca estivo tan parada como no seu mandato, fracaso total!! pero creo que isto non acaba aqui, máis ben acaba de empezar......o Mingueo.... o Chico..Rosa.....Colomba, será por este orden? Fervenza prometeu e non cumpliu nin cos seus.
LG


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: GOBERNO CON PES DE BARRO17-10-2013
Polo menos este é honrado e si non é capaz, deixa o cargo e vaise para a casa, outros nin fan nada nin marchan, a vivir do conto. Eu sempre dixen que a politica non era o de Pucho.
kaka
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO17-10-2013
Que se vaia Pucho o "Fungón" non se vai a notar moito tendo en conta a concentración de cerebriños que ten o PP na cúspide en Moaña sempre haberá amaño, basta pasar a Jorge o Chicho para a carteira de Facenda e pedirlle unha man a Pepe o Gobernador na carteira de Deportes.
Si lles queda algunha dúbida ahí teñen ó XAXÁ para facer horas extras, mentras atende ó asunto dos diñeiros pode seguir apoiando o deporte.
Petade Koskotelos
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO17-10-2013
E cando marchou Daniel Rodas a chupar máis para a xunta, foi sustituido como concellal polo seguinte da lista do bloque desaparecendo da vida municipal de Moaña e punto, non sei que problema pode supor iso, ademáis aparte de si o fan mellor ou peor ¿sabedes a razón pola que deixa o cargo? pois entón un pouquiño de respeto as decisións alleas.
Por certo ¿nunca deixou ningún membro dalgún goberno de esquerda en Moaña?
Que pouca memoria temos, ainda que bueno sendo de esquerda todo está ben....
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO17-10-2013
Si home, si, pero a diferencia está en que cando Rodas marchou para a xunta (como dis ti) o que pasou a ocupar o seu sitio sabía ler e escribir, pero neste caso o Tenorio paréceme que é o único que sabía algo de números.
Menos mal que te teñen a tí, sinon non sei que sería de Moaña
PKK
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO17-10-2013
Xa esta o peta no coco, aqui si non goberna os bloquistas, os demais son burros, e o que digo eu sodes os salvadores de moaña, e o consuelo que nos queda os moañeses que sempre nos quedan os bngais para salvarnos, que vivan os listos.
XAXA
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO17-10-2013
O deste señor ten delito, non fixo nada en dous anos e agora querenno xubilar como si fora un heroe, de pena!!! Os parados en Moaña foron aumentando ano a ano mentras el choraba e dicia que na Xunta non lle daban mais cursos para a escola taller, Nin presuposto, nin obradoiros, o único que fixo foi aumentar as débedas do Concello. Os problemas personales a min non me importan, si non pode facer o seu traballo xa tardou moito en marchar.
Julio R.
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO17-10-2013
Marchou un pero os que quedan non son mellores, e Fervenza tenos amarrados para que non se vaian, son tan inxenuos que non se dan conta de que el solo se está promocionando a si mesmo.
Salvado pola campana
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO17-10-2013
Fervenza xa está solo hai tempo, non engaña a nadie por moito tempo, os que siguen disimulan pero xa todos saben que clase de persona é.
Suso
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
e a cousa mais falsa que pode haber , e agora vai a encargarse el dos cartos xa veremos vamos vos, o próximo de hacienda o parecer e o XAXA asi todo queda na casa
sisi
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Osque non engañades a nadie sodes vos.
XAXA
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
A ver PKK, que Rodas está na Xunta non é que o diga eu, é a realidade, (por certo outra cousa será que siga sendo o próximo candidato á alcaldía coma estaba previsto, ademáis non se foi pola pasta, noooon, foise pola súa vocación de servicio...), e donde dices que está a diferencia denota pola túa parte unha falta de respeto absoluta, imaxino que ti tes a carreira de económicas e dous doctorados, menos mal que Moaña te ten a tí.
E o de que me teñen a min iso xa me da a risa, típica resposta do sectarismo dunha parte da esquerda, si non pensas coma min non eres bo), en fin débesme de coñecer de toda a vida e eu sin enterarme, manda carallo....
Fago a misma pregunta ¿sabes o motivo polo que se vai? pois si non o sabes, alomenos cala e respetano.
E por certo para números o bng, que a economía municipal estaba cojonuda fai dous anos e ademáis había superavit nas contas públicas, os proveedores cobraban puntualmente, (en menos de dous anos seguro), non se endeudou ó Concello con préstamos, non había problemas para pagar as nóminas dos funcionarios, pagábase a mancomunidade puntualmente, non se xeneraba débeda en servicios básicos como o luz, e que para números eran tan boiños....
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Bueno samsung, aqui temos o pensamento de dereitas de toda a vida, dis que Rodas marchouse pola pasta!!!! , primeiro, non coñeces nen un chisco a esta persona pra decir o que dis, e segundo, ese é basicamente o pensamento da dereita, que todo o mundo se move solamente por cartos, pois ben, eu che podo asegurar que iso pasa nos vosos gobernantes, por que sodes fillos do nacionalcatolicismo, aderezado con neoliberalismo....
O SIÑOR AFRANIO
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Aver Samsung, creo que andas un pouco perdido, aqui non se está falando de Rodas, cando queiras falar de Rodas abres un fio ou denuncia, aqui estase falando da dimisión dun concelleiro do pp, que polo que se ve, non che sentou moi ben, o demais son intentos teus de desviar a atención, pois tampouco se falou do bloque nin das contas do bloque, falase da mala xestión deste señor que acaba de marchar, si queres opinar faino e si non cala a boca, pero non enmerdes que creo que che gusta moito.
Gobernador
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Samsung-A ver tio, ti de que vas? a tua pregunta de si sabemos por qué se marcha, a min personalmente me trae sin cuidado, pero non vou deixar de pedirlle contas do tempo que estivo desempeñando un cargo para o que foi elexido e ten a responsabilidade de responder do que fixo, tanto para ben como para mal, gusteche ou non e iso non é faltarlle ao respeto a ninguén. Ese home non fixo nada, diga o que diga o Faro e Fervenza vai facer menos, porque non sabe nin donde ten a man dereita.
Gobernador IV
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Mira, este goberno está feito a imaxe e semellanza do seu lider, Fervenza. Qué esperabades??? donde non hai, non hai que buscar.....¿E A CULPA DE QUEN É?
Fernando
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
XAXA non insultes á intelixencia dos Moañeses.
Samsung, máis listo que Fervenza é calquera, e Freire si se vai por unha cousa ou por outra é o seu problema, non dos veciños que queremos que nos diga o que fixo.
un veciño
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Joder, canta repercusión teñen as miñas opinións, non sei por onde comenzar:
1- Afranio, iso de "os vosos gobernantes" faime gracia, relee os meus comentarios e dime de onde sacas o de que son de dereitas, máis ben son desencantado da política e dos políticos, pero sobre todo da esquerda patética e sectaria deste pais que nos dí aquilo de pensa coma min pero non fagas o que fago eu.
2- A nivel económico e diso non decides nada o goberno do bng & company de Moaña foi lamentable e deixou o concello quebrado, o goberno actual ainda que o quixera facer a propósito peor no tema económico, non sería capaz, o digo polo de pedirlle contas polo seu traballo como concelleiro que por suposto hai que facer sempre cos cargos públicos, Rodas incluído como parte do nefasto anterior goberno.
3- Si coñezo a Rodas, pero claro él merece ata o último céntimo que cobra ¿non?, si estivera baixo outras siglas non. Pregunta por Vilela e por todo Tirán a opinión maioritaria sobre él, ollo como político, a nivel persoal non son quen de falar da vida dos demáis.
4- Autocrítica sres. da esquerda "nacionalantitodooquenonpensecomamín", autocrítica, que despois desfáisenos e derrítesenos o partido ou o conglomerado de partidos como o xeo...
5- E por certo, o goberno actual de Moaña na miña opinión é bastante mediocre, pero que se vaia un membro de mesmo no quere decir moito máis que cando se vai calquer outro concelleiro de calquer outro partido.
E ademáis dou a miña opinión coa misma liberdade e o mismo dereito que vos.

Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
SANSUNG.
Mira xa fixeche, da qui pa diante eres un burro,solo por non pensar como esta tropa.
E mira xa que eles non cho din por que marchou o rodas, voucho desir eu, por que avia problemas de marcos en santiago, e de muros, pero nunca por nunca por o lucro, estes de cobrar nada, iso solo e de FERVENZA.
XAXA
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Non embarres que non se está falando dos outros, estamos falando do goberno actual de Moaña, xa non che parece unha falta de respeto, xa é un adianto, o de Rodas penso o mesmo que o compañeiro si tes algo que dicir del abre un denuncia nova e xa che contaremos o que pensamos. Eu tamén quero opinar sobre este tema é patético ler o Faro de Vigo e ver como intentan maquillar o desgoberno de Freire nestes dous anos, Fervenza vainos acabar de aruinar. Os traballadores e proveedores que vaian mirando donde cobrar. Peor non se pode facer, bueno si hai algún dos seus compañeiros que van polo mismo estilo, incluso a que cobra un señor sueldo.
Gus
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Joder tio-Samsung-al final vas a estar de acuerdo con todo lo que se dice, yo no te entiendo, a menos que tengas algun resentimiento escondido con el Rodas ese.
Mari
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Pies de barro y cabezas de chorlito.
Mari
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
O Sr. Freire pode presumir de ser o concellal que tuvo a escuela taller mais de seis meses parada, sin cursos de formación, sin obradoiros, etc. cando os parados de Moaña iban en aumento, e pagando sueldos dos traballadores que hay ali sin facer nada de brazos cruzados. Un logro que pasará a historia por ser a peor desde que se creou.
Ramón PL
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Saiulle un defensor a Freire, ou será o XAXA disfrazado.......de intelectual,,,,,,,,desinformado.......
ver para creer
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
O ¨Fungon¨vaise porque non pillou ¨CACHO¨no ¨GRAN PELOTAZO¨que se esta cocendo no ¨CENTRO DE MOAÑA¨. Cando se enterou do tema xa non tiña nada que facer, pero él no vai ser o ultimo que ¨DIMITA
temos outro que si pillou ¨CACHO¨e cando estea todo ¨APROBADO¨vaise a vivir pa ¨CATALUÑA¨.

Os demais de ¨FLOREROS¨, veremos en que acaba todo isto.
Repsol
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Pois os que estades tan enterados a ver si nos contades cal e ese gran pelotazo que se esta a cocer no centro de Moaña, que aquí moito largar pero pouco informar.
Paco
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
1- Nin pretendo embarrar nin teño resentimento con ninguén (Rodas incluído), simplemente eu teño a liberdade de criticar a calquer político de calquer partido, nin pertenzo ni lle debo nada a ningún, cousa que ó mellor non podedes decir todos os que opinades aquí, ainda así opinades libremente como debe ser, pois eu igualiño, e referente a actividade pública dos políticos (ollo so a súa actividade pública que quede claro), vou a decir o que me de a gana como calquera, e trataréi de facelo sen insultos gratuítos.
2- Insisto, opinarei como crea conveniente, neste fío ou noutro mentras non me censuren, cousa que non creo que faga o administrador, ainda que estaría no seu dereito neste caso, xa que esta web é del e a podería xestionar como lle pete, agora ben ningún de vós me vai decir como debo pensar ou opinar digades o que digades.
3- Non, nin son intelectual, non estou desinformado e moito menos son defensor de ninguén, e a pesares do que fixera mal o concelleiro que dimitiu, nin estando 10 anos seguidos no cargo sería capaz de ser tan nefasto económicamente para o concello como os anteriores, e aquí falan as cifras puras e duras, e sí recoñezo que é triste ver como non hai cartos para o patronato ou outras cousas importantes e a maioría dos recursos van destinados a pagar pufos e débeda xenerada. Pero de momento a súa xestión económica é mellor que a do anterior equipo.
4- Asi com tamén digo que sen dúbida o do concellal de deportas é lamentable, a súa xestión e bastante penosa, para min é o peor do equipo de goberno sen dúbida. Equipo de goberno que como dixen antes é mediocre, pero no tema económico, bastante mellor co do anterior goberno.
Máis claro non me podo explicar creo eu.
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Esquecíame, por Deus contar iso do pelotazo, tamen teño curiosidade, ademáis parece un caso de prevaricación, trato de favor, etc. Si algúen sabe algo xa está tardando en ir o xulgado
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
SANSUNG,
Creo que deberías informarte un pouco antes de defender tanto a xestión economica do Sr. Freire e o seu eppipo.

http://www.foro-ciudad.com/pontevedra/moana/mensaje-11283389.html
Kkk
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
A ver kkk deberías informarte tí do que é a deuda viva dun concello, que por certo "non é toda" a deuda do concello, e no caso de moaña ¿por qué aumentou? ¿precisamente, por qué aumentou? busca, infórmate e despois pos aquí a resposta, a cousa vai máis ou menos polo tema de pago de deuda, créditos, cesións de créditos...
Resumindo: canto máis te endeudas e para pagar as deudas e os intereses que xeneras as deudas, endéudaste máis, é iso ou a suspensión de pagos, non se pagan nóminas, suministros básicos, etc
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
E eu non a defendo tanto, simplemente dixen e volvo a decir que é moito mellor que a nefasta, lamentable e mala xestión económica do anterior goberno, leer ben o que escribo.
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
XAXA eres un ingnorante vas pola vida de maton e seguro que eres un toitaniño mais dos fachas e dcir moito defender e eles mismos rinse de ti hay que ingnorarte bpsar de ti
outro
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
OUTRO,.IGUAL O DOS CABALOS.
Mira firmes co nome que firmes non podes esconderte sempre seras os dos cabalos, mira dille os enteletuales do bloque, por que ti non chegas a tanto, pasache a miña, por que o axuntamento de moaña lle sacan dos catrocentos mil euros que recibe do estado lle sacan 150 mil, dille quen generou esa deuda, verdad que ti os dos cabalos non o sabe, pois dillo os que atacan a freire de esa forma, a deuda que esta pagando FERVENZA e do caudillo.
XAXA
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Como non creo que a xente político-fanática de esquerda ou de dereita faga autocrítica, e para tratar de acadar consenso eu direi que o anterior goberno do bng-psoe de Moaña o fixo tan, pero tan mal dende o punto de vista económico como o pp no concello de Madrid, evidentemente salvando as diferencias dun e outro concello.
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Samsung, antes se colle a un mentireiro que a un coxo, e ti, con tanta leria de achaques: "que si no soy del PP, que si tanto me da, que si vosotros si pero yo no, que si patatín que si patatán" ó final foches a dar cos fuciños na merda.
Según o gráfico que acabamos de mirar vese ás claras que este animal e os seus compañeiros de piara metéronlle un calote ó Concello de Moaña de ¡CATRO MILLÓNS! de euros, chica arriba, chica abaixo.
Este animal pediu un crédito ós bancos para pagar ós acreedores, ¿e quen son os acreedores?, pois son empresarios que saquean ós concellos cobrando un 20 % máis por cada obra que fan. Por iso cobran tarde mal e arrasto, ero en Moaña iban cobrando.
Pero agora a deuda témola cos bancos, e aestes non se lle pode pagar nin tarde nin mal. polo que os amiguiños do Alcalde cobraron, pero moito me temo que as obras que van a fcer vannas a ver por lupa, porque aver de onde imos a sacar os cartos para obras.
En fin, os caciques cobraron, pero os baches das carreteiras e as pingueiras das instalacións do Concello van a ser das que fan época.
PKK
RE: SAMSUNG INFORMATE18-10-2013
Samsung eres un ignorante ou desenformado:
- Para defender a Pucho o Fungon, dices que Rodas foi a chupar a Xunta. ¿ A que Xunta, a que preside Feijoo?
Tamén dís que Rodas foi sustituido polo seguinte da lista. Infórmate espaviladillo segue de concellal en Moaña.
Por certo mira na páxina do foro a entrevista o Chicho, parece que se van varios. INFÓRMATE
Dun Dun Pacheco
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO18-10-2013
Mi madriña donde chega o radicalismo destes bngais, mira os empresarios que cobraron eran amigos de FERVENZA ou do caudillo, por que a deuda era del, ou el empeñaba o axuntamento, sin gobernar, asta iso sodes capaces de torcer como todo, e si os empresarios cobran o 20% mais por que o caudillo os contratou, por que o mellor repartian igual non era tan honrado.
XAXA
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO19-10-2013
E falando do GRAN PELOTAZO e tendo en conta que o están a parir as forzas descerebradas da dereita pódese convertir nun BOMBAZO.
Que se vaian preparando os veciños da Plaia porque como consigan levar a cabo os plans que están artellando estarán en perigo de EXPLOSIÓN, estaremos todos...a menos que lles explote a eles na cara antes.
PKK
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO19-10-2013
Eles teñen a cara mui dura, non hai explosión que os tumbe
carotas
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO19-10-2013
Pkk, nin son so pp nin de outro partido, de feito repito que este é un goberno mediocre, pero repito tamén que no ámbito económico o fixo mellor que o anterior, que foi nefasto, aprendede a leer.
Pobrablemente tí serás incapaz de criticar a esquerda ainda que faga auténticas barbaridades, ese será teu problema ou as tuas lerias pero eu critico a dereita e a esquerda porque podo e quero.
¿Rodas na Xunta de Feijoo? ¿A Xunta de Feijoo? bueno isto simplemente paso de contestalo, e por certo cos mesmos privilexios que todas a súas señorías, non renunciou a eles en solidariedade cos traballadores de Galicia que eu saiba.
Si ainda segue de concellal, pido desculpas polo erro, de tódolos xeitos para o que se nota que o siga sendo ou non... coma moitos este quere estar en misa e repicando. Será entón que o final será o candidato a alcaldía chegado o momento, iso foi o que me dixo él mesmo no seu momento cando ainda non era deputado autonómico pero si provincial, xa cobraba uns cartiños por ir a plenos e todo iso.
Sobre a débeda non é toda para pagar a proveedores, iso é falso, a maior parte segue sendo para amortizar deuda anterior, deuda xenerada polo anterior goberno.
A min si se desfai ou se ven abaixo este goberno municipal dame igual, de feito o pp goberna en Moaña porque a esquerda quere e lle deixa, alomenos a ver si agora que Pastoriza cobrou e o partido non lle debe nada, agora que xa non hai "impedimentos" están tardando coa moción de censura, pero claro "politicamente" non convén neste momento, o de sempre, e igual ca dereita, primeiro o partido e despois o pobo.
Si a esquerda foi tan boa gobernando, está nas súas mans, so nas suas mans para arreglar esta desfeita do goberno actual ¿non?. Ainda quedan dous aniños.
Volvo a decir QUE É IMPOSIBLE QUE ECONÓMICAMENTE ESTE GOBERNO DO PP O FAGA PEOR CO ANTERIOR DE BNG-PSOE", e que "A ESQUERDA TEN UNHA NULA CAPACIDADE DE AUTOCRÍTICA" o fai todo ben, deben ser infalibles ou algo así.
Eu non podo entender que si o bng and company o fixeron tan ben durante tantos anos como é posible que o inicio da actual lexislatura as contas do concello non estivesen equilibradas ou con superávit e por suposto sen cargas financieiras.
Non sei si os proveedores que foron cobrando e que foron algúns e non todos son "amigos" do alcalde como decides por aquí, iso si que non o sei e si é asi mal feito,(e si estades seguros diso estades tardando en denuncialo onde corresponda), pero xustificar que os proveedores cobren cando se pode supoño que o decides de coña, e decir que ¿un autónomo ten que pagar a seus proveedores e impostos e os gastos que xenere unha factura impagada polo concello e cobrala medio ano ou un ano despois? ¿xustificades iso? estades de coña, eles cobraban os soldos e asistencias a comisións e plenos puntual e regularmente e non hasta 18 meses despóis.
Unha mentira por repetila moitas veces non é verdade, e a xestión económica do anterior goberno foi mala, moi mala.
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO19-10-2013
Cando repites tanto que non eres do pp é que o eres, e non tes nin idea do que é unha mala ou boa xestión económica, eres un provocador e non vou cair nas tuas provocacións, pero dime unha cousa, a que ben iso de que si o fixeron tan mal agora queiras que fagan a moción de censura? explicamo teño curiosidade.
kaka
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO19-10-2013
a MOCION DE CENSURA debería ser xa posto que pensan que eles son os donos de moaña e o pobo e de todos os moañeses non dos fachas solamente, pero como os bng, e psoe todo a mesma merda e
sisi
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO19-10-2013
a ver samsung (led ou de PLASMA), aqui tes un primeiro exemplo do bo facer economico do actual des-goberno (pero hai mais), sobre a escola de música:
Primeiro, o abandono sistemático das instalacións, sen acometer o mantemento necesario. Mesmo cando o propio Sr. Fervenza se tiña comprometido cos pais e nais da Escola, entre outras cousas, a levar a cabo o vernizado das paredes para evitar o desprendemento de areas. Inicialmente adiou a reforma até o verán por mor da humidade do inverno, pero chegou o outono e, segundo o manifestado na anterior comisión de cultura, non hai intención algunha por parte dos responsables municipais de facer a reforma.
En segundo lugar, o desgoberno do señor Fervenza pretende a asfixia económica da Escola, que leva a que neste curso sexan os pais e nais os que teñan que sufragar a práctica totalidade dos custes dos Obradoiros Musicais. Se co anterior goberno era o concello quen asumía a maior parte do orzamento destes obradoiros, agora son os pais e nais os que asumen o seu custe, contando cunha mínima subvención do Departamento Municipal de Cultura. Eso si, a Sra. Concelleira non dubidou en pórse na primeira liña da foto periodística coa que se daba conta do inicio do período de matrícula dos mesmos.
Por último, o Goberno Municipal suma ás anteriores medidas a redución de persoal coa eliminación do conserxe. Ou mellor dito, habería que falar da creación fervenciana dunha nova figura laboral: a de profesor-conserxe. Esta medida implica que o profesorado de música teña que atender o labor propio dun conserxe (que non aparece dentro das súas funcións) e que a ANPA da Escola teña que facer quendas diarias de até catro horas para poder realizar en tempo e forma a matrícula do numeroso alumnado que solicita participar nos Obradoiros Musicais. E a pesares diso, as representantes da ANPA na derradeira comisión de cultura tiveron que
O SINIOR AFRANIO
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO19-10-2013
faltoume rematar antes, o que queria decir é que
a pesares diso, as representantes da ANPA na derradeira comisión de cultura tiveron que escoitar de boca do Sr. Alcalde o reproche de que non facían nada.
Para o BNG de Moaña resulta inmoral falar da Escola de Música nos termos de déficit-beneficio como fai o Sr Fervenza, sen reparar no servizo público cultural e formativo que presta a moitos nenos e nenas, sendo hoxe o centro educativo con maior número de alumnado do concello. E sabendo ademais que ano tras ano, son moitos os demandantes que non obteñen praza para poder iniciar os seus estudos musicais.
O SIÑOR AFRANIO
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO20-10-2013
Si, ese é un e hai moitos exemplos máis.... non lle preocupa a cultura (escola da música) nin o desemprego, mira a xestión na escola taller, nin o deporte, mira o abandono dos pavillóns, para este goberno é prioritario o aire acondicionado da praza.
Sabino
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO20-10-2013
Afranio, lee os meus comentarios na totalidade anda e non soio o que é crítica o Bng, a ver si nos entendemos dunha vez: repito que coma xa dixen este goberno é mediocre, pero económicamente non no fai peor do que o fixo o anterior goberno, pola sinxela razón de que o concello xa estaba en quiebra fai dous anos, e as débedas xeneradas tardaranse moitos anos en pagar, ademáis é simple, vai o concello e pide os "números" dos últimos 5 ou 6 anos vía rexistro, tardarán, pero terás acceso a eles coma calquer cidadán e despois dime que o gobeno do Bng fixoo ben económicamente.
E outra cousa ¿que "movementos" económicos fixo o bng no seu momento con informes desfavorables? pois iso tamén o estamos pagando agora.
Xa dixen antes tamén que a peor xestión desde gobeno na miña opinión é na área de deportes, niso estamos dacordo.
Non respostastes a miña pregunta, si o Bng o fixo tan ben:
¿porqué non había superavit nas contas municipáis fai dous anos?
¿si a labor do goberno actual é tan mala (que si o é en moitas cousas) porqué tarda tanto a moción de censura?
ademáis ¿si había un pacto para o inicio da lexislatura e o houbo na pasada cal é o problema para non retomala xa? que ainda quedan dous anos ademáis respostano a algún comentario a moción de censura sería para o ben de Moaña ¿non?, Afranio os dous sabemos (bueno eu si, ti non sei) que agora non lle convén o partido acceder o goberno ¿non?, primeiro o partido, despois o pobo, bueno iso si suso non o repensa de novo ¿non?...
Afranio deberías saber que os postos nos que se xubilaron funcionarios, non se van a repoñer con novo persoal, e iso pasará goberne quen goberne alomenos nun tempo.
Xa sei que no Bng non estades acostumbrados a autocrítica, e vos parece incrible que alguén critique a calquer partido, pois vale, pero xa me diras afranio, ¿o Bng non fai nada mal tanto de xeito interno coma partido como cando goberna?
Si como se intue dos teus comentarios tí pertences, pertenceñes ou tes algo que ver con Bng,(cousa que respeto e me parece xenial) honestamente ¿non hai autocrítica que facer? ¿de verdade que non? isto sería bo que o pensaras ben antes de responder si de verdade sabes de que vai en certas cousas o "intocable" bng...
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO20-10-2013
Yo pensé que las elecciones en el municipio de Moaña las ganara el PP. Sí no es así disculpen.
Dale caña XAXA
veciño
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO20-10-2013
Samsung
ti que presumes de ser unha persona informada, cando falas da pésima xestion económica do goberno anterior,supoño que te estas referindo o "goberno da maioria absoluta" do PP que presidia Javier Barreiro,que non pajaba a Segurida social (nin a cuota empresarial nin o que se lle retiña os traballadores ) e tivo que ser o goberno tripartito BNG, IMMO, PSOE,que aprobaron un plan de pagos coa S.Social que ainda estamos pagando hoxe os moañeses, e remata no ano 2015. Para ti o PP en materia economica fixoo sempre moi ben.
Sony
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO20-10-2013
Pucho o "fungon" tiña que comparecer no prosimo Pleno para dar conta da situacion economica do concello, e como é tan caotica, preferiu irse pa casa,. e as mentiras que as conte Fervenza, que e para o que sirve.
Remigio
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO20-10-2013
SANSUNG.
Mira eu non estou tan informado como ti, son mais burro, pero ti xa fixeche o facerlle auto critica os bngais,non entran en razon nin que os mates, estes son os salvadores de moaña, bueno o creen eles, pa min son os arruinadores de moaña.
A si que non te mates muito, e o que ai.
XAXA
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO20-10-2013
Tanta palabreria aburre, o certo é que Moaña debía 3 milllóns e medio de euros a despois de un ano debe 7 millóns e medio.
A deuda aumentou 4 millóns nun ano, no último ano, no ano del Sr en que Moaña está desgobernada pola dereita reaccionaria e borriqueira de Facurellos, Fungóns, Pombas, Mingueus, Gobernadores e demáis borricaxe miúda que pulula lastimeiramente pola Casa do Concello.
¡¡¡CATRO MILLÓNS NUN ANO!!!...
Vós estades pirados
Tira-Puxa
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO20-10-2013
O TIRA E PUXA, Rompeulle a calculadora, non e asi, do bloque.
XAXA
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO21-10-2013
Bueno Samsung, sigo con mais do mesmo, pra que sigas loando o bo facer economico deste goberno con respecto o anterior, con este novo exemplo;
A mediados de setembro, por resolución da alcaldía procedeuse á contratación do plantel de profesores da Escola de Música, sen realizar ningún tipo de proceso de selección e sen atender aos informes do secretario e da intervención municipal. Por terceiro ano consecutivo, o goberno do PP decidiu contratar o persoal a dedo, excusándose na “falta de tempo” para realizar os procedementos de selección para dúas prazas que veñen sendo necesarias desde hai seis anos e cuxa contratación era previsible desde o mes de xuño. Para maior arbitrariedade, este ano o goberno decidiu contratar os profesores de música endadindo ás súas funcións a “realización de tarefas de conserxería”, creando a innovadora figura do “músico-conserxe”, ata agora descoñecida no Concello de Moaña e que non consta nin no Catálogo de Postos de Traballo nin na plantilla de persoal laboral.
-O 27 de setembro, tamén por resolución, a alcaldía decidiu a contratación de dous monitores de ximnasia, un a xornada completa e outro a media xornada, tamén sen ningún tipo de procedemento selectivo e cos informes en contra da técnica de persoal, a interventora e o secretario que advirten severamente ao alcalde das responsabilidades penais en que incorre por estas contratacións. A alcaldía preferiu facer oídos xordos e tras levantar os reparos da intervención municipal, asinar as resolucións e os contratos correspondentes, xustificándose de novo na “falta de tempo” para realizar as contratacións de acordo coa lei.
Para o BNG constitúe un insulto aos veciños e veciñas de Moaña que se negue ás persoas capacitadas a posibilidade de accederen a un posto de traballo en condicións de igualdade, con transparencia e respecto á legalidade. Máis aínda cando Moaña conta con perto de 2.350 parados e centos deles son mozos e mozas que buscan o seu primeiro emprego.
O goberno do PP está xestionando o Concello como unha finca privada ou como unha empresa da que se cre propietario, sen ningún respecto pola normativa laboral e con total desprezo para a veciñanza. Converteron o acceso ao traballo no sector público nun comercio de prebendas e favores que rebaixan ademais aos traballadores, ata o punto de obrigalos a exercer funcións totalmente alleas á súa formación e o perfil da praza que cobren. Por outra banda, seguen sen levar a cabo a oferta de emprego público, que contempla a provisión de 6 prazas neste momento cubertas de forma provisional e precaria; reparten produtividades á marxe da lei e contra os criterios que fixan os orzamentos municipais e pretenden tamén de forma arbitraria promover ascensos e incrementos retributivos sen ter en conta os principios de mérito, publicidade e concorrencia.
En resumidas contas, o modelo laboral defendido polo actual alcalde é o dunha empresa chafalleira onde o patrón ordena e manda ao seu gusto, sen encomendarse nin dar explicacións a ninguén. Antes de rematar o mandato de José Fervenza, o Concello de Moaña retrocederá aos peores anos do anterior alcalde “popular”, que deixou un concello totalmente desregulado en materia laboral, con máis de 25 traballadores con contratos en fraude de lei e polo tanto con contratatos de duración indefinida, e ofrecéndolle postiños aos amigos e aos amigos dos amigos.
O SIÑOR AFRANIO
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO21-10-2013
Afranio, dices textualmente:

Para o BNG constitúe un insulto aos veciños e veciñas de Moaña que se negue ás persoas capacitadas a posibilidade de accederen a un posto de traballo en condicións de igualdade, con transparencia e respecto á legalidade. Máis aínda cando Moaña conta con perto de 2.350 parados e centos deles son mozos e mozas que buscan o seu primeiro emprego.

Reláxate home este tipo de comentarios non fai falla que os uses ata primeiros de 2015.
Canta demagoxia, en Moaña hai moitos parados por desgraza pero que pretendes; ¿que se contraten todos como funcionarios ou que?.

Contratar mediante resolución, pedir prestado con informe desfavorable, facer apaños e chapuzas con postos laborais diso sabedes moito no bng e no anterior goberno.
Así como facer plans de pagos que logo se incumplen.

Eu non estou loando a xestión económica deste goberno, dixen e digo que é mellor ca do anterior.

- ¿O bng non contratou postos que se chaman "de libre designación" sobre todo para persoal de confianza, como o anterior secretario da alcaldía, un posto a todas luces innecesario?
- ¿acaso foi o anterior goberno un exemplo de transparencia e respeto a legalidade por exemplo no que se refire o patronato Beiramar?
- ¿cando se van a rematar de pagar as débedas xeradas polo goberno do bng?
- ¿ti sabes cales son as labores dun conserxe segun o convenio?
- ¿non sabías que no anterior goberno había a figura de conserxe pintor ou conserxe limpiador, conserxe...?
- ¿porque se permitía?
- ¿como se medía a productividade dos funcionarios?
- ¿como se promoveron todos os ascensos na anterior etapa de goberno?
- ¿acaso non é un insulto para os moañeses e moañesas o feito que a inacción da esquerda permita que goberne o pp?
- ¿si había acordo o día da investidura antes de que saltara todo polos aires, porque non a hai agora?
- ¿si este goberno está arruinando Moaña, porque llo permitides?
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO21-10-2013
Por que a patata esta mui quente.
XAXA
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO21-10-2013
Samsung
¿ que me dis , do que saiu no Faro a semana pasada, de que Fervenza quere subirlle o soldo a un funcionario, (286 € o mes ) por vixiar as limpadoras ?
Pili
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO21-10-2013
Pili o fucionario ese non sera :un alto coloradiño de cara él que anda paseando no coche do alcalde?.
Luis
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO22-10-2013
Pili, pois dígoche que si iso é como ti dices, mal me parece moi mal. E ti que diceds das miñas preguntas.
Samsung
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO22-10-2013
Samsung
xa me diras que prejunta queres que che conteste, fai favor que eu non teño a capacidade que tes ti pa tanto escrito, faime unha por unha,.grasias....
Pili
RE: GOBERNO CON PES DE BARRO24-10-2013
Para defensores e detractores.
Espero ver mañan resurxir este debate cando saia a noticia no faro de Vigo da renuncia de Angel.
E outra cousa, mais alá de esas "críticas constructivas" tanto duns coma doutros, o certo é que quen está des-gobernando Moaña nestes momentos é o PP, e é a eles a quen lle hai que pedir explicacións pola súa xestión. Rodas fixo, o PSOE dixo... Está na alcaldía o PP. ¿Cando están na oposicion so serven para criticar é cando gobernan igual?
Non esperaban gobernar e por iso seguen co rol de oposición.
Tamén estou dacordo en que na anterior lexislatura cometeronse erros e que foi nunha situación económica moito mellor que a actual.
Pero tamén é certo que se supo xestionar mellor (mil veces), e así se chegou a acadar a actual Moaña. Coas incribles melloras que hoxe o goberno de Fervenza non é quen nin de manter.
Pero repito. Mañan veremos que decides. Igual tamén sabedes porque marcha...
E Santomé o seguinte, que o esperan en terras catalanas.
Pero aínda por se fora pouco, e isto sin que son especulacións miñas (ou non), xa veredes coma algunha que outra, o ver aberta a veda, decidese a dar o paso que ata o de agora non dera por vergonza.
Outra cousa,
Que a esquerda non ten autocrítica???
Una esquerda na que os seus simpatizantes a castigan cada vez que no actúan coma se espera deles non é crítica?
Si, señores. En xa demasiadas ocasións a esquerda desviouse, pero nalgún partido de esquerdas, cando a clase política falla, é castigada. Pola contra, a fidelidade da dereita levounos é moitas ocasións a ter o que empezo a pensar que merecemos.
E perdoade todos por este ladrillo.
Rojo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados