Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
PA ESTE GOBERNO TODO VAI BEN... PERO EN REALIDADE...27-08-2013
CANGAS CONSOLÍDASE COMO POTENCIA TURÍSTICA
Cangas continúa sendo a vila máis visitada da comarca con 8.000 novas visitas ata o
15 agosto. As praias, o Casco Vello e a oferta gastronómica e cultural son, xunto co
Parque Nacional os principais atractivos turísticos.
Cangas, 23/08/2013
Cangas está vivindo un dos mellores veráns en canto a número de visitantes se recorda.
O bo tempo é un dos factores que máis axudou a que este ano, e pese a crise económica,
o sector hoteleiro teña unha taxa de ocupación que nalgúns casos alcanza ao 100% e que
en termos xerais mellora de xeito notable as cifras do pasado ano. Aínda que xullo foi
un mes frouxo marcado pola inestabilidade meteorolóxica, agosto está cumprindo as
expectativas do sector cun incremento no número de reservas e da taxa de ocupación
nos distintos establecementos hoteleiros da vila.
O Concello de Cangas, a través da Concellería de Turismo quere implantar unha
estratexia turística co obxectivo de potenciar o turismo máis alá dos meses de verán,
mantendo unha oferta lúdica e cultural de calidade ao longo de todo ano así como
actividades gastronómicas que permitan loitar contra a importante estacionalización do
sector. Neste punto destaca a potenciación do patrimonio histórico así como de eventos
culturais como a Semana Santa de Cangas, unha das máis importantes de Galicia e
declarada de Interese Turístico Galego que esta a atraer cada ano a moitos curiosos e
amantes desta festividade ou iniciativas gastronómicas como a recuperación da Festa do
Percebe xa que se trata do producto estrela da gastronomía local e a Feira da Tapa, da
que xa se celebraron tres edicións acadando un éxito rotundo.
Por outra banda, o perfil do turista que visita O Morrazo ten unhas características moi
marcadas. Na súa maioría trátase de persoas de nacionalidade española que veñen de
rexións como Asturias, Castela e León, País Vasco e sobre todo Madrid e que na súa
maioría que repiten experiencia. Por iso non sorprende a cifra de 8.000 novos visitantes
que visitaron Cangas por primeira vez ata o pasado 15 de agosto. A estas cifras hai que
sumar os turistas de proximidade de zonas como Vigo, e zonas do interior da
comunidade como Ourense. Estes datos permiten falar dun turismo moi estable e fiel
que resiste mellor as situacións de crise.
Camiñando cara a excelencia
Pese a todo, o sector turístico local está mudando nos últimos anos cara unha maior
profesionalización, con apostas empresarias máis innovadoras que apostan polo deseño
e a calidade. Neste senso destacan algunhas das casas rurais postas en marcha nos
últimos anos. A estas iniciativas de vangarda únense outros proxectos para os próximos
anos que queren atender un nicho do mercado distinto apostando pola orixinalidade e a
excelencia do servizo.
Ademais, cada vez son máis os estranxeiros que visitan O Morrazo. Ós alemáns,
franceses ou portugueses están sumándose outras nacionalidades como os rusos, sendo
un total de 1109 os novos turistas estranxeiros rexistrados ata mediados do mes deILTMO. CONCELLO DE CANGAS
(Pontevedra)
agosto que elixiron Cangas como lugar de veraneo. Este dato resulta moi importante
tendo en conta que este perfil de turista destaca pola súa capacidade de consumo.
O incremento da oferta de servizos ao visitante tamén é un factor que a mellorado e
enriquecido o sector turístico cangués nos últimos anos. O nacemento de empresas de
deportes de aventura, a oferta de deportes náuticos o importante número de prazas de
amarre no porto deportivo son tan só algunhas das actividades das que pode gozar o
visitante. Nesta oferta lúdica e de ocio merece un punto e aparte o incremento na oferta
deportiva náutica que experimentou a vila. Exemplo claro disto é o porto deportivo que
con 269 prazas de amarre converteuse nun factor de dinamización do turismo, sendo un
referente como punto de información e na oferta de actividades náuticas con cursos ao
longo de todo o ano, actividades que tamén se están a ofertar nalgúns dos areais máis
importantes do concello como o de Rodeira ou Liméns, ambos galardoados coa
bandeira azul.
Historia e natureza
Todo isto supón un magnífico complemento a rica oferta turística de Cangas cun
patrimonio histórico moi variado que comprende distintas etapas históricas, dende a
época prerromana co santuario de O Facho ata etapas máis próximas como o
renacemento ou o neoclásico nalgunha das fermosas igrexas do concello.
Neste capitulo resulta especialmente relevante a aposta do goberno local pola súa
conservación e potenciación, traballando na súa posta en valor e na mellora dos accesos
aos mesmos. Este patrimonio histórico combinado cos recursos paisaxísticos e naturais
con 38 praias ao longo dos seus 31 quilómetros de costa, sete delas galardoadas coa
bandeira azul, converte O Morrazo nun destino incríbel para pasar os días de lecer.
O sector turístico é un sector en alza que por iso tamén é necesario destacar a súa
capacidade de xerar empregos e riqueza. En Cangas hai aproximadamente trinta e catro
establecementos entre hoteis, pensións, casas rurais ou cámpings, ademais do sector da
restauración, do ocio e o lecer que crean numerosos postos de traballo tanto directos
como indirectos. Este feito esta sendo un importante factor de dinamización da
economía local que está permitindo suavizar os efectos nocivos da actual crise
económica.
Gabinete de comunicación


texto sacado de http://www.cangas.org/portada/turistico.pdf
un de aqui ou de ali


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PA ESTE GOBERNO TODO VAI BEN... PERO EN REALIDADE...28-08-2013
Como veciño de Cangas pregúntome : ¿en qué nos beneficia ser unha potencia turística?. ¿en que non podemos aparcar, non podemos levar o can a praia, non podemos ir á praza porque suben os prezos?. E como non ¿está preparado este Concello para semelllante avalancha de turistas?. ¿Onde aparcan, por exemplo?. Preto da Praza de Abastos, por exemplo, QUE APESTA A LIXO DOS CONTENEDORES SOTERRADOS ........ Menudo pobo turístico
son eu
RE: PA ESTE GOBERNO TODO VAI BEN... PERO EN REALIDADE...29-08-2013
"O Concello de Cangas, a través da Concellería de Turismo quere implantar unha
estratexia turística co obxectivo de potenciar o turismo máis alá dos meses de verán,
mantendo unha oferta lúdica e cultural de calidade ao longo de todo "...será a través da Concellería de turismo e a CONCELLERÍA DE CULTURA....
digo eu
RE: PA ESTE GOBERNO TODO VAI BEN... PERO EN REALIDADE...03-09-2013
O dos cans na praia xa he un caso aparte,soltos e sin bozo,que o seu amo coñecerao moi ben,pero eu cando vexo algún exemplar de eses de laboratorio cagome pola pata abaixo.
Loliño
RE: PA ESTE GOBERNO TODO VAI BEN... PERO EN REALIDADE...04-09-2013
A Cangas lo que le le hace falta es que nos destapen y devuelvan el mar que nos robaron, poniendo las jaulas y demas edificaciones. Cualquier pueblo marinero presume de su costa, aquí nos avergonzamos de lo que nos hicieron.
En cuanto al tema de los turistas, viendolo del lado de los comercios y hostelería, nos dió a todos un respiro después de la que nos estaba cayendo... ahora bien, desde el punto de vista de los vecinos, con respecto a los aparcamientos, es una gran verdad que cada dia hay menos donde aparcar, yo no soy cómodo, pero es que lireralmente ¡ no hay donde aparcar!
En general creo que el turismo, nos beneficia a todos, nos da alegría, conocemos otra gente, compartimos experiencias con ellos, en fin , nos aportan mucho, pero es que en Cangas,el ayuntamiento no sabe canalizarlo, ni preveer el tema de los aparcamientos, tener más gente en verano para la limpieza del pueblo, playas, policias que regulen el tráfico(no que lo ralenticen que ya lo tengo visto)
Joé, que Cangas es chulísimo y nos gusta compartirlo.
tito
RE: PA ESTE GOBERNO TODO VAI BEN... PERO EN REALIDADE...05-09-2013
Pois si, tes toda a razón Tito. O do turismo está ben o que pasa que a xente que goberna en Cangas isto lle ven grande, non o poden nin saben canalizar.
Miro
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados