Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/marijuana-essays/
Indispensables
Donde ...
Guia
AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO27-08-2013
Tras as "incribles" actuacións de 3 artistas consagrados (con Siniestro Total e Astarot serán 5) a corporación municipal felicitarase moito polo "exito" das festas do Cristo e a xente que atraeron. Non é porque sea dun partido ou outro, as festas que realizaron o tripartito foron un desastre, pero podo dicir que estas festas van camiño de ser as máis ridículas da historia de Cangas. Razóns:

Primeiro está a graza dos fogos de luces, comparables aos de calqueira festa de aldea. Non creo que deixasen agradado a nadie máis que aos turistas, que non saben de que vai o asunto e apraudiron como se fose algo habitual ver algún pequeno fogo separado durante escaso tempo.

Logo o chiste da fonte. Todo o mes anunciándose a bombo e platillo a restauración da fonte máis coñecida de Cangas para as festas e, cando sacan o intrigante telón, topámonos con una fonte descoñecida, sen nada que recorde ao esplendor que tiña no pasado. Vale que non están para tirar os cartos pero, pola inversión que fixeron, podíamonos esperar algo máis.

Pero o peor agardaba co esperado plato forte da festa, as concurridas actuacións de Chenoa, Civera e Karina. Cun sonido comparable ao que levaba un presumido "triunfito" (que en realidade fora un reserva da fracasada 3ª edición de OT) nas festas de Coiro do ano pasado, os agudos facían inaudible o concerto, dando dolor de oídos e de cabeza aos poucos minutos. Eu non sei se foi cousa do material técnico ou de que o encargado de sonido está xordo pero non fai falta ser experto para saber que o espectáculo sonaba como una radio vella a un volume infernal.

Por se fora pouco, as atraccións, cos seus "chundas chundas", importáballes ben pouco que houbese un concerto de tales características, a falta de que algún responsable reclamáselles quitar ou baixalo volume.

En conclusión: ¿De que vale chear unha calle de xente cando a maioría (con total seguridade pola chea de comentarios que había ao respecto da horrible actuación), acabou profundamente decepcionada?.

Deberían informarse un pouco das empresas que se contratan para realizar as festas, e non darlles control absoluto así polas boas ainda que presuman dun bo cartel. Pero, en definitiva, como sempre, cegos, estarán orgullosísimos da asistencia de público e presumirán de que foron as mellores festas que se recordan, ainda que fosen un absoluto desastre.

PD: Gran mención a Faro de Vigo, destacando onte os fogos (hoxe xa retificaron nun párrafo, dicindo que a xente parecéronlle pobres) e a "gran" gala de onte. Tamén é estupendo que, mentres Samertolameu acadaba unha grandísima afluencia de público, nunca vista polos seus parroquianos, non lle adicaron nin un apartado en detrimento das páxinas enteiras dedicadas a festa canguesa, moito menos concurridas ese día. Todo iso recórdame ao bombo que se lle deu a Panorama nas festas de Cangas mentres que en Tirán aparecía como unha orquesta máis (a ver que pasa para o ano).
Decepcionado


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO27-08-2013
QUE ABURRIDO ERES TI.
CANGUES
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO27-08-2013
Completamente de acordo con todo: Fogos paupérrimos, fonte ridícula e gala esperpéntica cun son pésimo e un volumen atronador. O único e gran acerto da comisión foi o das carpas de Ojea, xa dende o ano pasado, e o grupo de Mariachis, que era bastante mellor en todo que calquera das actuacións de onte.
Cangués
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO27-08-2013
¿ A Karina esta será a misma do baúl dos recordos, ou hai otra nova que ande por ahí que eu non me enterara?
curioso
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO27-08-2013
Iperdoable que non trouxeran a Norma Duval, agora que estará a pasar fame e sendo do "partido"...
casposos
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO27-08-2013
Ai, cala, que soio fai un mes que a Leticia Sabater madou unha carta de súplica ós concellos do PP para que a contrataran este verán..."y es que yo soy de los vuestros".
Sin coñas.
Menos mal que o Sotelo é de "centro dereita" que si non...
PKK
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO27-08-2013
No creo que la política tenga nada que ver con esto. El concierto estuvo muy bien, y a pesar de algunos problemas de sonido y de organización ( Música de las atracciones que debería haberse prohibido durante el concierto, por ejemplo ) yo creo que es justo reconocer el esfuerzo de la gente que lo puso en marcha. Hoy Astarot y siniestro total, ayer Chenoa, Karina y David Civera. Mucho cartel para tan poco agradecimiento creo yo.
Marina
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO27-08-2013
A min gustoume moito o detalle de Adicam, esas mulleres luchadoras capaces de superar a súa enfermidade con un sorriso. ¡Bravo por elas!
Xoan
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO28-08-2013
Marina, yo era el primero en estar ilusionado con el cartel, más en estos tiempos de crisis donde no hay tanto dinero para fiestas. Lo que si, cuando se traen a artistas de primer nivel, te esperas que el espectáculo esté a la altura y no lo estuvo.

Yo y un grupo de amigos, estando lejos del escenario, tuvimos que irnos porque el sonido era insoportable y, como nosotros, muchos. ¿De que vale que vengan grandes artistas si al final no puedes ni escucharlos?. Sinceramente estuvo mejor la mediocre, para mi gusto, orquesta Filadelfia que esa gala.

Hoy se comenta lo mismo en las redes sociales de Seguridad Social y Astaroth (ya no fui a verlos de esta vez suponiendo lo que iba a pasar).

La organización de las fiestas y la corporación tiene su culpa. Ellos se encargan de contratar el espectáculo y, antes de ello, deberían conocer de antemano su funcionamiento (no creo que los problemas de sonido se diesen justo en estas fiestas).

Por lo demás no creo que fuese un acierto que la mayoría quedasen desencantados con un espectáculo que podía tener más repercusión que la actuación de King África años atras. Era mejor, en este caso, invertir menos y optar por una buena orquesta y una buena tirada de fuegos, que tirar bastante dinero en un espectáculo, a mi parecer, penoso, por más que se registrase un lleno histórico.
Decepcionado
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO28-08-2013
Dices que no hubo quejas por el volumen? http://www.farodevigo.es/cartas/2013/08/25/queixo-ruido/865883.html
Vecino Cangués
UNHA BURLA BURDA28-08-2013
O pasado sábado 24 de agosto estiven na actuación da orquesta Bahia (ou o que sexa) con Jose Costas, -non sei si este ultimo cantaba ou non- pero a Bahia esa e “de pega”; de verdade que me parece una falla de profesionalidade ollar o baixista facendo que toca, escoitar saxo ou trompetas que non existen no palco etc, etc.
Por favor D. Jose Costas un pouco de vergoña e o que deberá ter; e a próxima vez, contrate vostede a profesionais e déixese de musicas pregravadas, midis e todas esas falcatruadas que supoño cobrar ben que cobrou ¿non e asi?.
TATA
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO28-08-2013
Siniestro total? Onde?
fr
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO29-08-2013
Os mellores foron sen dubida SINIESTRO TOTAL , demostraron profesionalidad , son perfecto, volumen acorde o recinto e conectaron co publico . A unica pega que lle pondría sería os traxes que utilizaron pra actuación, xa que eran dun material novo que os facía invisibles.
carnasedo
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO29-08-2013
jajajajaja que majo el carnasedo este, claro hombre no los viste porque no actuaron. Se me coló siniestro en lugar de seguridad social, pero no me digas que no hubiera sido todo un puntazo ¿eh?¿eh?
Marina
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO30-08-2013
O de onte foi o mellor.

A ver si se deixan de papaostiadas e toman nota para o ano que ben.

Un par de grupos de verdade, que saen moito máis baratos que as estafas que se tuveron que aturar o Luns e o Martes, no escenario das jaimas... e listo. Así tampouco hai que aturar o cheiro tan cangués do que se puido disfrutar o martes.
f&r
RE: AS IMPRESIONANTES FESTAS DO CRISTO DE ESTE ANO31-08-2013
xa sabemos, para o ano que ben, jaimas e acabouse, unha cousa será apostar por uns grupos ou outros e outra cousa é
viva a noite
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados